miércoles, 8 de junio de 2011

LIBROS DE TEXTO Gratuidade solidaria: Curso 2011/2012

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria rematou a implantación do programa de préstamo de  libros de texto no curso 2007/2008, cumprindo así o compromiso adquirido no ano 2003. Non obstante, á vista da conxuntura económica, resultou necesario facer unha reforma do sistema no curso 2009/2010, de xeito que se beneficien da gratuidade as familias con menos recursos.
Neste sentido, e en consonancia coa política de austeridade do Goberno da Xunta de Galicia, para 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria, así como para educación especial, no curso 2011/2012 continuarase coa convocatoria de axudas dirixidas ás familias en función da súa renda (Gratuidade solidaria).
Axudas para a adquisición de libros de texto (1º, 2º, 5º e 6º de primaria, 1º e 3º de ESO e educación especial)
Procedemento ED330B. Orde do 13 de maio de 2011 (DOG do 31 de maio).

Obxecto da convocatoria e procedemento

O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado, no curso escolar 2011/2012, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria e en educación especial.

  1.  Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en 1º, 2º, 5º ou 6º de educación primaria, en 1º ou 3º de educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2011/2012 e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.
  2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  3. Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.
lugar e prazo de presentación
Lugar de presentación. As solicitudes, segundo o anexo I á orde de convocatoria, entregaranse nos centros docentes nos que estea matriculado o alumnado.
Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna, de xeito que se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas e cursos obxecto da convocatoria, deberá presentar unha solicitude para cada un deles, xa sexa no mesmo ou en distinto centro.
As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. Por cada alumno ou alumna só se concederá unha axuda, con independencia de que puidera estar escolarizado en dous ou máis centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2011/2012.

O prazo de presentación de instancias para o alumnado obxecto desta convocatoria será de un mes, segundo se indica a continuación:
1.  Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 1 ao 30 de xuño de 2011, ambos inclusive.
2.  Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2011, ambos inclusive.
3.  Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 1 ao 30 de setembro de 2011, ambos inclusive
4.  Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados o prazo de un mes contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2012.

solicitudes e documentación

 1. As instancias poderán obterse nos centros, nas Xefaturas Territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e tamén se poderán descargar en formato pdf.
Unha vez cuberta a solicitude deberá presentarse, xunto coa documentación segundo se indica no artigo 3 da orde de convocatoria, debidamente asinada polo pai, a nai ou titor/a do alumnado. Todo isto sen prexuízo da sinatura por parte do resto dos membros da unidade familiar computables para os efectos de renda que sexan maiores de idade, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor.
A aplicación informática para a xestión das axudas tamén permitirá a xeración da solicitude unha vez introducidos os datos polo centro.  (Acceder á aplicación)
2. Xunto coa solicitude presentarase orixinal e copia da seguinte documentación co fin de que a persoa que a reciba  poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais.
Alumnado de educación primaria (1º, 2º, 5º e 6º curso) e de educación secundaria obrigatoria (1º e 3º curso).
a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.
No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2009, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.
b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de decembro de 2009:
  • Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
  • Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou
  • Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.
O alumnado de educación especial unicamente deberá presentar a solicitude de axuda, non sendo necesario xuntar documentación algunha.
3.  A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.
4.  O centro educativo poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada.

contía das axudas
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aboará as axudas ás persoas solicitantes que reúnan os requisitos previstos nesta orde, nos seguintes importes por alumno ou alumna e curso, segundo a renda per cápita familiar no ano 2009:
Educación primaria:
  • Familias monoparentais:
    • Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €: 170 €.
    • Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 €: 90 €.
  • Resto das familias:
    • Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 170 €.
    • Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 €: 90 €
Educación secundaria obrigatoria:
  • Familias monoparentais:
    • Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €: 180 €.
    • Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 €: 104 €.
  • Resto das familias:
    • Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 180 €.
    • Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 €: 104 €.
No caso de que nunha mesma unidade familiar existan varios alumnos ou alumnas que reúnan os requisitos para ser causantes destas axudas, percibirase a contía que corresponda por cada un deles, segundo o establecido nesta convocatoria.
O alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos desta orde recibirá un importe de 250 €, con independencia da renda per cápita familiar.

máis información
 Para máis información contacte co seu centro educativo.
Se no centro non puidesen resolverlle as súas dúbidas, tamén poden poñerse en contacto cos seguintes teléfonos da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos:
  • 981 546 521
  • 881 997 385
  • 981 547 301
  • 981 546 516
  • 981 546 525
  • 981 546 523

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario