Axudas e subvencións
ATÉ O LUNS 11 DE ABRIL
Descrición: Estas subvencións teñen por obxecto colaborar coas escolas ou colexios de 2º ciclo de educación infantil e/ou primaria e institutos de educación secundaria para a realización de viaxes escolares de carácter cultural durante o ano 2011.Os interesados e interesadas en consultar as bases ao completo en pdf, poden facelo nesta mesma convocatoria. Tamén é posible descargar o impreso de solicitude en pdf.
Destino: Poderán solicitar estas subvencións as escolas ou colexios de 2º ciclo de educación infantil e/ou primaria e institutos de educación secundaria do municipio de Carballo, que deberán cumprir os seguintes requisitos:
- As actividades non persigan finalidades estrictamente de lucro.
- Non ter pendente de xustificar ningunha subvención ou axuda económica co Concello correspondente a exercicios anteriores.
Finalidade: Con estas subvencións o Concello de Carballo pretende colaborar cos centros educativos na realización de actividades de carácter formativo fóra do medio propiamente escolar, complementando as actividades académicas e ofrecéndolle aos alumnos/as a posibilidade de coñecer novos lugares e recursos.
Prazo: As entidades que soliciten algunha subvención deberán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Carballo (preferentemente no Rexistro existente no Pazo da Cultura, Rúa do Pan s/n) no prazo de 1 mes contado desde o día seguinte da publicación na prensa local destas Bases. Polo tanto, o prazo está aberto até o luns 11 de abril.
Data de publicación: As bases foron publicadas na prensa local o mércores 10 de marzo de 2011.
Adxudicación: A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva. A subvención correspondente a cada escola, colexio ou instituto determinarase en función do número de alumnos/as do centro de acordo ó seguintes criterios:
- Centros de menos de 50 alumnos, 120 €
- Centros entre 51 e 124 alumnos, 300 €
- Centros entre 125 e 400 alumnos, 475 €
- Centros entre 400 e 500 alumnos, 570 €
- Centros de máis de 500 alumnos, 660 €
- Cando un centro imparta clases a diferentes unidades en máis dun edificio separados en máis de 500 m, concederanse un mínimo de 120 € por cada edificio.
Ademais, no caso de que o centro realizara algún intercambio cultural de alumnos con outros países europeos concederase unha subvención de 680 €.
En calquera caso o presuposto de gastos do proxecto presentado polo centro educativo deberá ser superior ao importe da subvención.
ATÉ O 11 DE ABRIL
Convocadas as subvencións para ANPAS (Asociacións de Nais e Pais de Alumnos) para o ano 2011
Descrición: Estas subvencións teñen por obxecto colaborar coas asociacións de pais e nais das escolas, colexios e/ou institutos de Carballo para a realización do programa de actividades educativas do ano 2011.Os interesados e interesadas en consultar as bases ao completo en pdf, poden facelo nesta mesma convocatoria. Tamén é posible descargar o impreso de solicitude en pdf.
Destino: Poderán solicitar estas subvencións as asociacións de pais e nais das escolas ou colexios de 2º ciclo de educación infantil e/ou primaria e institutos de educación secundaria de Carballo, xuridicamente constituídas, rexistradas no Concello de Carballo, sempre que cumpran, ademais, os seguintes requisitos:
- As actividades non persigan finalidades estrictamente de lucro.
- O ámbito de actuación sexa o termo municipal de Carballo.
- Teñan a súa sede social no municipio e realicen as súas actividades culturais no mesmo.
- Non ter pendente de xustificar ningunha subvención ou axuda económica co Concello correspondente a exercicios anteriores.
Finalidade: Con estas subvencións o Concello de Carballo pretende colaborar coas asociacións de pais e nais que representan os intereses dun sector moi importante da comunidade educativa que complementan as actividades académicas e realizan unha importante labor de dinamización cultural dos centros educativos de Carballo, promovendo a organización e realización de actividades de carácter educativo por parte destas entidades.
Prazo: As solicitudes deben presentarse Rexistro Xeral do Concello de Carballo (preferentemente no Rexistro existente no Pazo da Cultura, Rúa do Pan s/n) no prazo de 1 mes contado desde o día seguinte da publicación na prensa local destas Bases. Polo tanto, o prazo está aberto até o luns 11 de abril.
Data de publicación: As bases foron publicadas na prensa local o mércores 10 de marzo de 2011.
Adxudicación: A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva. O importe das axudas establecerase segundo o número de alumnos do centro educativo ó que pertenza a ANPA:
- Centros de menos de 50 alumnos.................... 300 €
- Centros de máis de 50 alumnos..................... 775 €
En calquera caso o presuposto de gastos do proxecto presentado pola ANPA deberá ser superior ao importe da subvención.


No hay comentarios:
Publicar un comentario