martes, 20 de diciembre de 2011
NOVO NUMERO DA REVISTA "PADRES 03"
FAI CLIK NO ENLACE PARA VER A REVISTA
http://www.e21digital.com/pageflip/revistas/padres-y-colegios/padres03/290%26npagina%3d14
.
viernes, 16 de diciembre de 2011
SEGURIDADE VIAL E CONCERTO DE NADAL NO IES MONTE NEME
SEGURIDADE VIAL
Os alumnos de ciclos formativos do instituto, asistiran hoxe de 10´55 a 12´35 horas, a unha charla sobre seguridade vial no rural a cargo dun representante da ASOCIACION STOP ACCIDENTES.
CONCERTO DE NADAL
O martes 20 tamén terá lugar no centro OCONCERTO DE NADAL, que será ás 12´50, nel actuarán os alumnos de cuarto de ESO e de primeiro de bacharelato.
.
Os "Contos coas mans abertas’" do Fondo Galego de Cooperación falan sobre a solidariedade no IES Monte Neme
LUNS 19 DE DECEMBRO ÁS 16.45 HORAS
A xira 2011 do espectáculo "Contos coas mans abertas", promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dentro das súas actividades de sensibilización, chega ao IES Monte Neme de Carballo o luns 19 de decembro. A representación, organizada polo Concello en calidade de membro da entidade, ten lugar ás 16.45 horas. Tras a excelente acollida colleitada en 2010, a proposta músico teatral creada pola compañía compostelá A Tropa de Trapo para a asociación de Concellos e Deputacións percorre este ano un total de 42 administracións socias. O espectáculo "Contos coas mans abertas" dirixido a público adolescente e adulto, baséase en pezas narradas a dúas voces onde a música en directo cobra especial relevancia. Instrumentos como a guitarra española ou o laúde árabe mergullan aos espectadores en historias reais, recollidas case todas en primeira persoa, contos sinceros e achegados que falan do fondo humano que nos une a todos. Sen caer en tópicos sobre a solidariedade e a cooperación, "Contos coas mans abertas" é un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de pequenas loitas e de grandes soños. Son unha serie de contos para mellorar e entender o mundo.
Mulleres da aldea, cooperantes, guerrilleiros, vacas, inmigrantes ou unha tribo bosquimá son algúns dos protagonistas das historias de Marta Ortiz e Brais Gutiérrez, dous ensinantes de vocación que en 2006 xuntaron as súa inquedanza pola narración oral no proxecto A Tropa de Trapo. Desde entón levan percorrido toda Galicia, e mesmo outras Comunidades Autónomas, facendo reflexionar a nenos, mozos e maiores cos seus diferentes espectáculos. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha rede que engloba a 96 Concellos e ás catro Deputacións de Galicia. Fundouse en 1997 como un foro a través do que consensuar e concentrar os esforzos dos poderes locais galego no eido da cooperación ao desenvolvemento. Trátase deste xeito de garantir unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos ambiciosos que teñan un verdadeiro impacto nos países do Sur e facilitar unha meirande sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional.
Desde a súa fundación, a asociación ten desenvolvido 135 proxectos en máis de 20 países, e organizado e editado multitude de actividades e materiais en relación aos desequilibrios existentes entre os países do Norte e do Sur. Ten garantido a presenza da solidariedade do pobo galego nas catástrofes que afectan a aqueles países do mundo con menor capacidade para as enfrontar, con proxectos de reconstrución (como os casos de Sri Lanka, despois do maremoto de 2004, Cuba, despois dos furacáns de 2008 ou Gaza, despois dos bombardeamentos israelitas de finais de 2008 e primeiros de 2009). Na actualidade está a implementar unha intervención de post-emerxencia no Haití e mantén aberta unha conta de emerxencia para contribuír a paliar a crise alimentaria no Corno de África.
A xira 2011 do espectáculo "Contos coas mans abertas", promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dentro das súas actividades de sensibilización, chega ao IES Monte Neme de Carballo o luns 19 de decembro. A representación, organizada polo Concello en calidade de membro da entidade, ten lugar ás 16.45 horas. Tras a excelente acollida colleitada en 2010, a proposta músico teatral creada pola compañía compostelá A Tropa de Trapo para a asociación de Concellos e Deputacións percorre este ano un total de 42 administracións socias. O espectáculo "Contos coas mans abertas" dirixido a público adolescente e adulto, baséase en pezas narradas a dúas voces onde a música en directo cobra especial relevancia. Instrumentos como a guitarra española ou o laúde árabe mergullan aos espectadores en historias reais, recollidas case todas en primeira persoa, contos sinceros e achegados que falan do fondo humano que nos une a todos. Sen caer en tópicos sobre a solidariedade e a cooperación, "Contos coas mans abertas" é un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de pequenas loitas e de grandes soños. Son unha serie de contos para mellorar e entender o mundo.Desde a súa fundación, a asociación ten desenvolvido 135 proxectos en máis de 20 países, e organizado e editado multitude de actividades e materiais en relación aos desequilibrios existentes entre os países do Norte e do Sur. Ten garantido a presenza da solidariedade do pobo galego nas catástrofes que afectan a aqueles países do mundo con menor capacidade para as enfrontar, con proxectos de reconstrución (como os casos de Sri Lanka, despois do maremoto de 2004, Cuba, despois dos furacáns de 2008 ou Gaza, despois dos bombardeamentos israelitas de finais de 2008 e primeiros de 2009). Na actualidade está a implementar unha intervención de post-emerxencia no Haití e mantén aberta unha conta de emerxencia para contribuír a paliar a crise alimentaria no Corno de África.
jueves, 15 de diciembre de 2011
NOVO NUMERO DA REVISTA DIXITAL "PADRES Y COLEGIOS"
temos xa a tua disposición no enlace de abaixo o novo número da revista dixital "Padres y Colegios".
http://www.e21digital.com/pageflip/revistas/padres-y-colegios/padres-y-colegios-n63/287%26npagina%3d18
http://www.e21digital.com/pageflip/revistas/padres-y-colegios/padres-y-colegios-n63/287%26npagina%3d18
jueves, 8 de diciembre de 2011
CURSO DE FORMACIÓN DE DIRECTIVOS
A: APAS FEDERADAS
Circular Nº 433/11
ASUNTO:
CURSO DE FORMACIÓN DE DIRECTIVOS
Queridos amigos:
Como sabedes, a formación, como elemento preventivo social,
é unha das nosas finalidades e tarefa indispensable para fomentar a
participación das familias nos centros escolares.
Para dinamizar esta participación organizamos todos os anos
o Curso “Formación de Directivos de APAs”, dirixido especialmente a todos
aqueles que vos incorporastes recentemente ás Xuntas Directivas.
