miércoles, 2 de marzo de 2011

Concurso de disfraces, comparsas e carrozas e no Enterro da Sardiña do Antroido 2011

ATÉ O VENRES 4 DE MARZO

Últimos días para anotarse no Concurso de disfraces, comparsas e carrozas e no Enterro da Sardiña do Antroido 2011

O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Cultura que dirixe Belén Lendoiro informa de que o venres 4 de marzo remata o prazo para anotarse no Concurso de disfraces, comparsas e carrozas de Antroido -que ten lugar o domingo 6 de marzo ás 18.00 horas- para as modalidades de comparsas e carrozas, e ata o día 6 de marzo ás 17.00 horas. nas modalidades de grupos, parellas e individual tanto en categoría adulto como infantil, na Casa do Concello.

Así mesmo, o martes 8 ás 21.30 horas é o momento de sepultar a Don Carnal co Enterro da Sardiña, este ano, como novidade, da man do grupo de teatro aficionado da Unión Democrática de Pensionistas de Sofán e coa colaboración de Cruz Vermella. Para participar como comitiva fúnebre da sardiña e optar a unha das 10 subvencións de 40 euros que concede o Concello, é preciso anotarse antes do venres 4 de marzo na Concellería de Cultura, ou o 8 de marzo (día do Enterro da Sardiña) antes do inicio da actividade de 20.00 a 21.00 horas na Casa do Concello. O percorrido realizarase dende a Praza do Concello, polas rúas Coruña e Hórreo, Praza de Galicia, Rúa Fomento e Parque do Anllóns, lugar onde se celebrará o enterro

Para anotarse ou obter máis información, os veciños e veciñas poden poñerse en contacto no teléfono 981 704 300 ou enviar por fax a solicitude de inscrición ao número 981 704 302 de 10.00 a 14.00 horas. Os interesados e interesadas en consultar a contía dos premios e as bases polo miúdo, poden facelo neste mesmo aviso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario