miércoles, 8 de junio de 2011

LIBROS DE TEXTO Programa de libros de texto préstamo: Curso 2011/2012

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria rematou a implantación do programa de préstamo de  libros de texto no curso 2007/2008, cumprindo así o compromiso adquirido no ano 2003. Non obstante, á vista da conxuntura económica, resultou necesario facer unha reforma do sistema no curso 2009/2010, de xeito que se beneficien da gratuidade as familias con menos recursos.
Por outro lado, en 3º e 4º curso de educación primaria e en 2º e 4º  de educación secundaria obrigatoria manterase o sistema de cesión de uso nas materias que non cambien de idioma, coa finalidade de optimizar os recursos existentes. Sen embargo este sistema só se manterá nas materias que non cambien de idioma (Programa de libros de texto – Préstamo).
Programa de libros de texto (préstamo) - só materias que non cambian de idioma - (3º e 4º de primaria e 2º e 4º de ESO)
Procedemento ED330A. Orde do 18 de maio de 2011 (DOG do 31 de maio)

Obxecto e ámbito de aplicación

1. Esta orde ten por finalidade regular o programa de reposición de libros de texto e materiais curriculares que se desenvolverá no curso escolar 2011/2012.
2. O programa ten como obxectivo facilitar ao alumnado, mediante o sistema de cesión de uso, os libros de texto  e materiais curriculares necesarios para cursar os estudos correspondentes aos anteditos niveis, de acordo coa relación de libros de texto incluídos no programa.
3. O programa será de aplicación a todos os centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
4. Non se inclúen neste programa aqueles libros de texto que en aplicación do disposto no artigo 13 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, cambian de lingua.
5. Non poderán adquirirse aqueles libros que, por calquera motivo, non poidan ser reutilizados polo alumnado durante catro cursos escolares, nin outros materiais de uso persoal  tales como cadernos de idiomas, de exercicios ou libros en que se escriba, pinte ou recorte, nin dicionarios, atlas, libros de titoría e outros materiais de características similares.
6. Os centros educativos que optasen por substituír a adquisición dos libros de texto para unha ou varias áreas por materiais curriculares elaborados polo correspondente departamento do centro, poderán proceder á reposición destes por deterioración e incremento dentro dos límites máximos fixados no artigo sexto desta orde e sempre que non sexan materias que cambien de idioma. O importe destinado a esta actuación deberá acreditarse mediante factura que quedará arquivada no centro.

Será beneficiario do programa todo o alumnado que curse 3º e 4º de educación primaria e 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
A participación do alumnado no programa ten carácter voluntario.

Importe máximo

A adquisición dos libros de texto realízase a través do centros, podendo empregar os alumnos os libros en réxime de cesión de uso.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aboará os seguintes importes máximos por alumno ou alumna acollidos ao programa e curso:


A limitación de reposición por deterioración será conxunta para todos os cursos, é dicir, cada centro poderá repoñer un maior importe que o previsto en calquera dos cursos sempre e cando se repoña menos  noutros e a suma da reposición por deterioración de todos os cursos non supere a suma das contías establecidas no cadro anterior.
Os importes máximos por alumno ou alumna para reposición por incremento de  alumnado ou para novas incorporacións, en cada curso, poderanse superar sempre e cando se compense con gastos inferiores ao máximo para outros alumnos ou alumnas do mesmo curso.

Incorporación de novo alumnado ao longo do curso

Inclúese no programa ao novo alumnado que se incorpore ao centro ata o 31 de marzo de 2012, en calquera dos cursos obxecto desta orde.
A adquisición dos libros de texto das materias que non cambien de idioma para este alumnado, unha vez presentada a xustificación inicial, será tramitada pola dirección do centro empregando o Anexo II da orde de convocatoria.
O prazo para que as librarías presenten as facturas correspondentes ás novas incorporacións remata o día 15 de abril de 2012.
Os centros dispoñen de prazo para a xustificación dos gastos dos libros correspondentes ás novas incorporacións ata o 30 de abril de 2012. Esta xustificación realizarase mediante o anexo IV desta orde.

Alumnado con necesidades educativas específicas

Co obxecto de incluír no programa ao alumnado que presente necesidades educativas específicas, e estea matriculado nun curso obxecto desta orde, poderán adquirirse con cargo a este programa os libros de texto, aínda que non se correspondan cos aprobados polo órgano competente do centro para o citado nivel educativo, logo de informe motivado ao respecto do departamento de orientación ou órgano equivalente dos centros privados concertados, que quedará arquivado na secretaría do centro xunto co resto da documentación do programa.
Deberanse ter en conta os límites por alumno ou alumna e curso no que estea matriculado/a establecidos no artigo 6º desta orde.
Non está incluído dentro do ámbito desta orde de convocatoria o alumnado de centros específicos de educación especial ou de unidades específicas de educación especial en centros ordinarios.

máis información
 Para máis información contacte co seu centro educativo.
Se no centro non puidesen resolverlle as súas dúbidas, tamén poden poñerse en contacto cos seguintes teléfonos da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos:
  • 981 546 521
  • 881 997 385
  • 981 547 301
  • 981 546 516
  • 981 546 525
  • 981 546 523
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario