martes, 29 de marzo de 2011

XORNADA . QUE LLES DIGO?

Anunciámosvos que o día 12 de febreiro de 2011 (sábado) CONFAPA-GALICIA organiza unha Xornada na que trataremos sobre a dificultade que representa para moitas familias aplicar criterios educativos e en consecuencia a negativa de mozos e mozas a asumir algunha disciplina ou responsabilidad.
Co fin de axudarnos nesta complicada tarefa, contaremos coa presenza de PEDRO GARCÍA AGUADO, terapeuta, deportista de elite, referente para a mocidade pola súa capacidade de superación, presentador dos programas HERMANO MAYOR e EL CAMPAMENTO de Cuatro TV, autor dos libros “mañana lo dejo” “dejarlo es posible” “Hermano Mayor”, nos que relata a súa loita para vencer as drogas e o alcol; e tamén nos acompañarán educadores sociais que ofrecerán saídas razoables a conflitos entre pais e fillos.

Podedes facer xa a inscrición devolvéndonos a ficha que vos achegamos ao fax 981 20 19 62, correo electrónico confapagalicia@yahoo.es Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla (data límite de recepción até o día 9 de febreiro), independentemente de que nuns días recibades o programa definitivo.

DATA: 12 de febreiro de 2011

LUGAR: Colexio Calvo Sotelo C/. Archer Milton Huntington, 24
A Coruña (Zona Escolar-Labañou)

HORARIO: Mañá: de 9,45 á 14 horas
Comida a cargo de CONFAPA
Tarde: de 16:00 á 18:00 horas

PARA VER DIPTICO PDF:
http://confapagalicia.org/media/Xornada%20Que%20Lles%20Digo.pdf

CEAPA convoca o XI Concurso de Experiencias Educativas e o I Certame de Fotografía


Ata o 16 de maio as asociacións de pais e nais do alumnado pertencentes a algunha das 43 federacións territoriais que integran CEAPA, poden presentarse ao XI Concurso de Experiencias Educativas.

O obxectivo deste concurso, convocado anualmente pola Confederación, é dar a coñecer os proxectos educativos que levan a cabo as APAs nos centros educativos públicos, fomentando así o intercambio de ideas e experiencias entre os pais e nais voluntarios das máis de 12.000 APAS que integran esta confederación.

CEAPA tamén convocou o I Certame de fotografía sobre actividades realizadas polas APAS co obxectivo de publicitar o traballo das APAS mediante as imaxes.

OLLAR TRIPTICO
http://www.ceapa.es/c/document_library/get_file?uuid=5c44c12a-ee79-4284-ac80-9c8d844cbff2&groupId=10137

.

CHARLA INFORMATIVA SOBRE LA LEI DE PROTECCION DE DATOS

Recórdamos que este sábado terá lugar no Hotel NH Atlántico unha charla informativa sobre a Lei de Protección de datos. Organizada pola Federación Provincial de APAS da Coruña, da que formamos parte.
Será soamente en sesión de mañá dando comezo ás 10:00 horas, e finalizando aproximadamente ás 13:00 horas. Nela, expoñerase e dará resposta, por parte de especialistas no tema a todo o relacionado con este asunto e a protección de menores.
Se aínda non formalizaches a vosa inscrición, recórdovos que podedes facelo ata o mércores 3O, á secretaria da ANPA Ameneiro 607862129.


.

lunes, 28 de marzo de 2011

A SINALIZACIÓN XA ESTÁ COLOCADA NA ZONA

O Concello habilita desvíos para facilitar o acceso ao IES Monte Neme nos horarios lectivos.

O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Tráfico que dirixe Benedito Viña, informa de que se veñen de habilitar desvíos nas rúas do entorno do IES Monte Neme da capital municipal para facilitar o acceso ao centro nos horarios lectivos, nos momentos de entrada e saída das aulas. Así, xa está colocada a sinalización que limita o acceso ao centro a través da rúa Violetas, de tal xeito que esta rúa, de dobre sentido, pasa a ser de sentido único. Polo tanto, no treito situado entre o cruce da rúa Violetas coa rúa Flor de Toxo e ata o centro de ensino só se poderá sair do centro, mentres que os accesos realizaranse a través da mencionada rúa Flor de Toxo, pola avenida das Flores e subindo pola rúa Nacente. Os horarios en que están habilitados os desvíos son de 8.30 a 9.00 horas, de 14.00 a 15.00 horas e os luns, de 16.00 a 18.30 horas. O obxectivo desta medida é mellorar a seguridade viaria, tanto para os vehículos como para os peóns, especialmente nas horas de maior afluencia ao centro.


 

miércoles, 9 de marzo de 2011

Subvencións para colexios de 2º Ciclo Infantil e/ou Primaria e Institutos de Educación Secundaria para viaxes escolares en 2011

Axudas e subvencións

ATÉ O LUNS 11 DE ABRIL

Descrición: Estas subvencións teñen por obxecto colaborar coas escolas ou colexios de 2º ciclo de educación infantil e/ou primaria e institutos de educación secundaria para a realización de viaxes escolares de carácter cultural durante o ano 2011.

