viernes, 21 de enero de 2011

CARTA ENVIADA A ANPA DA FEDERACION ECOLOXISTA GALEGA


) ) ) ) ) ) ) Wi-Fi nas aulas? Internet mellor por cable 
ESTIMADOS/AS PAIS E NAIS DOS ALUMNOS DE 5º DE PRIMARÍA E 1º DE ESO, ASÍ COMO DE DEMAIS ALUMNOS/AS DO CENTRO ESCOLAR
A Federación Ecoloxista Galega (integrada por ADEGA, ADENCO, APDR, Asemblea do Suído,Colectivo Ecoloxista do Salnés, Coto do Frade, Guerrilleiros das Fragas, Grupo Naturalista Hábitat,Luita Verde, MEL, Asociación Ecoloxista Naturviva, Néboa, Niño do Azor, Oureol, Vaipolorío, VerboXido, Verdegaia, Xevale), con Apartado de correos 949 (15780-Santiago de Compostela), enderezoelectrónico: feg@federacionecoloxista.org e páxina Web: http://www.federacionecoloxista.org
En vista de que o Proxecto Abalar xa está en marcha, dirixímonos a vostedes, implicados nos centros de ensino dos seus fillos/as, para poñer no seu coñecemento a problemática situación que supón o feito de incluír a instalación de conexións sen fíos a internet por Wi-Fi nas aulas, obviando o “Principio de Precaución” proposto polo Parlamento Europeo na súa Resolución de 2 de Abril de 2009.
O Proxecto Abalar, que inclúe o Plan estatal Escola 2.0, prevé dotar dun ordenador portátil aoalumnado, colocar en cada aula unha pantalla dixital e instalar dentro da mesma un ou varios nodos Wi-Fi emisores de radiacións de microondas pulsantes para conectar a Internet os ordenadores. Durante este curso académico comezaría unha primeira fase de implantación, nos centros seleccionados, nas aulas de 5º de Primaría e 1º da ESO. Xa neste momento está feita a adxudicación provisional a unha empresa da instalación do sistema emisor de Wi-Fi. A nosa preocupación, que non xorde por consideracións educativas ou tecnolóxicas, fundaméntase exclusivamente nas consecuencias para a saúde do alumnado, en especial de primaria e do persoal docente e auxiliar que, coa conexión sen fíos a internet, veríanse expostos/as de cotío á contaminación electromagnética das radiacións de microondas ao longo de toda xornada lectiva no curso escolar, cos consecuentes efectos acumulativos. Emisións electromagnéticas que Resolucións do Parlamento Europeo chaman a limitar e minimizar, especialmente en grupos de risco como a infancia e a mocidade.
Aínda que na fase inicial de Abalar o alumnado máis exposto serían o alumnado de 5º de Primaria e 1º de ESO, a contaminación do sistema Wi-Fi, pode afectar a outras aulas e recintos do centro escolar (bibliotecas, comedores, corredores, zonas de recreo e, nalgún centro, tamén ás aulas de preescolar). Proliferación que estenderíase nas seguinte fases do proxecto.
A conexión a Internet mediante a instalación de redes de cableado de cobre ou fibra óptica, como recoméndase dende distintas institucións e administracións como o Ministerio Federal Alemán de Medio Ambiente, non exporía de cotío ao alumnado nin traballadores ás radiacións das redes inalámbricas Wi-Fi, senón que ademais proporcionaría mellor cobertura e evitaría os problemas de interferencias e de seguridade da información propias do Wi-Fi.
AUTONOMÍA DE CADA CENTRO: En recente entrevista con responsábeis do Ministerio de Educación, lémbrase a capacidade de decisión de cada centro a traveso do seu Consello Escolar.
Nas seguintes páxinas presentámosvos informacións, reflexións e propostas a considerar antes de decidir a implantación do Wi-Fi nos centros dos vosos fillos/as, para ter en conta polos distintos axentes sociais implicados no Consello Escolar.
INFORME:
I.- CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA E SAÚDE: CHAMADAS DE ALERTA DENDE A COMUNIDADE CIENTÍFICA.
II.- O DEBATE XERAL SOBRE OS CAMPOS ELECTROMAGNÉTICOS E A IMPLANTACIÓN DE SISTEMAS SEN FÍOS COMA A WI-FI.  A NIVEL INTERNACIONAL.  E A NIVEL ESTATAL?.  E A NIVEL GALEGO?.
III.- ALTERNATIVAS AO WI-FI.
IV.- A AUTONOMIA DOS CENTROS DE ENSINO.
V.- PROPOSTAS PARA REFLEXIONAR.

I.- CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA E SAÚDE:
CHAMADAS DE ALERTA DENDE A COMUNIDADE CIENTÍFICA De que riscos potenciais estamos a falar:
  • O Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade Politécnica de Valencia:
  • Describe como efectos non térmicos asociados aos Campos Electromagnéticos (CEM) de Radiofrecuencias e microondas (telefonía sen fíos, Wi-Fi, ...): “Transformacións celulares cromosómicas e xenéticas, efectos sobre o sistema hematopoético, cambios no ritmo cardíaco e da tensión arterial, alteracións endócrinas e neuro-endócrinas, efectos sobre a audición, variacións no comportamento, alteracións electroencefalográficas” A estes habería que sumarlles os descritos en centos de estudos científicos na ampla bibliografía médica que describen efectos potenciais de exposición a corto prazo (déficit de atención, hiperactividade, irritabilidade, problemas de concentración e memoria, prurito, molestias oculares, dermatites, dores musculares, cefalea, insomnio, …) e a longo prazo cando a exposición se mantén no tempo (electrohipersensibilidade, síndrome de fatiga crónica, depresión, fibromialxia, arritmias, problemas cardíacos, epilepsia, autismo, Alzheimer, Párkinson, infertilidade, problemas hormonais, leucemia e cancros diversos). Estes efectos non térmicos son descritos na literatura científica en valores moito máis baixos dos establecidos na normativa estatal, baseada exclusivamente nos efectos térmicos.
  • Recomenda coma accións correctoras para diminuír a súa exposición: “Reducir o tempo de exposición, Manter as fontes emisoras apagadas e desconectadas da rede eléctrica mentres non se utilizan, Evitar a realización de actividades de duración prolongada en zonas próximas as fontes xeradoras das emisións de RF e MO, Establecer unha distancia de seguridade entre as fontes emisoras e o receptor .. “
  • Decembro de 2009: por 1ª vez un Tribunal Laboral (Tribunal de Traballo de Brescia) recoñece, en base á epidemioloxía, unha enfermidade de orixe profesional (tumor benigno do nervio acústico) por vínculo causal coa exposición (irradiación) profesional aos CEM de tecnoloxías inalámbricas (por uso intensivo de teléfono móbil e inalámbrica no posto de traballo durante máis de 10 anos). Declaracións e estudos científicos:
  • Dende 1998: Conferencias e declaracións médicas e científicas de todo o mundo, na liña do principio ALATA (tan baixo como a técnica permita), chaman a aplicar o principio de precaución con límites e criterios máis restritivos ante a abrumadora evidencia dos efectos non térmicos da radiación non ionizante a tódalas frecuencias: 1998: Viena; 2000: Salzburgo, Roccaraso; 2002: Alcalá de Henares, Catania, Friburgo, 2004: Bamberg, Maintal; 2005: Lichtenfels, Helsinki, Haibacher, Pfarrkirchner, Freienbach, Lichtenfels, Hof, Oberammergau, Coburg; 2006: Benevento, Bodensee; 2007: Londres, Venecia; 2008: Servan- Schreiber, Herberman, RNCNIRP (Rusia); 2009: París, Porto Alegre, RNCNIRP (Rusia), 2010: Copenhague.
  • Marzo 2001: OS EFECTOS FISIOLÓXICOS E MEDIOAMBIENTAIS DA RADIACIÓ ELECTROMAGNÉTICA NON IONIZANTE, Informe para o Parlamento Europeo STOA panel do Dr. Hyland, Universidade de Warwick (Reino Unido) e Instituto Internacional de Biofísica (Alemaña).
  • Menciona a potencialidade dos CEM a influír entre outras na función cerebral, o sistema neuroendocrino, na permeabilidade da barreira hematoencefálica, nas concentracións de calcio das células e na integridade de conexións ións - proteínas.
  • Propón: aplicar o principio de cautela na liña retomada posteriormente polo Parlamento Europeo nas Resolucións de 2008 e 2009. En abril do 2004 o Dr. Hyland anunciou resultados dun estudo con infantes onde constata que as microondas xeradas polo móbil penetran profundamente no seus cerebros e que cunha conversación de so 2 minutos se pode modificar a súa actividade eléctrica natural durante unha hora despois de haber colgado.
  • Maio 2004: O PROXECTO REFLEX, estudo multicéntrico “in vitro” da Comisión Europea (12 centros de investigación de 7 estados europeos dende 2000 a 2004), conclúe que a exposición continuada aos campos electromagnéticos (CEM) PROVOCA EFECTOS XENOTÓXICOS (danos ao ADN e efecto mutáxeno) incluso por debaixo dos niveis legais actualmente autorizados. Isto que supón?: coñecer un potencial perturbador dos efectos non térmicos, efectos non contemplados nos límites establecidos na nosa normativa estatal. En Francia o Dr. Richard Gautier, membro do Comité Científico Francés de Campos Electromagnéticos elaborou un diagrama cos mecanismos vinculados á exposición dos CEM e de cómo poden afectar a nosa saúde. En Finlandía, a Autoridade Nacional para a Seguridad Nuclear e Radiación de Helsinki (STUK), emitió un diagrama na mesma liña na valoración do estudo Reflex.
  • 2005: O Observatorio Europeo de Riscos da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo recolle na súa Previsións de Expertos entre os principais RISCOS EMERXENTES FÍSICOS, á exposición aos CEM de alta frecuencia (telefonía móbil, Wi-Fi, …).
  • Agosto 2007: Estudo do grupo BIOINITIATIVE, nunha revisión internacional de máis de 1.500 estudos científicos coa colaboración da Axencia de Medio Ambiente:
  • Documenta: Que as evidencias suxiren efectos biolóxicos e impactos na saúde que poden ocorrer e de feito ocorren a niveis mínimos de exposición, niveis que poden estar miles de veces por baixo dos límites públicos de seguridade actuais. Os CEM de radiofrecuencia ou microondas poden considerarse xenotóxicos (dano ao ADN das células) baixo certas condicións de exposición, incluíndo niveis de exposición por baixo dos límites de seguridade existentes. Que niveis moi baixos de exposicións poden levar ás células a producir proteínas do estrés, recoñecen as exposicións a estas emisións como daniñas e cunha evidencia substancial de que estas emisións poden causar reaccións inflamatorias e alérxicas, e cambiar as funcións inmunes normais nos niveis permitidos polos actuais valores límite de seguridade.
  • Conclúe: as probas actuais, aínda que limitadas, son suficientemente sólidas para considerar os LÍMITES DE PROTECCIÓN (establecidos pola O.S.F.C.C. e o I.C.N.I.R.P. -referentes da nosa lexislación estatal-) coma NON SEGUROS, e inadecuados para protexer a saúde pública.
  • Reclama a necesidade de dispor de límites máis estritos á exposición aos CEM: establecendo un valor límite de precaución de 0.1 μw/cm2 na exposición exterior (< de 0,01 μw/cm2 en interiores) “nos lugares ónde a cidadanía vive, traballa, e va á escola”, limitar o uso do móbil en menores de 18 anos, evitando a exposición a antenas de telefonía móbil nos arredores de centros de ensino, así como vetando as instalacións de Wi-FI nas aulas, garderías e os centros de lecer. Isto que supuso?:
  • A Resolución de 2008 do Parlamento Europeo chamando a establecer unha normativa de valores límite moito máis estrita (coma as xa iniciadas en outros estados ou comunidades), e recoñecendo a insuficiente protección, especialmente en grupos sensíbeis. A Resolución de 2009 do Parlamento Europeo demandando medidas para reducir ao mínimo a exposición aos CEM recoñecendo o risco potencial das tecnoloxías sen fíos.
  • O MAIOR CONSENSO sobre o principio de cautela a nivel europeo ante a contaminación electromagnética, recollido nas dúas resolucións mencionadas (ver cuadro).
  • Setembro 2007. A Axencia Europea de Medio Ambiente apoia ao informe Bioinitiative: "Existen numerosos exemplos no pasado que por non utilizar o principio de precaución, conduciron a serios prexuízos, e a miúdo irreversibles, sobre a saúde e sobre o medio ambiente. Débense adoptar desde agora medidas efectivas e proporcionadas de precaución, sabias e prudentes, para evitar ameazas futuras sobre a saúde plausibles e potencialmente serias derivadas dos Campos Electromagnéticos. Debemos recordar que a precaución é un dos principios da política ambiental da Unión Europea".
  • Xuño de 2008. ESTUDO “IN VIVO” CON RATAS, expostas a microondas pulsantes (coma as dos móbiles, Wi-fi, …) en 4 grupos de ratas (1 como grupo control), durante 18 meses (equivalente ao 70 % da súa vida). Tese de doutoramento do Dr. Dirk Adang, baixo a dirección do catedrático Dr. André Vander Vorst (Universidade Católica de Louvain-A-Neuve, Bélxica): o Constata entre outras, unha resposta inmunitaria (aumento dos monocitos) a esta “agresión externa”, evidentes perdas de memoria aos 15 meses e o dobre da mortalidade. o Na súa sorpresa polos resultados o Dr. Vander Vorst, experto en bioelectromagnetismo de recoñecemento internacional e asesor do Consello Superior de Saúde Belga, indica que aínda que os resultados non poden extrapolarse sen máis aos humanos, require que os gobernos teñan en conta o potencial prexuízo contra a saúde con normas máis estritas.
  • 2007, 2010: PROXECTO INTERPHONE, estudo multicéntrico de telefonía móbil da OMS.- A Coordinadora do Proxecto Interphone: Dra. Elisabeth Cardis, recomenda dar “prioridade aos teléfonos fixos" en nenos (2008) e afirma “que temos unha serie de elementos que suxiren un posible aumento do risco entre os usuarios que utilizan frecuentemente o móbil; e dado que os usuarios que no noso estudo utilizaban máis frecuentemente o móbil hoxe poderíaselles considerar como usuarios de baixa utilización, creo que isto debería preocuparnos” (2010) o A coordinadora do grupo israelí de Proxecto Interphone: Dra. Siegal Sadetzki, declara que “xa pasou o tempo, cando se podería dicir que esta tecnoloxía non causa dano; segundo parece é prexudicial para a saúde" … "os teléfonos móbiles xa están aquí, teñen vantaxes e agora temos que aprender a utilizalas con sabedoría" (2007), aconsellando a nais e país á reflexión sobre cando e como usar o móbil insistindo en medidas como as anunciadas polo Appel de 20 experts internationaux concernant l'utilisation des téléphones portables. “Algúns dos resultados mostran con certa consistencia … un maior risco entre os usuarios máis frecuentes, o feito de que os riscos eran máis altos no lado da cabeza en que o teléfono foi utilizado normalmente e que os tumores atopábanse no lóbulo temporal do cerebro, que é o máis próximo á orella”. “Os datos non son o suficientemente fortes para unha interpretación causal, pero son suficientes para apoiar as políticas de precaución” (07.06.2010 en www.mundoejecutivo.com.mx que alude á investigación publicada no American Journal of Epidemiology no 2007)
  • 2010: REEVALUACIÓN DO ESTUDO INTERPHONE dos investigadores Lloyd Morgan (Universidade de Berkeley, California); Dr. Michael Kundi (Instituto de Saúde Medioambiental da Universidade de Viena, Austria) e Michael Caldberg (Dpto. de Oncoloxía, Hospital Universitario de Orebro (Suecia): LL. Morgan sinala que "por cada ano que unha persoa usa o teléfono móbil, o risco [de padecer meninxiomas] aumenta un 24%", "por cada 100 horas de uso de teléfono móbil, o risco de que aparezan meninxiomas aumenta o 26%". "O que descubrimos indica que vai haber unha gran pandemia de tumores cerebrais a non ser que se alerte á poboación e anímella a cambiar o uso que realizan hoxe en día da telefonía móbil", "... demóstrase que o risco real é maior que o que se presentou inicialmente”polo que invita a que "os teléfonos móbiles mantéñanse afastados sempre da cabeza e o corpo" (2010). As conclusións desta reevaluación van na liña dos meta-análises de Hardell en 2008 (“cadro persistente dunha asociación entre o uso de teléfonos móbiles e o glioma ipsilateral e o neuroma acústico nun período de latencia de 10 anos”), de Vini G. Khurana (2009), de Yueh-Ying Han (2009), de J. Moskowitz (2009). Este último, director do Centro de Saúde Familiar e Comunitaria da Facultade de Saúde Pública da Universidade de Berkeley en California, sinalou que "claramente hai un risco" e que “parece haber evidencia que suxire que é mellor ter coidado con isto, sobre todo cos nenos …”
  • MAIOR VULNERABILIDADE NA INFANCIA E MOCIDADE aos efectos potenciais destas tecnoloxías sen fíos coma no uso do teléfono móbil: son múltiples as chamadas a cautela dende institucións sanitarias a nivel mundial lembrando: - A maior penetración no cranio, - Os órganos en desenvolvemento, - Os efectos acumulativos: maior risco potencial en exposición precoz. Isto súmase á súa vulnerabilidade á presión publicitaria e grupal (tendencias aditivas). Ao menos 1 de cada 3 menores afirman desenvolver intranquilidade e ansiedade cando ten que prescindir do móbil (Defensor del menor en la Comunidad de Madrid, 2005) Entre os galegos e galegas de 10-15 anos acrecentou a tenencia de móbil dun 48,83% en 2004 a un 64,4% en 2007. (INE)RESOLUCIÓNS DO PARLAMENTO EUROPEO (2008 e 2009): O MAIOR CONSENSO NO PRINCIPIO DE PRECAUCIÓN AOS CAMPOS ELECTROMAGNÉTICOS (CEM) NO ÁMBITO EUROPEO
  • Recoñece que “a tecnoloxía dos dispositivos sen fíos (teléfono móbil, Wifi-Wimax-Bluetooth, teléfono de base fixa «DECT») emite CEM que poden producir efectos adversos para a saúde humana”, constatando “que os límites de exposición aos campos electromagnéticos establecidos para o público [como os estándares actuais da nosa normativa estatal] son obsoletos ….. e non abordan a cuestión dos grupos vulnerables, como as mulleres embarazadas, os recen nados e os nenos”
  •  Solicitan entre outros: “… valores límite de exposición máis esixentes para todos os equipos emisores de” CEM “… con especial atención aos efectos biolóxicos”. Valorar outras alternativas cunha “guía das opcións tecnolóxicas dispoñibles e eficaces para reducir a exposición dun lugar aos CEM”, “… favorecer solucións baseadas no diálogo” para “… garantir polo menos” que nas proximidades a “escolas, garderías, residencias de anciáns e centros de saúde” non se instalen antenas base de telefonía móbil nin liñas de alta tensión” e “… reducir ao mínimo a exposición” Estudo dos aparatos domésticos inalámbricos que, como o «WIFI» e o teléfono fixo inalámbrico «DECT» ante a exposición xeneralizada a “unha emisión continua de microondas” “…un uso razoable do teléfono móbil e un uso preferente do teléfono fixo …” “… para os nenos” , suxerindo “unha campaña xeral de sensibilización dos mozos europeos en materia de boas prácticas no uso do teléfono móbil como, por exemplo, usar dispositivos de mans libres, realizar chamadas curtas, apagar os teléfonos cando non se utilicen (por exemplo, durante as clases) e usar o teléfono móbil en zonas con boa cobertura” [evitar en bus, tren, coche, ...), e denunciando “determinadas campañas de comercialización dalgúns operadores de telefonía particularmente agresivas con ocasión das celebracións do Nadal e outras datas sinaladas, como a venda de teléfonos móbiles destinados exclusivamente aos nenos ou as ofertas de “minutos libres» dirixidas aos adolescentes;” “ … o recoñecemento da hipersensibilidade eléctrica como unha discapacidade, co fin de garantir unha protección adecuada e igualdade de oportunidades ás persoas que a sofren;”
  • “Manifesta a súa profunda preocupación polo feito de que” “as aseguradoras europeas xa están aplicando a súa propia versión do principio de cautela” na súa tendencia “a excluír a cobertura dos riscos vinculados aos CEM das pólizas de responsabilidade civil”. Resolución do Parlamento Europeo, 04.09.08 (522 votos a favor e 16 en contra), sobre a “Revisión Intermedia do Plan de Acción Europeo sobre Medio Ambiente e Saúde 2004-2010” