ABERTO O PRAZO ATÉ O 6 DE MAIO
A "Fundación para el Desarrollo de la Formación en las Zonas Mineras del Carbón" oferta para o curso 2011/2012, un Programa de Axudas e Bolsas en zonas mineiras do carbón, aos concellos do Plan da Mineiría do Carbón, no que está incluido o Concello de Carballo. Na convocatoria 2011/2012 ofértanse 100 bolsas para a realización de estudos superiores e de formación profesional na Unión Europea. Estas bolsas estan dirixidas a menores de 30 anos que estean empadroados en Carballo e son incompatibles con calquera outra axuda para a mesma finalidade; o prazo de presentación destas solicitudes remata o venres 6 de maio.As bases e os impresos destas dúas convocatorias poden consultarse na Concellería de Ensino deste Concello ou no teléfono: 981 704 300. Ademais pódese consultar este programa de axudas e bolsas na páxina web <http://www.fundesfor.com/>, no correo electrónico <programa@fundesfor.com>, no teléfono 91 396 49 21/32 ou no fax 91 396 49 19. As solicitudes dirixiranse á Secretaría Técnica e Administrativa do Programa de Axudas e Bolsas da Fundación para el Desarrollo de la Formación en las Zonas Mineras del Carbón na rúa Velázquez, 130 bis Bloque 3 ,1ª Planta 28006 Madrid.
No hay comentarios:
Publicar un comentario