lunes, 30 de enero de 2012

A FUNDACION LIGA REMATOLOXICA GALEGA PIDENOS QUE VOS TRASLADEMOS A SEGUINTE INFORMACION

A Fundación liga rematolóxica galega, está intentando localizar a pais de nenos con AIJ de galicia, deixamos información e contactos:            Somos a sección de nenos e mozos da liga reumatolóxica galega, realmente somos os seus pais, que logo de levar o susto do diagnóstico, o que queremos é o mellor para nosos peques e loitar o que faga falta para conseguilo.                                                                                                          Descrición Que é a AIJ? Aínda que a priori relacionamos a artrite cos nosos maiores e que se inflaman as articulacións. A artrite pode darse e dáse nos máis pequenos, se se inflaman as articulacións pero o máis grave non é isto, senón que se trata dunha enfermidade autoinmune que ademais de atacar as articulacións pode atacar tamén outros órganos vitais ou sensoriais.
Información Xeral A Reumatoloxía Pediátrica é unha das especialidades pediátricas máis novas en España, non esta implantada na maioría dos hospitais e existe un importante descoñecemento da mesma tanto en profesionais sanitarios como socialmente, é "a gran descoñecida".
Intentaremos participar activamente a nivel dos Pediatras de Atención Primaria, primeiro elo da Sanidade. Dar a coñecer a toda a sociedade a AIJ.
Misión O noso obxectivo, intentar conseguir unha Unidade Pedíatrica de Reumatoloxía en Galicia, hai máis de 3000 nenos con AIJ, que se cre un equipo dedicado a eles, e se houbese unha sección de investigación xa nos dariamos por máis que satisfeitos.
Para iso, temos que saber quen somos para unirnos e así poder conseguir os nosos obxectivos. A unión fai a forza.
Fundación
liga reumatolóxica galega
Centro Cívico Municipal A Silva-C/Venela s/n-A Coruña.(Zona Ventorrillo)., 15010 A Coruña, Spain

Dirección de correo electrónico
artritisidiopaticajuvenil@gmail.com
Teléfono
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario