Os interesados e interesadas poden consultar as bases ao completo, así como os prazos de inscrición e os requisitos para participar en calquera destas dúas citas nun documento en pdf nesta mesma convocatoria.Finalidade: O Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas de Antroido celébrase o domingo día 19 de febreiro ás 18.00 horas na Praza do Concello. Todos os participantes formarán parte do desfile que transcorrerá polas rúas Coruña, Desiderio Varela, Gran Vía, Rosalía de Castro, Valle Inclán e Colón, e rematará na Praza do Concello. Se as condicións meteorolóxicas non permitisen o correcto desenvolvemento do desfile ao aire libre, a organización poderá suspendelo ou trasladalo ao Pavillón Polideportivo Bergantiños. No caso de traslado, poderanse ver afectadas para o acceso a este recinto as carrozas que sobrepasen as dimensións de 2,65 x 2,65 metros.
O Enterro da Sardiña celébrase o martes 21 de febreiro a partir das 21.30 horas e consistirá nun percorrido que se iniciará na Praza do Concello, rúas Coruña e Hórreo, Praza de Galicia, Rúa Fomento e Parque do Anllóns, lugar onde se celebrará o enterro.
Prazo: Poderán participar no Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas de Antroido todas as persoas que se inscriban nos prazos que se recollen a continuación:
PRAZOS
- Comparsas e carrozas: Do 1 ao 17 de febreiro.
- Grupos, parellas e individual: Do 1 ao 19 de febreiro ás 17.00 horas.
- Concellaría de Cultura-Pazo da Cultura, R/ do Pan, s/n (De 11.00 a 14.00 horas) Tfno.:981 704 300; Fax: 981 704 302
- Día 19: Praza do Concello (Só para grupos, parellas e individual). De 16.00 a 17.00 horas.
Para participar no Enterro da Sardiña e ter opción a unha das 10 subvencións (que se outorgarán por rigorosa orde de inscrición) será preciso anotarse no prazo e lugar que a continuación se sinala:
- Do 1 ao 17 de febreiro: Concellaría de Cultura- Pazo da Cultura, R/ do Pan, s/nº (De 11.00 a 14.00 horas) Tfno.:981 704 300; Fax: 981 704 302
- O 21 de febreiro (día do Enterro da Sardiña): antes do inicio da actividade de 20.00 a 21.00 horas na Casa do Concello


No hay comentarios:
Publicar un comentario