Os interesados e interesadas en consultar as bases ao completo en pdf, poden facelo nesta mesma convocatoria. Tamén é posible descargar o impreso de solicitude en pdf.
Destino: Poderán solicitar estas subvencións as escolas ou colexios de 2º ciclo de educación infantil e/ou primaria e institutos de educación secundaria do municipio de Carballo, que deberán cumprir os seguintes requisitos:
- As actividades non persigan finalidades estrictamente de lucro.
- Non ter pendente de xustificar ningunha subvención ou axuda económica co Concello correspondente a exercicios anteriores.
Finalidade: Con estas subvencións o Concello de Carballo pretende colaborar cos centros educativos na realización de actividades de carácter formativo fóra do medio propiamente escolar, complementando as actividades académicas e ofrecéndolle aos alumnos/as a posibilidade de coñecer novos lugares e recursos.
Prazo: As entidades que soliciten algunha subvención deberán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Carballo (preferentemente no Rexistro existente no Pazo da Cultura, Rúa do Pan s/n) no prazo de 1 mes contado desde o día seguinte da publicación na prensa local destas Bases. Polo tanto, o prazo está aberto até o luns 11 de abril.
Data de publicación: As bases foron publicadas na prensa local o mércores 10 de marzo de 2011.
Adxudicación: A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva. A subvención correspondente a cada escola, colexio ou instituto determinarase en función do número de alumnos/as do centro de acordo ó seguintes criterios:
- Centros de menos de 50 alumnos, 120 €
- Centros entre 51 e 124 alumnos, 300 €
- Centros entre 125 e 400 alumnos, 475 €
- Centros entre 400 e 500 alumnos, 570 €
- Centros de máis de 500 alumnos, 660 €
- Cando un centro imparta clases a diferentes unidades en máis dun edificio separados en máis de 500 m, concederanse un mínimo de 120 € por cada edificio.
Ademais, no caso de que o centro realizara algún intercambio cultural de alumnos con outros países europeos concederase unha subvención de 680 €.
En calquera caso o presuposto de gastos do proxecto presentado polo centro educativo deberá ser superior ao importe da subvención.

ATÉ O 11 DE ABRIL

Convocadas as subvencións para ANPAS (Asociacións de Nais e Pais de Alumnos) para o ano 2011

Descrición: Estas subvencións teñen por obxecto colaborar coas asociacións de pais e nais das escolas, colexios e/ou institutos de Carballo para a realización do programa de actividades educativas do ano 2011.

Os interesados e interesadas en consultar as bases ao completo en pdf, poden facelo nesta mesma convocatoria. Tamén é posible descargar o impreso de solicitude en pdf.
Destino: Poderán solicitar estas subvencións as asociacións de pais e nais das escolas ou colexios de 2º ciclo de educación infantil e/ou primaria e institutos de educación secundaria de Carballo, xuridicamente constituídas, rexistradas no Concello de Carballo, sempre que cumpran, ademais, os seguintes requisitos:
- As actividades non persigan finalidades estrictamente de lucro.
- O ámbito de actuación sexa o termo municipal de Carballo.
- Teñan a súa sede social no municipio e realicen as súas actividades culturais no mesmo.
- Non ter pendente de xustificar ningunha subvención ou axuda económica co Concello correspondente a exercicios anteriores.
Finalidade: Con estas subvencións o Concello de Carballo pretende colaborar coas asociacións de pais e nais que representan os intereses dun sector moi importante da comunidade educativa que complementan as actividades académicas e realizan unha importante labor de dinamización cultural dos centros educativos de Carballo, promovendo a organización e realización de actividades de carácter educativo por parte destas entidades.
Prazo: As solicitudes deben presentarse Rexistro Xeral do Concello de Carballo (preferentemente no Rexistro existente no Pazo da Cultura, Rúa do Pan s/n) no prazo de 1 mes contado desde o día seguinte da publicación na prensa local destas Bases. Polo tanto, o prazo está aberto até o luns 11 de abril.
Data de publicación: As bases foron publicadas na prensa local o mércores 10 de marzo de 2011.
Adxudicación: A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva. O importe das axudas establecerase segundo o número de alumnos do centro educativo ó que pertenza a ANPA:
- Centros de menos de 50 alumnos.................... 300 €
- Centros de máis de 50 alumnos..................... 775 €
En calquera caso o presuposto de gastos do proxecto presentado pola ANPA deberá ser superior ao importe da subvención.

miércoles, 2 de marzo de 2011

Concurso de disfraces, comparsas e carrozas e no Enterro da Sardiña do Antroido 2011

ATÉ O VENRES 4 DE MARZO

Últimos días para anotarse no Concurso de disfraces, comparsas e carrozas e no Enterro da Sardiña do Antroido 2011

O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Cultura que dirixe Belén Lendoiro informa de que o venres 4 de marzo remata o prazo para anotarse no Concurso de disfraces, comparsas e carrozas de Antroido -que ten lugar o domingo 6 de marzo ás 18.00 horas- para as modalidades de comparsas e carrozas, e ata o día 6 de marzo ás 17.00 horas. nas modalidades de grupos, parellas e individual tanto en categoría adulto como infantil, na Casa do Concello.

Así mesmo, o martes 8 ás 21.30 horas é o momento de sepultar a Don Carnal co Enterro da Sardiña, este ano, como novidade, da man do grupo de teatro aficionado da Unión Democrática de Pensionistas de Sofán e coa colaboración de Cruz Vermella. Para participar como comitiva fúnebre da sardiña e optar a unha das 10 subvencións de 40 euros que concede o Concello, é preciso anotarse antes do venres 4 de marzo na Concellería de Cultura, ou o 8 de marzo (día do Enterro da Sardiña) antes do inicio da actividade de 20.00 a 21.00 horas na Casa do Concello. O percorrido realizarase dende a Praza do Concello, polas rúas Coruña e Hórreo, Praza de Galicia, Rúa Fomento e Parque do Anllóns, lugar onde se celebrará o enterro

Para anotarse ou obter máis información, os veciños e veciñas poden poñerse en contacto no teléfono 981 704 300 ou enviar por fax a solicitude de inscrición ao número 981 704 302 de 10.00 a 14.00 horas. Os interesados e interesadas en consultar a contía dos premios e as bases polo miúdo, poden facelo neste mesmo aviso.