A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria rematou a implantación do programa de préstamo de libros de texto no curso 2007/2008, cumprindo así o compromiso adquirido no ano 2003. Non obstante, á vista da conxuntura económica, resultou necesario facer unha reforma do sistema no curso 2009/2010, de xeito que se beneficien da gratuidade as familias con menos recursos.
Así pois, en coherencia coa política desta consellería relativa á implantación dun sistema de axudas en función da renda per cápita familiar, e para que a aplicación do Decreto 79/2010, do 20 de maio, non lle supoña un esforzo económico as familias con menos recursos, esta consellería estableceu un sistema de axudas en función de renda para a adquisición destes libros de texto das materias que cambien de idioma de acordo co citado decreto (Gratuidade solidaria plurilingüismo).
Axudas para a adquisición de libros de texto-plurilingüismo -só materias que cambian de idioma- (3º e 4º de primaria e 2º e 4º deESO)
Procedemento ED330C. Orde do 16 de maio de 2010 (DOG do 31 de maio).

Axudas para a adquisición de libros de texto-plurilingüismo -só materias que cambian de idioma- (3º e 4º de primaria e 2º e 4º deESO)
Procedemento ED330C. Orde do 16 de maio de 2010 (DOG do 31 de maio).
Obxecto da convocatoria e procedemento
O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario que cambien de idioma de acordo co Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, destinadas ao alumnado matriculado no curso escolar 2011/2012, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, en 3º e 4º de educación primaria e en 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria
- Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en 1º, 2º, 5º ou 6º de educación primaria, en 1º ou 3º de educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2011/2012 e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.
- Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.
Lugar de presentación
As solicitudes, segundo o anexo I á presente orde, entregaranse nos centros docentes nos que estea matriculado o alumnado.Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados, de xeito que se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas e cursos obxecto da convocatoria, deberá presentar unha solicitude para cada un deles, xa sexa no mesmo ou en distinto centro.

As axudas serán solicitadas polos pais, as nais, os titores ou os representantes legais do alumnado. Por cada alumno ou alumna só se concederá unha axuda, con independencia de que puidera estar escolarizado en dous ou máis centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2011/2012.
Prazo de presentación
O prazo de presentación de instancias para o alumnado obxecto desta convocatoria será de un mes, segundo se indica a continuación:a) Para o alumnado de educación primaria: do 1 ao 30 de xuño de 2011, ambos inclusive.
b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2011, ambos inclusive.
c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 1 ao 30 de setembro de 2011, ambos inclusive.
d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados o prazo de un mes contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2012.
solicitudes e documentación
1. As instancias poderán obterse nos centros, nas Xefaturas Territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e tamén se poderán descargar en formato pdf.
Unha vez cuberta a solicitude deberán presentala, xunto coa documentación segundo se indica no artigo 3 da orde de convocatoria, debidamente asinada polo pai, a nai ou titor/a do alumnado. Todo isto sen prexuízo da sinatura por parte do resto dos membros da unidade familiar computables para os efectos de renda que sexan maiores de idade, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor.2. Xunto coa solicitude presentarase orixinal e copia da seguinte documentación a fin de que a persoa que a reciba poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais.
A aplicación informática para a xestión das axudas tamén permitirá a xeración da solicitude unha vez introducidos os datos polo centro (Acceder á aplicación).
a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.
No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, o día 31 de decembro de 2009, non coincide coa reflectida no libro terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.
b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia o 31 de decembro de 2009:
- Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
- Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou
- Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.3. A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.
4. O centro educativo poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada.
contías das axudas
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aboará as axudas ás persoas solicitantes que reúnan os requisitos previstos nesta orde, nos seguintes importes por libro, por alumno ou alumna e curso, segundo a renda per cápita familiar no ano 2009:
Educación primaria:
- Familias monoparentais:
- Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €: 23 € por libro.
- Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 €: 13 € por libro.
- Resto das familias:
- Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 23 € por libro.
- Renda per cápita familiar desde 5.400,01 € ata 9.000,00 €: 13 € por libro.
Educación secundaria obrigatoria:
- Familias monoparentais:
- Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €: 25 € por libro.
- Renda per cápita familiar desde 6.000,01 € ata 9.000,00 €: 14 € por libro.
- Resto das familias:
- Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 25 € por libro.
- Renda per cápita familiar desde 5.400,01 € ata 9.000,00 €: 14 € por libro.
máis información



No hay comentarios:
Publicar un comentario