viernes, 7 de enero de 2011

PROGRAMA DE PREVENCION ESCOLAR - HABILIDADES SOCIAIS DE VIDA

O día 10 de Xaneiro, a ASOCIACION VIEIRO, dentro do PROGRAMA DE PREVENCION ESCOLAR iniciará por 10º ano consecutivo nos I.E.S. de Carballo: Isidro Parga Pondal, Alfredo Brañas, Monte Neme e Colexio Artai, así como no I.E.S Agra de Leboris de LARACHA o programa: HABILIDADES SOCIAIS DE VIDA, así como o de Educación afectivo sexual elaborado polo Departamento de Psicoloxía Clínica da Facultade de Psicoloxía de Santiago e destinado a 1.260 alumnos entre 12 e 17 anos comprendidos nos cursos 1º, 2º, 3º, 4º de ESO, Diversificación Curricular e Garantía Social, sendo as clases con periodicidade semanal cunha duración de 55 minutos cada unha durante de 3 meses.

As sesións serán impartidas por 4 psicólogas: Susana Recarey Eiris, Africa Alberti, Carmen Lama Xesto e Carmen Barreiro Couto. O programa dirixido a alumnos dos citados Institutos exponse como obxectivo principal o desenvolvemento de Habilidades Sociais de Vida onde se traballa a través de talleres: a auto imaxe, resistencia á presión de grupo, como afrontar ansiedade, como enfrontarse aos problemas de forma non agresiva, establecer relacións saudables, manexar situacións sociais, tomar decisións positivas, dicir non ao tabaco, ao alcol e outras drogas, destacando así mesmo as seguintes materias:

IDENTIDADE PROPIA 
 RESOLUCION DE CONFLITOS
CONTROL EMOCIONAL
NOVAS TECNOLOXIAS
TABACO-ALCOL-CANNABIS
HABITOS SAUDABLES
SEXUALIDADE
IGUALDADE
OUTRAS SUSTANCIAS
PUBLICIDADE

A ASOCIACION  VIEIRO, agradece profunda e sinceramente a excelente disposición atopada en todos estes Institutos, así como as facilidades dadas por equipos directivos e profesorado para poder levar a cabo un programa tan importante como o apuntado e destinado a un colectivo de alto risco.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario