lunes, 30 de enero de 2012

A FUNDACION LIGA REMATOLOXICA GALEGA PIDENOS QUE VOS TRASLADEMOS A SEGUINTE INFORMACION

A Fundación liga rematolóxica galega, está intentando localizar a pais de nenos con AIJ de galicia, deixamos información e contactos:            Somos a sección de nenos e mozos da liga reumatolóxica galega, realmente somos os seus pais, que logo de levar o susto do diagnóstico, o que queremos é o mellor para nosos peques e loitar o que faga falta para conseguilo.                                                                                                          Descrición Que é a AIJ? Aínda que a priori relacionamos a artrite cos nosos maiores e que se inflaman as articulacións. A artrite pode darse e dáse nos máis pequenos, se se inflaman as articulacións pero o máis grave non é isto, senón que se trata dunha enfermidade autoinmune que ademais de atacar as articulacións pode atacar tamén outros órganos vitais ou sensoriais.
Información Xeral A Reumatoloxía Pediátrica é unha das especialidades pediátricas máis novas en España, non esta implantada na maioría dos hospitais e existe un importante descoñecemento da mesma tanto en profesionais sanitarios como socialmente, é "a gran descoñecida".
Intentaremos participar activamente a nivel dos Pediatras de Atención Primaria, primeiro elo da Sanidade. Dar a coñecer a toda a sociedade a AIJ.
Misión O noso obxectivo, intentar conseguir unha Unidade Pedíatrica de Reumatoloxía en Galicia, hai máis de 3000 nenos con AIJ, que se cre un equipo dedicado a eles, e se houbese unha sección de investigación xa nos dariamos por máis que satisfeitos.
Para iso, temos que saber quen somos para unirnos e así poder conseguir os nosos obxectivos. A unión fai a forza.
Fundación
liga reumatolóxica galega
Centro Cívico Municipal A Silva-C/Venela s/n-A Coruña.(Zona Ventorrillo)., 15010 A Coruña, Spain

Dirección de correo electrónico
artritisidiopaticajuvenil@gmail.com
Teléfono
.

jueves, 26 de enero de 2012

Bases e convocatoria para participar no Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas de Antroido e no Enterro da Sardiña 2012

Descrición: Co obxecto de promocionar unha das festas tradicionais máis importantes no noso Concello e de recuperar as prácticas populares destas datas, o Concello de Carballo, a través da Concellaría de Cultura, convoca unha nova edición do Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas de Antroido. Así mesmo, coa finalidade de promocionar o remate das festas do Antroido, fomentando a participación de todos os veciños e veciñas nunha actividade vencellada a esta celebración, o Concello de Carballo organiza o Enterro da Sardiña 2012.

Os interesados e interesadas poden consultar as bases ao completo, así como os prazos de inscrición e os requisitos para participar en calquera destas dúas citas nun documento en pdf nesta mesma convocatoria.Finalidade: O Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas de Antroido celébrase o domingo día 19 de febreiro ás 18.00 horas na Praza do Concello. Todos os participantes formarán parte do desfile que transcorrerá polas rúas Coruña, Desiderio Varela, Gran Vía, Rosalía de Castro, Valle Inclán e Colón, e rematará na Praza do Concello. Se as condicións meteorolóxicas non permitisen o correcto desenvolvemento do desfile ao aire libre, a organización poderá suspendelo ou trasladalo ao Pavillón Polideportivo Bergantiños. No caso de traslado, poderanse ver afectadas para o acceso a este recinto as carrozas que sobrepasen as dimensións de 2,65 x 2,65 metros.

O Enterro da Sardiña celébrase o martes 21 de febreiro a partir das 21.30 horas e consistirá nun percorrido que se iniciará na Praza do Concello, rúas Coruña e Hórreo, Praza de Galicia, Rúa Fomento e Parque do Anllóns, lugar onde se celebrará o enterro.
Prazo: Poderán participar no Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas de Antroido todas as persoas que se inscriban nos prazos que se recollen a continuación:

PRAZOS
  • Comparsas e carrozas: Do 1 ao 17 de febreiro.
  • Grupos, parellas e individual: Do 1 ao 19 de febreiro ás 17.00 horas.
LUGARES
  • Concellaría de Cultura-Pazo da Cultura, R/ do Pan, s/n (De 11.00 a 14.00 horas) Tfno.:981 704 300; Fax: 981 704 302
  • Día 19: Praza do Concello (Só para grupos, parellas e individual). De 16.00 a 17.00 horas.

Para participar no Enterro da Sardiña e ter opción a unha das 10 subvencións (que se outorgarán por rigorosa orde de inscrición) será preciso anotarse no prazo e lugar que a continuación se sinala:
  • Do 1 ao 17 de febreiro: Concellaría de Cultura- Pazo da Cultura, R/ do Pan, s/nº (De 11.00 a 14.00 horas) Tfno.:981 704 300; Fax: 981 704 302
  • O 21 de febreiro (día do Enterro da Sardiña): antes do inicio da actividade de 20.00 a 21.00 horas na Casa do Concello

miércoles, 18 de enero de 2012

A ANPA COMUNICA A DIRECCION A PRESENZA DE PERSOAS ALLEAS O CENTRO NAS INSTALACIONS

A Directiva da ANPA, comunicou a Dirección do centro a queixa, trasladada polos pais e despois comprobada por membros da anpa, da presenza nas instalacións do IES de persoas alleas o centro.
En concreto foi en aula de ESO e foron "moinantes".

Este feito e para nós MOI GRAVE, xa que a presenza de estas persoas, non ten razón de ser, polo que se lle pediu a Dirección que tomara medidas e que investigara o acontecido para que non volva a pasar.

Agardecemos os pais que nos trasladan estas queixas e pedimos a todos aqueles que teñan información a través dos fillos e fillas de estes feitos, nos fagan chegar o se comentario a:

anpa.ameneiro@gmail.com

martes, 17 de enero de 2012

Vieiro forma a los jóvenes para hacer frente a las drogas

Máis dun milleiro de alumnos de catro institutos participan nesta iniciativa
Un ano máis, a asociación antidroga Vieiro entra en varios institutos da comarca para proporcionar aos mozos a información necesaria para escapar das garras da droga. Catro psicólogas, Carmen Barreiro Couto, África Alberti de Mais, Carmen Lama Xesto e Susana Recarey Eirís, encárganse de impartir nos institutos Monte Neme, Alfredo Brañas, Isidro Parga Pondal (de Carballo) e Agra de Leborís (da Laracha) as sesións do programa de Habilidades Sociais de Vida.

martes, 10 de enero de 2012


CORRESPONDIENTE AL MES DE ENERO, OS MANDAMOS EL ENLACE A LA REVISTA DIGITAL, "UNIVERO UP" QUE DIFUNDE LA UNIVERSIDAD DE PADRES ON-LINE.

AGUARDAMOS QUE OS SEA DE UTILIDAD:


http://www.revista.universidaddepadres.es/

martes, 3 de enero de 2012

Convenio para prácticas de alumnos del IES Monte Neme

O goberno carballés deu conta na súa reunión de onte da firma dun convenio de formación en centros de traballo que permitirá a un alumno do instituto Monte Neme realizar prácticas de xestión administrativa no Concello durante un prazo de tres meses. Tamén foi aprobado o terceiro Plan de Igualdade de Oportunidades.

.