O curso será impartido por Nuria Martínez, técnico da Federación, que tratará sobre finalidades e dereitos das APAs, requisitos que deben cumprir as APAs para o seu funcionamento (Estatutos, libros obrigatorios, actas, convocatorias, órganos de goberno, etc.) e Pedro Menéndez, asesor fiscal e contable que explicará pormenorizadamente o apartado de contabilidade (libros de contas, facturas, etc.) e fiscalidade
Dado que o aforamento é limitado e co desexo de atender a grupos non moi numerosos, rogámosvos fagades a inscrición canto antes xa que se atenderá por orde de chegada. As solicitudes restantes reservaranse para unha posterior xornada da que vos comunicaremos a data con antelación suficiente á súa celebración.
DÍA: 17 de Decembro (sábado)
HORA: 10:00 á 14 horas
LUGAR: Sede da Federación de APAs (Rúa Orzán Nº
21 da Coruña)
SEDE DA FEDERACIÓN PROVINCIAL (RÚA ORZÁN Nº 21, A CORUÑA)
ANPA…………………………………………………………………………………
ASUNTO:
CURSO DE FORMACIÓN DE DIRECTIVOS
Queridos amigos:
O curso será impartido por Nuria Martínez, técnico da Federación, que tratará sobre finalidades e dereitos das APAs, requisitos que deben cumprir as APAs para o seu funcionamento (Estatutos, libros obrigatorios, actas, convocatorias, órganos de goberno, etc.) e Pedro Menéndez, asesor fiscal e contable que explicará pormenorizadamente o apartado de contabilidade (libros de contas, facturas, etc.) e fiscalidade
Dado que o aforamento é limitado e co desexo de atender a grupos non moi numerosos, rogámosvos fagades a inscrición canto antes xa que se atenderá por orde de chegada. As solicitudes restantes reservaranse para unha posterior xornada da que vos comunicaremos a data con antelación suficiente á súa celebración.
XORNADA SÓ DE MAÑÁ
Achegámosvos folla de inscrición, que será ata o día 14 de
decembro
CURSO DE FORMACIÓN PARA DIRECTIVOS DAS APAs
17 DE DECEMBRO DE
2011
SOLICITUDE DE
INSCRICIÓN:
ANPA…………………………………………………………………………………
CENTRO……………………………………………………………………………..
LOCALIDADE…………………………………………………………………………...
PERSOA DE
CONTACTO……………………………………………………………..
………………………………TELÉFONO……………………………………………...
NÚMERO DE
ASISTENTES…………………………..
Prazo de
inscrición: Remata o mércores día 14 de decembro.
miércoles, 16 de noviembre de 2011
XORNADA “EXPERIENCIAS EDUCATIVAS” ORGANIZADAS POLAS APAs
A TODAS AS APAS DE
CONFAPA-GALICIA
Circular Nº 98/11
ASUNTO: XORNADA “EXPERIENCIAS EDUCATIVAS” ORGANIZADAS
POLAS APAs
Coa idea de dar a coñecer distintas actividades educativas que se realizan nos Centros, organizamos esta Xornada na que as experiencias que presentamos destacan pola implicación da comunidade escolar, confirmando unha vez máis que para desenvolver proxectos educativos eficaces, a escola debe ser participativa e democrática.
Seleccionamos estas tres, aínda que puidesen ser moitas máis que quedarán para outra ocasión.
A Federación Provincial de APAs da Coruña, explicará o Programa Municipal Descubrir el Ocio que se realiza nos Centros Públicos do Municipio; unha oferta estable en horario extraescolar que permite adquirir aprendizaxes para o goce activo do lecer.
A AMPA do CEIP Arealonga de Vilagarcía exporá un exemplar traballo de colaboración cunha ONG da súa provincia. Puxeron en marcha un precioso proxecto onde achega a realidade de ser ancián e as enfermidades asociadas a esta idade, aos nenos e nenas do centro, propiciando así a sensibilización e a empatía cara a ese colectivo por parte do alumnado.
A APA do CP Vagalume, tamén de Vilagarcía exporá unha experiencia que ten por obxectivo fomentar a incorporación da educación viaria como traballo na aula, coa participación de toda a comunidade educativa e coa implicación doutros axentes institucionais e sociais.
DÍA : 3 de decembro (sábado)
LUGAR: Hotel NH Atlántico da Coruña (Xardíns de Méndez
Núñez, S/N)
HORARIO:
10:00 horas Alberto Míguez “Descubrir el
Ocio”
11:30 horas Pausa café
12:00
horas AMPA
Arealonga “Concienciación sobre o
Alzheimer”
13:30
horas Fin da Xornada
A Coruña 16 de
novembro de 2011
.
.
miércoles, 19 de octubre de 2011
XORNADA REDES SOCIAIS E VIDEOXOGOS
Estimados/as amigos/as:
As chamadas novas tecnoloxías en realidade xa non son tan novas. Millóns de persoas en todo o mundo úsanas a diario dunha forma tan natural como escribir. As redes sociais en Internet, xunto coa proliferación de numerosos dispositivos que facilitaron o acceso a elas, deron lugar a novas formas de comportamento que, nalgunhas ocasións, poden ocasionar problemas que talvez non sexan tan evidentes como as vantaxes que nos proporcionan estas tecnoloxías.
Lonxe do amarillismo característico dos medios de comunicación, esta xornada do sábado 22 de outubro pretende dar a coñecer os riscos que poden correr os usuarios destas tecnoloxías, especialmente os menores, se non se seguen unhas pautas de comportamento apropiadas a un medio cheo de posibilidades. Unhas pautas que serán explicadas con detalle para que os menores poidan acceder e gozar das redes sociais, Internet e videoxogos minimizando os posibles riscos.
Achegámosvos programa con toda a información, inscripción ata o día 19. Esperando a vosa participación, recibide un afectuoso saúdo.
XORNADA: REDES SOCIAIS E VIDEOXOGOS
DÍA 22 de outubro de 2011
Hotel NH Atlántico (Xardíns de Méndez Núñez, s/n) A Coruña PROGRAMA:
9:45 horas: PRESENTACIÓN
10:00 SANTIAGO LAMELO FAGILDE Informático e responsable da área de Novas

9:45 horas: PRESENTACIÓN 10:00 SANTIAGO LAMELO FAGILDE Informático e responsable da área de Novas
Tecnoloxías da Federación de APAs
Bloque 1: Redes Sociais Que son as redes sociais?
Consellos de utilización.
Os menores e as redes sociais
Recomendacións
Formación
10:45 ESPECIALISTA DA UNIDADE DE DELITOS TELEMÁTICOS DA
GARDA CIVIL DA Coruña
Delitos máis habituais
Actuación ante eses delitos
Medidas preventivas
11:45 PAUSA CAFÉ 12:15 Bloque 2: Videoxogos Xéneros
Recomendacións por idades
Recomendacións xerais
Os medios e os videoxogos
12:45 COLOQUIO
13:30 FIN DA XORNADA
.
Bloque 1: Redes Sociais Que son as redes sociais?
Consellos de utilización.
Os menores e as redes sociais
Recomendacións
Formación
10:45 ESPECIALISTA DA UNIDADE DE DELITOS TELEMÁTICOS DA
GARDA CIVIL DA Coruña
Delitos máis habituais Actuación ante eses delitos
Medidas preventivas
11:45 PAUSA CAFÉ 12:15 Bloque 2: Videoxogos Xéneros
Recomendacións por idades
Recomendacións xerais
Os medios e os videoxogos
12:45 COLOQUIO
13:30 FIN DA XORNADA
.
viernes, 2 de septiembre de 2011
Los tres cambios claves de la educación secundaria
O cuarto curso da ESO e os Programas de Cualificación Profesional Inicial refórmanse para reducir a taxa de abandono escolar
O obxectivo é acabar co fracaso escolar e o abandono temperán das aulas. Para iso, a recente reforma dos ensinos mínimos correspondentes á Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) propón tres cambios craves para esta etapa educativa: a segmentación en itinerarios do cuarto curso da ESO, a flexibilización e reforzo dos Programas de Cualificación profesional Inicial (PCPI) e o recoñecemento de competencias para quen non logren o título de Graduado.

Opcions en 4º de ESO
A etapa de Educación Secundaria no noso país comprende catro cursos cuxa finalidade é, ademais da adquisición por parte dos estudantes dos elementos básicos da cultura, a preparación para a súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral. Co obxectivo de orientar ao alumnado neste sentido, o último curso desta etapa, tal como estableceu a Lei Orgánica de Educación (LOE 2006), configurouse cun carácter máis flexible que os anteriores, de modo que os estudantes debían cursar seis materias obrigatorias e tres optativas elixidas libremente entre oito materias.
A nova normativa modifica a estrutura da parte optativa de 4º da ESO
A nova normativa mantén os contidos obrigatorios do curso, pero modifica a estrutura da parte optativa para profundar no carácter orientador de 4º da ESO. Por unha banda, segmenta as materias optativas en tres opcións, cada unha delas relacionadas cun ámbito do coñecemento e, por outra, introduce tres novas materias no currículo: alimentación, nutrición e saúde, ciencias aplicadas á actividade profesional e orientación profesional e iniciativa emprendedora. O 4º curso da ESO queda configurado deste xeito:
-Materias obrigatorias: educación ético-cívica, educación física, ciencias sociais, xeografía e historia, lingua castelá e literatura (máis lingua cooficial se a houbese), matemáticas, primeira lingua estranxeira.
-Opción 1: educación plástica e visual, latín e música.
-Opción 2: bioloxía e xeoloxía, física e química e tecnoloxía.
-Opción 3: alimentación, nutrición e saúde, ciencias aplicadas á actividade profesional e tecnoloxía.
-Materias optativas comúns: informática, orientación profesional e iniciativa emprendedora, segunda lingua estranxeira.
Segundo a nova estrutura, os alumnos deben cursar tres materias optativas. Poden elixir as tres materias dunha das opcións ou dúas dunha opción e unha terceira das optativas comúns ou doutra das opcións.
Adianto dos PCPI
A falta de motivación, o rexeitamento á institución educativa ou as condicións socioculturais adversas, son algúns dos motivos polos que o 26% dos mozos que cursan Secundaria no noso país abandonan os estudos antes de tempo. A partir do curso 2008-2009, introduciuse no sistema educativo unha nova alternativa para favorecer a continuidade da formación e a adquisición de competencias profesionais por parte destes alumnos: os Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI).
A nova normativa adianta a idade de acceso aos PCPI aos 15 anos
Ata agora, estes programas podían cursalos os alumnos de ESO maiores de 16 anos que non estivesen en condicións de obter o título de Graduado en Secundaria. Con todo, para alcanzar a un grupo máis amplo de estudantes, a nova normativa adianta a idade de acceso aos PCPI aos 15 anos. Os alumnos que opten por esta vía deben seguir un programa formativo de dous anos, aínda que para os de 16 anos as administracións educativas poden autorizar unha formación de tan só un ano de duración.
A estrutura dos PCPI mantense igual á anterior, dous módulos obrigatorios (específicos profesionais e de carácter xeral) e módulos voluntarios, pero se amplían os efectos académicos asociados á superación dos programas:
-Superación do programa completo: permite obter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
-Superación dos módulos obrigatorios: permite o acceso directo aos ciclos de Formación Profesional de grao medio sen necesidade de superar unha proba específica.
-Superación dos módulos profesionais: permite obter certificados de cualificación profesional do nivel 1.
Certificado oficial de estudos obrigatorios
Na actualidade, os alumnos que abandonan Secundaria antes de obter o título de Graduado fano cunha man chea de nada e outra cousa de ningunha. Con todo, a partir do próximo curso 2011-2012, estes mozos recibirán do centro educativo un certificado oficial sobre o seu escolaridad, que reflicta o nivel de adquisición das competencias básicas e un informe orientador sobre as súas opcións académicas e profesionais.
O certificado facilita a reincorporación á formación dos estudantes que abandonan
Este documento serve, entre outros aspectos, para facilitar a reincorporación posterior á formación destes estudantes, xa que certifica as competencias alcanzadas polo alumno, de modo que evita que teña que volver superalas se decide continuar cos seus estudos.
.A etapa de Educación Secundaria no noso país comprende catro cursos cuxa finalidade é, ademais da adquisición por parte dos estudantes dos elementos básicos da cultura, a preparación para a súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral. Co obxectivo de orientar ao alumnado neste sentido, o último curso desta etapa, tal como estableceu a Lei Orgánica de Educación (LOE 2006), configurouse cun carácter máis flexible que os anteriores, de modo que os estudantes debían cursar seis materias obrigatorias e tres optativas elixidas libremente entre oito materias.
A nova normativa modifica a estrutura da parte optativa de 4º da ESO
A nova normativa mantén os contidos obrigatorios do curso, pero modifica a estrutura da parte optativa para profundar no carácter orientador de 4º da ESO. Por unha banda, segmenta as materias optativas en tres opcións, cada unha delas relacionadas cun ámbito do coñecemento e, por outra, introduce tres novas materias no currículo: alimentación, nutrición e saúde, ciencias aplicadas á actividade profesional e orientación profesional e iniciativa emprendedora. O 4º curso da ESO queda configurado deste xeito:
-Materias obrigatorias: educación ético-cívica, educación física, ciencias sociais, xeografía e historia, lingua castelá e literatura (máis lingua cooficial se a houbese), matemáticas, primeira lingua estranxeira.
-Opción 1: educación plástica e visual, latín e música.
-Opción 2: bioloxía e xeoloxía, física e química e tecnoloxía.
-Opción 3: alimentación, nutrición e saúde, ciencias aplicadas á actividade profesional e tecnoloxía.
-Materias optativas comúns: informática, orientación profesional e iniciativa emprendedora, segunda lingua estranxeira.
Segundo a nova estrutura, os alumnos deben cursar tres materias optativas. Poden elixir as tres materias dunha das opcións ou dúas dunha opción e unha terceira das optativas comúns ou doutra das opcións.
Adianto dos PCPI
A falta de motivación, o rexeitamento á institución educativa ou as condicións socioculturais adversas, son algúns dos motivos polos que o 26% dos mozos que cursan Secundaria no noso país abandonan os estudos antes de tempo. A partir do curso 2008-2009, introduciuse no sistema educativo unha nova alternativa para favorecer a continuidade da formación e a adquisición de competencias profesionais por parte destes alumnos: os Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI).
A nova normativa adianta a idade de acceso aos PCPI aos 15 anos
Ata agora, estes programas podían cursalos os alumnos de ESO maiores de 16 anos que non estivesen en condicións de obter o título de Graduado en Secundaria. Con todo, para alcanzar a un grupo máis amplo de estudantes, a nova normativa adianta a idade de acceso aos PCPI aos 15 anos. Os alumnos que opten por esta vía deben seguir un programa formativo de dous anos, aínda que para os de 16 anos as administracións educativas poden autorizar unha formación de tan só un ano de duración.
A estrutura dos PCPI mantense igual á anterior, dous módulos obrigatorios (específicos profesionais e de carácter xeral) e módulos voluntarios, pero se amplían os efectos académicos asociados á superación dos programas:
-Superación do programa completo: permite obter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
-Superación dos módulos obrigatorios: permite o acceso directo aos ciclos de Formación Profesional de grao medio sen necesidade de superar unha proba específica.
-Superación dos módulos profesionais: permite obter certificados de cualificación profesional do nivel 1.
Certificado oficial de estudos obrigatorios
Na actualidade, os alumnos que abandonan Secundaria antes de obter o título de Graduado fano cunha man chea de nada e outra cousa de ningunha. Con todo, a partir do próximo curso 2011-2012, estes mozos recibirán do centro educativo un certificado oficial sobre o seu escolaridad, que reflicta o nivel de adquisición das competencias básicas e un informe orientador sobre as súas opcións académicas e profesionais.
O certificado facilita a reincorporación á formación dos estudantes que abandonan
Este documento serve, entre outros aspectos, para facilitar a reincorporación posterior á formación destes estudantes, xa que certifica as competencias alcanzadas polo alumno, de modo que evita que teña que volver superalas se decide continuar cos seus estudos.
miércoles, 8 de junio de 2011
LIBROS DE TEXTO Gratuidade solidaria: Curso 2011/2012
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria rematou a implantación do programa de préstamo de libros de texto no curso 2007/2008, cumprindo así o compromiso adquirido no ano 2003. Non obstante, á vista da conxuntura económica, resultou necesario facer unha reforma do sistema no curso 2009/2010, de xeito que se beneficien da gratuidade as familias con menos recursos. 
Lugar de presentación. As solicitudes, segundo o anexo I á orde de convocatoria, entregaranse nos centros docentes nos que estea matriculado o alumnado.
Neste sentido, e en consonancia coa política de austeridade do Goberno da Xunta de Galicia, para 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria, así como para educación especial, no curso 2011/2012 continuarase coa convocatoria de axudas dirixidas ás familias en función da súa renda (Gratuidade solidaria).
Axudas para a adquisición de libros de texto (1º, 2º, 5º e 6º de primaria, 1º e 3º de ESO e educación especial)
Procedemento ED330B. Orde do 13 de maio de 2011 (DOG do 31 de maio).
Obxecto da convocatoria e procedemento
O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado, no curso escolar 2011/2012, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria e en educación especial.

- Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en 1º, 2º, 5º ou 6º de
educación primaria, en 1º ou 3º de educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2011/2012 e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado. - Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.
Lugar de presentación. As solicitudes, segundo o anexo I á orde de convocatoria, entregaranse nos centros docentes nos que estea matriculado o alumnado.
Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna, de xeito que se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas e cursos obxecto da convocatoria, deberá presentar unha solicitude para cada un deles, xa sexa no mesmo ou en distinto centro.
As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. Por cada alumno ou alumna só se concederá unha axuda, con independencia de que puidera estar escolarizado en dous ou máis centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2011/2012.
O prazo de presentación de instancias para o alumnado obxecto desta convocatoria será de un mes, segundo se indica a continuación:
1. Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 1 ao 30 de xuño de 2011, ambos inclusive.
2. Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2011, ambos inclusive.
3. Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 1 ao 30 de setembro de 2011, ambos inclusive
4. Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados o prazo de un mes contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2012.
solicitudes e documentación
1. As instancias poderán obterse nos centros, nas Xefaturas Territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e tamén se poderán descargar en formato pdf.
contía das axudas
Educación secundaria obrigatoria:
O alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos desta orde recibirá un importe de 250 €, con independencia da renda per cápita familiar.
máis información

Unha vez cuberta a solicitude deberá presentarse, xunto coa documentación segundo se indica no artigo 3 da orde de convocatoria, debidamente asinada polo pai, a nai ou titor/a do alumnado. Todo isto sen prexuízo da sinatura por parte do resto dos membros da unidade familiar computables para os efectos de renda que sexan maiores de idade, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor.2. Xunto coa solicitude presentarase orixinal e copia da seguinte documentación co fin de que a persoa que a reciba poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais.
A aplicación informática para a xestión das axudas tamén permitirá a xeración da solicitude unha vez introducidos os datos polo centro. (Acceder á aplicación)
Alumnado de educación primaria (1º, 2º, 5º e 6º curso) e de educación secundaria obrigatoria (1º e 3º curso).
a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.
No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2009, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.
b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de decembro de 2009:
- Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
- Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou
- Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
O alumnado de educación especial unicamente deberá presentar a solicitude de axuda, non sendo necesario xuntar documentación algunha.
3. A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.
4. O centro educativo poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aboará as axudas ás persoas solicitantes que reúnan os requisitos previstos nesta orde, nos seguintes importes por alumno ou alumna e curso, segundo a renda per cápita familiar no ano 2009:
Educación primaria:
- Familias monoparentais:
- Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €: 170 €.
- Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 €: 90 €.
- Resto das familias:
- Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 170 €.
- Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 €: 90 €
- Familias monoparentais:
- Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €: 180 €.
- Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 €: 104 €.
- Resto das familias:
- Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 180 €.
- Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 €: 104 €.
O alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos desta orde recibirá un importe de 250 €, con independencia da renda per cápita familiar.
máis información
LIBROS DE TEXTO Programa de libros de texto préstamo: Curso 2011/2012
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria rematou a implantación do programa de préstamo de libros de texto no curso 2007/2008, cumprindo así o compromiso adquirido no ano 2003. Non obstante, á vista da conxuntura económica, resultou necesario facer unha reforma do sistema no curso 2009/2010, de xeito que se beneficien da gratuidade as familias con menos recursos.
Por outro lado, en 3º e 4º curso de educación primaria e en 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria manterase o sistema de cesión de uso nas materias que non cambien de idioma, coa finalidade de optimizar os recursos existentes. Sen embargo este sistema só se manterá nas materias que non cambien de idioma (Programa de libros de texto – Préstamo).
Programa de libros de texto (préstamo) - só materias que non cambian de idioma - (3º e 4º de primaria e 2º e 4º de ESO)
Procedemento ED330A. Orde do 18 de maio de 2011 (DOG do 31 de maio)
2. O programa ten como obxectivo facilitar ao alumnado, mediante o sistema de cesión de uso, os libros de texto e materiais curriculares necesarios para cursar os estudos correspondentes aos anteditos niveis, de acordo coa relación de libros de texto incluídos no programa.
3. O programa será de aplicación a todos os centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
4. Non se inclúen neste programa aqueles libros de texto que en aplicación do disposto no artigo 13 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, cambian de lingua.
5. Non poderán adquirirse aqueles libros que, por calquera motivo, non poidan ser reutilizados polo alumnado durante catro cursos escolares, nin outros materiais de uso persoal tales como cadernos de idiomas, de exercicios ou libros en que se escriba, pinte ou recorte, nin dicionarios, atlas, libros de titoría e outros materiais de características similares.
6. Os centros educativos que optasen por substituír a adquisición dos libros de texto para unha ou varias áreas por materiais curriculares elaborados polo correspondente departamento do centro, poderán proceder á reposición destes por deterioración e incremento dentro dos límites máximos fixados no artigo sexto desta orde e sempre que non sexan materias que cambien de idioma. O importe destinado a esta actuación deberá acreditarse mediante factura que quedará arquivada no centro.

Será beneficiario do programa todo o alumnado que curse 3º e 4º de educación primaria e 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
A participación do alumnado no programa ten carácter voluntario.
Importe máximo
A adquisición dos libros de texto realízase a través do centros, podendo empregar os alumnos os libros en réxime de cesión de uso.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aboará os seguintes importes máximos por alumno ou alumna acollidos ao programa e curso:
A limitación de reposición por deterioración será conxunta para todos os cursos, é dicir, cada centro poderá repoñer un maior importe que o previsto en calquera dos cursos sempre e cando se repoña menos noutros e a suma da reposición por deterioración de todos os cursos non supere a suma das contías establecidas no cadro anterior.
Os importes máximos por alumno ou alumna para reposición por incremento de alumnado ou para novas incorporacións, en cada curso, poderanse superar sempre e cando se compense con gastos inferiores ao máximo para outros alumnos ou alumnas do mesmo curso.
Incorporación de novo alumnado ao longo do curso
Inclúese no programa ao novo alumnado que se incorpore ao centro ata o 31 de marzo de 2012, en calquera dos cursos obxecto desta orde.
A adquisición dos libros de texto das materias que non cambien de idioma para este alumnado, unha vez presentada a xustificación inicial, será tramitada pola dirección do centro empregando o Anexo II da orde de convocatoria.
O prazo para que as librarías presenten as facturas correspondentes ás novas incorporacións remata o día 15 de abril de 2012.
Os centros dispoñen de prazo para a xustificación dos gastos dos libros correspondentes ás novas incorporacións ata o 30 de abril de 2012. Esta xustificación realizarase mediante o anexo IV desta orde.
Alumnado con necesidades educativas específicas
Co obxecto de incluír no programa ao alumnado que presente necesidades educativas específicas, e estea matriculado nun curso obxecto desta orde, poderán adquirirse con cargo a este programa os libros de texto, aínda que non se correspondan cos aprobados polo órgano competente do centro para o citado nivel educativo, logo de informe motivado ao respecto do departamento de orientación ou órgano equivalente dos centros privados concertados, que quedará arquivado na secretaría do centro xunto co resto da documentación do programa.
Deberanse ter en conta os límites por alumno ou alumna e curso no que estea matriculado/a establecidos no artigo 6º desta orde.
Non está incluído dentro do ámbito desta orde de convocatoria o alumnado de centros específicos de educación especial ou de unidades específicas de educación especial en centros ordinarios.
máis información
Programa de libros de texto (préstamo) - só materias que non cambian de idioma - (3º e 4º de primaria e 2º e 4º de ESO)
Procedemento ED330A. Orde do 18 de maio de 2011 (DOG do 31 de maio)
Obxecto e ámbito de aplicación
1. Esta orde ten por finalidade regular o programa de reposición de libros de texto e materiais curriculares que se desenvolverá no curso escolar 2011/2012.
2. O programa ten como obxectivo facilitar ao alumnado, mediante o sistema de cesión de uso, os libros de texto e materiais curriculares necesarios para cursar os estudos correspondentes aos anteditos niveis, de acordo coa relación de libros de texto incluídos no programa.3. O programa será de aplicación a todos os centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
4. Non se inclúen neste programa aqueles libros de texto que en aplicación do disposto no artigo 13 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, cambian de lingua.
5. Non poderán adquirirse aqueles libros que, por calquera motivo, non poidan ser reutilizados polo alumnado durante catro cursos escolares, nin outros materiais de uso persoal tales como cadernos de idiomas, de exercicios ou libros en que se escriba, pinte ou recorte, nin dicionarios, atlas, libros de titoría e outros materiais de características similares.
6. Os centros educativos que optasen por substituír a adquisición dos libros de texto para unha ou varias áreas por materiais curriculares elaborados polo correspondente departamento do centro, poderán proceder á reposición destes por deterioración e incremento dentro dos límites máximos fixados no artigo sexto desta orde e sempre que non sexan materias que cambien de idioma. O importe destinado a esta actuación deberá acreditarse mediante factura que quedará arquivada no centro.

Será beneficiario do programa todo o alumnado que curse 3º e 4º de educación primaria e 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
A participación do alumnado no programa ten carácter voluntario.
Importe máximo
A adquisición dos libros de texto realízase a través do centros, podendo empregar os alumnos os libros en réxime de cesión de uso.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aboará os seguintes importes máximos por alumno ou alumna acollidos ao programa e curso:
A limitación de reposición por deterioración será conxunta para todos os cursos, é dicir, cada centro poderá repoñer un maior importe que o previsto en calquera dos cursos sempre e cando se repoña menos noutros e a suma da reposición por deterioración de todos os cursos non supere a suma das contías establecidas no cadro anterior.
Os importes máximos por alumno ou alumna para reposición por incremento de alumnado ou para novas incorporacións, en cada curso, poderanse superar sempre e cando se compense con gastos inferiores ao máximo para outros alumnos ou alumnas do mesmo curso.
Incorporación de novo alumnado ao longo do curso
Inclúese no programa ao novo alumnado que se incorpore ao centro ata o 31 de marzo de 2012, en calquera dos cursos obxecto desta orde.
A adquisición dos libros de texto das materias que non cambien de idioma para este alumnado, unha vez presentada a xustificación inicial, será tramitada pola dirección do centro empregando o Anexo II da orde de convocatoria.
O prazo para que as librarías presenten as facturas correspondentes ás novas incorporacións remata o día 15 de abril de 2012.
Os centros dispoñen de prazo para a xustificación dos gastos dos libros correspondentes ás novas incorporacións ata o 30 de abril de 2012. Esta xustificación realizarase mediante o anexo IV desta orde.
Alumnado con necesidades educativas específicas
Co obxecto de incluír no programa ao alumnado que presente necesidades educativas específicas, e estea matriculado nun curso obxecto desta orde, poderán adquirirse con cargo a este programa os libros de texto, aínda que non se correspondan cos aprobados polo órgano competente do centro para o citado nivel educativo, logo de informe motivado ao respecto do departamento de orientación ou órgano equivalente dos centros privados concertados, que quedará arquivado na secretaría do centro xunto co resto da documentación do programa.
Deberanse ter en conta os límites por alumno ou alumna e curso no que estea matriculado/a establecidos no artigo 6º desta orde.
Non está incluído dentro do ámbito desta orde de convocatoria o alumnado de centros específicos de educación especial ou de unidades específicas de educación especial en centros ordinarios.
máis información
LIBROS DE TEXTO Gratuidade solidaria plurilingüismo: Curso 2011/2012
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria rematou a implantación do programa de préstamo de libros de texto no curso 2007/2008, cumprindo así o compromiso adquirido no ano 2003. Non obstante, á vista da conxuntura económica, resultou necesario facer unha reforma do sistema no curso 2009/2010, de xeito que se beneficien da gratuidade as familias con menos recursos.
Así pois, en coherencia coa política desta consellería relativa á implantación dun sistema de axudas en función da renda per cápita familiar, e para que a aplicación do Decreto 79/2010, do 20 de maio, non lle supoña un esforzo económico as familias con menos recursos, esta consellería estableceu un sistema de axudas en función de renda para a adquisición destes libros de texto das materias que cambien de idioma de acordo co citado decreto (Gratuidade solidaria plurilingüismo).
Axudas para a adquisición de libros de texto-plurilingüismo -só materias que cambian de idioma- (3º e 4º de primaria e 2º e 4º deESO)
Procedemento ED330C. Orde do 16 de maio de 2010 (DOG do 31 de maio).

Axudas para a adquisición de libros de texto-plurilingüismo -só materias que cambian de idioma- (3º e 4º de primaria e 2º e 4º deESO)
Procedemento ED330C. Orde do 16 de maio de 2010 (DOG do 31 de maio).
Obxecto da convocatoria e procedemento
O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario que cambien de idioma de acordo co Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, destinadas ao alumnado matriculado no curso escolar 2011/2012, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, en 3º e 4º de educación primaria e en 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria
- Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en 1º, 2º, 5º ou 6º de educación primaria, en 1º ou 3º de educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2011/2012 e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.
- Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.
Lugar de presentación
As solicitudes, segundo o anexo I á presente orde, entregaranse nos centros docentes nos que estea matriculado o alumnado.Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados, de xeito que se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas e cursos obxecto da convocatoria, deberá presentar unha solicitude para cada un deles, xa sexa no mesmo ou en distinto centro.

As axudas serán solicitadas polos pais, as nais, os titores ou os representantes legais do alumnado. Por cada alumno ou alumna só se concederá unha axuda, con independencia de que puidera estar escolarizado en dous ou máis centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2011/2012.
Prazo de presentación
O prazo de presentación de instancias para o alumnado obxecto desta convocatoria será de un mes, segundo se indica a continuación:a) Para o alumnado de educación primaria: do 1 ao 30 de xuño de 2011, ambos inclusive.
b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2011, ambos inclusive.
c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 1 ao 30 de setembro de 2011, ambos inclusive.
d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados o prazo de un mes contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2012.
solicitudes e documentación
1. As instancias poderán obterse nos centros, nas Xefaturas Territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e tamén se poderán descargar en formato pdf.
Unha vez cuberta a solicitude deberán presentala, xunto coa documentación segundo se indica no artigo 3 da orde de convocatoria, debidamente asinada polo pai, a nai ou titor/a do alumnado. Todo isto sen prexuízo da sinatura por parte do resto dos membros da unidade familiar computables para os efectos de renda que sexan maiores de idade, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor.2. Xunto coa solicitude presentarase orixinal e copia da seguinte documentación a fin de que a persoa que a reciba poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais.
A aplicación informática para a xestión das axudas tamén permitirá a xeración da solicitude unha vez introducidos os datos polo centro (Acceder á aplicación).
a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.
No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, o día 31 de decembro de 2009, non coincide coa reflectida no libro terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.
b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia o 31 de decembro de 2009:
- Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
- Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou
- Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.3. A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.
4. O centro educativo poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada.
contías das axudas
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aboará as axudas ás persoas solicitantes que reúnan os requisitos previstos nesta orde, nos seguintes importes por libro, por alumno ou alumna e curso, segundo a renda per cápita familiar no ano 2009:
Educación primaria:
- Familias monoparentais:
- Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €: 23 € por libro.
- Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 €: 13 € por libro.
- Resto das familias:
- Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 23 € por libro.
- Renda per cápita familiar desde 5.400,01 € ata 9.000,00 €: 13 € por libro.
Educación secundaria obrigatoria:
- Familias monoparentais:
- Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €: 25 € por libro.
- Renda per cápita familiar desde 6.000,01 € ata 9.000,00 €: 14 € por libro.
- Resto das familias:
- Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 25 € por libro.
- Renda per cápita familiar desde 5.400,01 € ata 9.000,00 €: 14 € por libro.
máis información
miércoles, 20 de abril de 2011
CONVOCADAS 100 BOLSAS PARA ESTUDOS SUPERIORES E DE FPRMACION PROFESIONAL NA UNION EUROPEA
ABERTO O PRAZO ATÉ O 6 DE MAIO
A "Fundación para el Desarrollo de la Formación en las Zonas Mineras del Carbón" oferta para o curso 2011/2012, un Programa de Axudas e Bolsas en zonas mineiras do carbón, aos concellos do Plan da Mineiría do Carbón, no que está incluido o Concello de Carballo. Na convocatoria 2011/2012 ofértanse 100 bolsas para a realización de estudos superiores e de formación profesional na Unión Europea. Estas bolsas estan dirixidas a menores de 30 anos que estean empadroados en Carballo e son incompatibles con calquera outra axuda para a mesma finalidade; o prazo de presentación destas solicitudes remata o venres 6 de maio.As bases e os impresos destas dúas convocatorias poden consultarse na Concellería de Ensino deste Concello ou no teléfono: 981 704 300. Ademais pódese consultar este programa de axudas e bolsas na páxina web <http://www.fundesfor.com/>, no correo electrónico <programa@fundesfor.com>, no teléfono 91 396 49 21/32 ou no fax 91 396 49 19. As solicitudes dirixiranse á Secretaría Técnica e Administrativa do Programa de Axudas e Bolsas da Fundación para el Desarrollo de la Formación en las Zonas Mineras del Carbón na rúa Velázquez, 130 bis Bloque 3 ,1ª Planta 28006 Madrid.
sábado, 2 de abril de 2011
"XORNADA INFORMATIVA LEI PROTECCION DE DATOS"
ESTAMOS DE JORNADA FORMATIVA EN A CORUÑA.
MOI ENTERESANTE PARA TODOS E TODAS AQUELES QUE MANEXAMOS INFORMACIÓN NAS REDES .
"XORNADA INFORMATIVA LEI PROTECCION DE DATOS"
Introducción á lei de protección de datos.
*situación xeral.
...- Que garante
- cal é o seu obxetivo
- definicións. (dato persoal, fichero, tratamiento de datos, responsable do ficheiro.
*Entidades de xestión.
* Principios básicos.
- uso, segredo profesional, deber, nivel protección, información, dereito de oposición.
* requisitos que esixe.
* Tramites con terceiros (cesión de datos). norma, supostos prácticos.
Sancións reais impostas pola protección de datos.
protección de datos e ao menor.
-introducción, dereitos, recomendacións, preguntas frecuentes.
Lei de protección de datos e as novas tecnoloxías.
http://www.agpd.es/portalwebAG PD/index-ides-idphp.php

http://www.agpd.es/portalwebAG
.
martes, 29 de marzo de 2011
XORNADA . QUE LLES DIGO?
Anunciámosvos que o día 12 de febreiro de 2011 (sábado) CONFAPA-GALICIA organiza unha Xornada na que trataremos sobre a dificultade que representa para moitas familias aplicar criterios educativos e en consecuencia a negativa de mozos e mozas a asumir algunha disciplina ou responsabilidad.
Co fin de axudarnos nesta complicada tarefa, contaremos coa presenza de PEDRO GARCÍA AGUADO, terapeuta, deportista de elite, referente para a mocidade pola súa capacidade de superación, presentador dos programas HERMANO MAYOR e EL CAMPAMENTO de Cuatro TV, autor dos libros “mañana lo dejo” “dejarlo es posible” “Hermano Mayor”, nos que relata a súa loita para vencer as drogas e o alcol; e tamén nos acompañarán educadores sociais que ofrecerán saídas razoables a conflitos entre pais e fillos.
Podedes facer xa a inscrición devolvéndonos a ficha que vos achegamos ao fax 981 20 19 62, correo electrónico confapagalicia@yahoo.es Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla (data límite de recepción até o día 9 de febreiro), independentemente de que nuns días recibades o programa definitivo.
DATA: 12 de febreiro de 2011
LUGAR: Colexio Calvo Sotelo C/. Archer Milton Huntington, 24
A Coruña (Zona Escolar-Labañou)
HORARIO: Mañá: de 9,45 á 14 horas
Comida a cargo de CONFAPA
Tarde: de 16:00 á 18:00 horas
PARA VER DIPTICO PDF:
http://confapagalicia.org/media/Xornada%20Que%20Lles%20Digo.pdf

CEAPA convoca o XI Concurso de Experiencias Educativas e o I Certame de Fotografía
Ata o 16 de maio as asociacións de pais e nais do alumnado pertencentes a algunha das 43 federacións territoriais que integran CEAPA, poden presentarse ao XI Concurso de Experiencias Educativas.
O obxectivo deste concurso, convocado anualmente pola Confederación, é dar a coñecer os proxectos educativos que levan a cabo as APAs nos centros educativos públicos, fomentando así o intercambio de ideas e experiencias entre os pais e nais voluntarios das máis de 12.000 APAS que integran esta confederación.
CEAPA tamén convocou o I Certame de fotografía sobre actividades realizadas polas APAS co obxectivo de publicitar o traballo das APAS mediante as imaxes.

OLLAR TRIPTICO
http://www.ceapa.es/c/document_library/get_file?uuid=5c44c12a-ee79-4284-ac80-9c8d844cbff2&groupId=10137.
CHARLA INFORMATIVA SOBRE LA LEI DE PROTECCION DE DATOS
Recórdamos que este sábado terá lugar no Hotel NH Atlántico unha charla informativa sobre a Lei de Protección de datos. Organizada pola Federación Provincial de APAS da Coruña, da que formamos parte.
Será soamente en sesión de mañá dando comezo ás 10:00 horas, e finalizando aproximadamente ás 13:00 horas. Nela, expoñerase e dará resposta, por parte de especialistas no tema a todo o relacionado con este asunto e a protección de menores.
Se aínda non formalizaches a vosa inscrición, recórdovos que podedes facelo ata o mércores 3O, á secretaria da ANPA Ameneiro 607862129.

lunes, 28 de marzo de 2011
A SINALIZACIÓN XA ESTÁ COLOCADA NA ZONA
O Concello habilita desvíos para facilitar o acceso ao IES Monte Neme nos horarios lectivos.
O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Tráfico que dirixe Benedito Viña, informa de que se veñen de habilitar desvíos nas rúas do entorno do IES Monte Neme da capital municipal para facilitar o acceso ao centro nos horarios lectivos, nos momentos de entrada e saída das aulas. Así, xa está colocada a sinalización que limita o acceso ao centro a través da rúa Violetas, de tal xeito que esta rúa, de dobre sentido, pasa a ser de sentido único. Polo tanto, no treito situado entre o cruce da rúa Violetas coa rúa Flor de Toxo e ata o centro de ensino só se poderá sair do centro, mentres que os accesos realizaranse a través da mencionada rúa Flor de Toxo, pola avenida das Flores e subindo pola rúa Nacente. Os horarios en que están habilitados os desvíos son de 8.30 a 9.00 horas, de 14.00 a 15.00 horas e os luns, de 16.00 a 18.30 horas. O obxectivo desta medida é mellorar a seguridade viaria, tanto para os vehículos como para os peóns, especialmente nas horas de maior afluencia ao centro.
miércoles, 9 de marzo de 2011
Subvencións para colexios de 2º Ciclo Infantil e/ou Primaria e Institutos de Educación Secundaria para viaxes escolares en 2011
Axudas e subvencións
ATÉ O LUNS 11 DE ABRIL
Descrición: Estas subvencións teñen por obxecto colaborar coas escolas ou colexios de 2º ciclo de educación infantil e/ou primaria e institutos de educación secundaria para a realización de viaxes escolares de carácter cultural durante o ano 2011.Os interesados e interesadas en consultar as bases ao completo en pdf, poden facelo nesta mesma convocatoria. Tamén é posible descargar o impreso de solicitude en pdf.
Destino: Poderán solicitar estas subvencións as escolas ou colexios de 2º ciclo de educación infantil e/ou primaria e institutos de educación secundaria do municipio de Carballo, que deberán cumprir os seguintes requisitos:
- As actividades non persigan finalidades estrictamente de lucro.
- Non ter pendente de xustificar ningunha subvención ou axuda económica co Concello correspondente a exercicios anteriores.
Finalidade: Con estas subvencións o Concello de Carballo pretende colaborar cos centros educativos na realización de actividades de carácter formativo fóra do medio propiamente escolar, complementando as actividades académicas e ofrecéndolle aos alumnos/as a posibilidade de coñecer novos lugares e recursos.
Prazo: As entidades que soliciten algunha subvención deberán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Carballo (preferentemente no Rexistro existente no Pazo da Cultura, Rúa do Pan s/n) no prazo de 1 mes contado desde o día seguinte da publicación na prensa local destas Bases. Polo tanto, o prazo está aberto até o luns 11 de abril.
Data de publicación: As bases foron publicadas na prensa local o mércores 10 de marzo de 2011.
Adxudicación: A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva. A subvención correspondente a cada escola, colexio ou instituto determinarase en función do número de alumnos/as do centro de acordo ó seguintes criterios:
- Centros de menos de 50 alumnos, 120 €
- Centros entre 51 e 124 alumnos, 300 €
- Centros entre 125 e 400 alumnos, 475 €
- Centros entre 400 e 500 alumnos, 570 €
- Centros de máis de 500 alumnos, 660 €
- Cando un centro imparta clases a diferentes unidades en máis dun edificio separados en máis de 500 m, concederanse un mínimo de 120 € por cada edificio.
Ademais, no caso de que o centro realizara algún intercambio cultural de alumnos con outros países europeos concederase unha subvención de 680 €.
En calquera caso o presuposto de gastos do proxecto presentado polo centro educativo deberá ser superior ao importe da subvención.
ATÉ O 11 DE ABRIL
Convocadas as subvencións para ANPAS (Asociacións de Nais e Pais de Alumnos) para o ano 2011
Descrición: Estas subvencións teñen por obxecto colaborar coas asociacións de pais e nais das escolas, colexios e/ou institutos de Carballo para a realización do programa de actividades educativas do ano 2011.Os interesados e interesadas en consultar as bases ao completo en pdf, poden facelo nesta mesma convocatoria. Tamén é posible descargar o impreso de solicitude en pdf.
Destino: Poderán solicitar estas subvencións as asociacións de pais e nais das escolas ou colexios de 2º ciclo de educación infantil e/ou primaria e institutos de educación secundaria de Carballo, xuridicamente constituídas, rexistradas no Concello de Carballo, sempre que cumpran, ademais, os seguintes requisitos:
- As actividades non persigan finalidades estrictamente de lucro.
- O ámbito de actuación sexa o termo municipal de Carballo.
- Teñan a súa sede social no municipio e realicen as súas actividades culturais no mesmo.
- Non ter pendente de xustificar ningunha subvención ou axuda económica co Concello correspondente a exercicios anteriores.
Finalidade: Con estas subvencións o Concello de Carballo pretende colaborar coas asociacións de pais e nais que representan os intereses dun sector moi importante da comunidade educativa que complementan as actividades académicas e realizan unha importante labor de dinamización cultural dos centros educativos de Carballo, promovendo a organización e realización de actividades de carácter educativo por parte destas entidades.
Prazo: As solicitudes deben presentarse Rexistro Xeral do Concello de Carballo (preferentemente no Rexistro existente no Pazo da Cultura, Rúa do Pan s/n) no prazo de 1 mes contado desde o día seguinte da publicación na prensa local destas Bases. Polo tanto, o prazo está aberto até o luns 11 de abril.
Data de publicación: As bases foron publicadas na prensa local o mércores 10 de marzo de 2011.
Adxudicación: A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva. O importe das axudas establecerase segundo o número de alumnos do centro educativo ó que pertenza a ANPA:
- Centros de menos de 50 alumnos.................... 300 €
- Centros de máis de 50 alumnos..................... 775 €
En calquera caso o presuposto de gastos do proxecto presentado pola ANPA deberá ser superior ao importe da subvención.
miércoles, 2 de marzo de 2011
Concurso de disfraces, comparsas e carrozas e no Enterro da Sardiña do Antroido 2011
ATÉ O VENRES 4 DE MARZO
Últimos días para anotarse no Concurso de disfraces, comparsas e carrozas e no Enterro da Sardiña do Antroido 2011
O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Cultura que dirixe Belén Lendoiro informa de que o venres 4 de marzo remata o prazo para anotarse no Concurso de disfraces, comparsas e carrozas de Antroido -que ten lugar o domingo 6 de marzo ás 18.00 horas- para as modalidades de comparsas e carrozas, e ata o día 6 de marzo ás 17.00 horas. nas modalidades de grupos, parellas e individual tanto en categoría adulto como infantil, na Casa do Concello.Así mesmo, o martes 8 ás 21.30 horas é o momento de sepultar a Don Carnal co Enterro da Sardiña, este ano, como novidade, da man do grupo de teatro aficionado da Unión Democrática de Pensionistas de Sofán e coa colaboración de Cruz Vermella. Para participar como comitiva fúnebre da sardiña e optar a unha das 10 subvencións de 40 euros que concede o Concello, é preciso anotarse antes do venres 4 de marzo na Concellería de Cultura, ou o 8 de marzo (día do Enterro da Sardiña) antes do inicio da actividade de 20.00 a 21.00 horas na Casa do Concello. O percorrido realizarase dende a Praza do Concello, polas rúas Coruña e Hórreo, Praza de Galicia, Rúa Fomento e Parque do Anllóns, lugar onde se celebrará o enterro
Para anotarse ou obter máis información, os veciños e veciñas poden poñerse en contacto no teléfono 981 704 300 ou enviar por fax a solicitude de inscrición ao número 981 704 302 de 10.00 a 14.00 horas. Os interesados e interesadas en consultar a contía dos premios e as bases polo miúdo, poden facelo neste mesmo aviso.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)