miércoles, 22 de febrero de 2012
lunes, 13 de febrero de 2012
NOTA ENVIADA POLA DIRECCION DO CENTRO
ESTIMADOS/AS PAIS E NAIS DOS ALUMNOS DE 5º e 6º DE PRIMARÍA E 1º e 2º DE ESO, ASÍ COMO DOS DEMAIS ALUMNOS/AS DO CENTRO ESCOLAR
Con motivo do despregamento das tecnoloxías da información nas aulas a través do Proxecto ABALAR, onde se dota ao alumnado seleccionado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de Secundaria de portátiles, pantallas dixitais en conexión WIFI, manifestámosvos a inquedanza dende colectivos sociais, pais e nais, docentes e persoal sanitario, pola PROBLEMÁTICA QUE A COMUNICACIÓN INALÁMBRICA DA REDE WIFI PODE CAUSAR NA SAÚDE, dirixímonos a vostedes, implicados nos centros de ensino dos seus fillos/as para ofrecerlles información sobre a relevancia para a saúde do alumnado e profesorado.
O Consello de Europa (25.05.2011), que parte dun maior risco de efectos biolóxicos potencialmente nocivos dos campos electromagnéticos na infancia e mocidade en base á revisión de máis de 1.500 estudos co apoio da Axencia Europea de Medio Ambiente, xa solicitou aos estados membros primar nas aulas a conexión a internet por cable [sen WiFi], evitando o uso do móbil no recinto escolar, e fomentar campañas de información e sensibilización sobre os seus efectos potenciais nocivos. A propia Axencia Internacional do Cancro (IARC) da OMS (31-05-2011) xa clasificou estas radiacións de microondas (móbiles, teléfonos sen fíos –DET-, Wi-Fi, Wimax, …) como posíbeis canceríxenos do grupo 2b baseándose no aumento de risco de padecer glioma, un tipo de tumor cerebral maligno, asociado co uso de teléfonos móbiles, recomendando o seu Director, Christopher Wild, "reducir a exposición a estes dispositivos" mentres se segue a investigar.
A nosa preocupación, que non xorde por consideracións educativas ou tecnolóxicas, fundaméntase exclusivamente nas consecuencias para a saúde do alumnado e do persoal docente e auxiliar que, coa conexión sen fíos a internet, veríanse expostos/as de cotío á contaminación electromagnética das radiacións de microondas ao longo de toda xornada lectiva no curso escolar, cuns PICOS nos niveis de radiación nas aulas MOI SUPERIORES aos esperados, cos consecuentes efectos acumulativos.
Noutros países da nosa contorna xa comezou a aplicarse o Principio de Precaución coa retirada da conexión Wi-Fi / WIMAX (a favor do cable) DE CENTROS ESCOLARES, BIBLIOTECAS, UNIVERSIDADES e REDES MUNICIPAIS por problemas de saúde.
A campaña ESCOLA SEN WIFI pretende INFORMAR a pais e nais e docentes para que poidan TOMAR As MEDIDAS DE PRECAUCIÓN NECESARIAS NO seu CENTRO EDUCATIVO poñendo a súa disposición o DOSSIER ESCOLA SEN WIFI 2012 creado a tal efecto.
Para calquera dúbida ou suxestión poden porse en contacto connosco a través da Web: http://www.apdr.info/escolasenwifi.htm ou no enderezo electrónico: apdr@apdr.info
Un cordial saúdo
Campaña ESCOLA SEN WIFI
.
lunes, 30 de enero de 2012
A FUNDACION LIGA REMATOLOXICA GALEGA PIDENOS QUE VOS TRASLADEMOS A SEGUINTE INFORMACION
A Fundación liga rematolóxica galega, está intentando localizar a pais de nenos con AIJ de galicia, deixamos información e contactos: Somos a sección de
nenos e mozos da liga reumatolóxica galega, realmente somos os seus pais, que
logo de levar o susto do diagnóstico, o que queremos é o mellor para nosos
peques e loitar o que faga falta para conseguilo. Descrición Que é a AIJ? Aínda que a priori
relacionamos a artrite cos nosos maiores e que se inflaman as articulacións. A
artrite pode darse e dáse nos máis pequenos, se se inflaman as articulacións
pero o máis grave non é isto, senón que se trata dunha enfermidade autoinmune
que ademais de atacar as articulacións pode atacar tamén outros órganos vitais
ou sensoriais.
Información Xeral A
Reumatoloxía Pediátrica é unha das especialidades pediátricas máis novas en
España, non esta implantada na maioría dos hospitais e existe un importante
descoñecemento da mesma tanto en profesionais sanitarios como socialmente, é
"a gran descoñecida".
Intentaremos
participar activamente a nivel dos Pediatras de Atención Primaria, primeiro elo
da Sanidade. Dar a coñecer a toda a sociedade a AIJ.
Misión O noso
obxectivo, intentar conseguir unha Unidade Pedíatrica de Reumatoloxía en
Galicia, hai máis de 3000 nenos con AIJ, que se cre un equipo dedicado a eles,
e se houbese unha sección de investigación xa nos dariamos por máis que
satisfeitos.
Para iso, temos que
saber quen somos para unirnos e así poder conseguir os nosos obxectivos. A
unión fai a forza.
| Fundación |
liga reumatolóxica galega
| ||||
|---|---|---|---|---|---|
Centro Cívico Municipal A Silva-C/Venela s/n-A Coruña.(Zona Ventorrillo)., 15010 A Coruña, Spain
|
jueves, 26 de enero de 2012
Bases e convocatoria para participar no Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas de Antroido e no Enterro da Sardiña 2012
Descrición: Co obxecto de promocionar unha das festas tradicionais máis importantes no noso Concello e de recuperar as prácticas populares destas datas, o Concello de Carballo, a través da Concellaría de Cultura, convoca unha nova edición do Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas de Antroido. Así mesmo, coa finalidade de promocionar o remate das festas do Antroido, fomentando a participación de todos os veciños e veciñas nunha actividade vencellada a esta celebración, o Concello de Carballo organiza o Enterro da Sardiña 2012.
Os interesados e interesadas poden consultar as bases ao completo, así como os prazos de inscrición e os requisitos para participar en calquera destas dúas citas nun documento en pdf nesta mesma convocatoria.Finalidade: O Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas de Antroido celébrase o domingo día 19 de febreiro ás 18.00 horas na Praza do Concello. Todos os participantes formarán parte do desfile que transcorrerá polas rúas Coruña, Desiderio Varela, Gran Vía, Rosalía de Castro, Valle Inclán e Colón, e rematará na Praza do Concello. Se as condicións meteorolóxicas non permitisen o correcto desenvolvemento do desfile ao aire libre, a organización poderá suspendelo ou trasladalo ao Pavillón Polideportivo Bergantiños. No caso de traslado, poderanse ver afectadas para o acceso a este recinto as carrozas que sobrepasen as dimensións de 2,65 x 2,65 metros.
O Enterro da Sardiña celébrase o martes 21 de febreiro a partir das 21.30 horas e consistirá nun percorrido que se iniciará na Praza do Concello, rúas Coruña e Hórreo, Praza de Galicia, Rúa Fomento e Parque do Anllóns, lugar onde se celebrará o enterro.
Prazo: Poderán participar no Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas de Antroido todas as persoas que se inscriban nos prazos que se recollen a continuación:
PRAZOS
Para participar no Enterro da Sardiña e ter opción a unha das 10 subvencións (que se outorgarán por rigorosa orde de inscrición) será preciso anotarse no prazo e lugar que a continuación se sinala:

- Comparsas e carrozas: Do 1 ao 17 de febreiro.
- Grupos, parellas e individual: Do 1 ao 19 de febreiro ás 17.00 horas.
- Concellaría de Cultura-Pazo da Cultura, R/ do Pan, s/n (De 11.00 a 14.00 horas) Tfno.:981 704 300; Fax: 981 704 302
- Día 19: Praza do Concello (Só para grupos, parellas e individual). De 16.00 a 17.00 horas.
Para participar no Enterro da Sardiña e ter opción a unha das 10 subvencións (que se outorgarán por rigorosa orde de inscrición) será preciso anotarse no prazo e lugar que a continuación se sinala:
- Do 1 ao 17 de febreiro: Concellaría de Cultura- Pazo da Cultura, R/ do Pan, s/nº (De 11.00 a 14.00 horas) Tfno.:981 704 300; Fax: 981 704 302
- O 21 de febreiro (día do Enterro da Sardiña): antes do inicio da actividade de 20.00 a 21.00 horas na Casa do Concello
miércoles, 18 de enero de 2012
A ANPA COMUNICA A DIRECCION A PRESENZA DE PERSOAS ALLEAS O CENTRO NAS INSTALACIONS
A Directiva da ANPA, comunicou a Dirección do centro a queixa, trasladada polos pais e despois comprobada por membros da anpa, da presenza nas instalacións do IES de persoas alleas o centro.En concreto foi en aula de ESO e foron "moinantes".
Este feito e para nós MOI GRAVE, xa que a presenza de estas persoas, non ten razón de ser, polo que se lle pediu a Dirección que tomara medidas e que investigara o acontecido para que non volva a pasar.
Agardecemos os pais que nos trasladan estas queixas e pedimos a todos aqueles que teñan información a través dos fillos e fillas de estes feitos, nos fagan chegar o se comentario a:
anpa.ameneiro@gmail.com
martes, 17 de enero de 2012
Vieiro forma a los jóvenes para hacer frente a las drogas
Máis dun milleiro de alumnos de catro institutos participan nesta iniciativa
Un ano máis, a asociación antidroga Vieiro entra en varios institutos da comarca para proporcionar aos mozos a información necesaria para escapar das garras da droga. Catro psicólogas, Carmen Barreiro Couto, África Alberti de Mais, Carmen Lama Xesto e Susana Recarey Eirís, encárganse de impartir nos institutos Monte Neme, Alfredo Brañas, Isidro Parga Pondal (de Carballo) e Agra de Leborís (da Laracha) as sesións do programa de Habilidades Sociais de Vida.

martes, 10 de enero de 2012
AGUARDAMOS QUE OS SEA DE UTILIDAD:
http://www.revista.universidaddepadres.es/
martes, 3 de enero de 2012
Convenio para prácticas de alumnos del IES Monte Neme
O goberno carballés deu conta na súa reunión de onte da firma dun convenio de formación en centros de traballo que permitirá a un alumno do instituto Monte Neme realizar prácticas de xestión administrativa no Concello durante un prazo de tres meses. Tamén foi aprobado o terceiro Plan de Igualdade de Oportunidades.
.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)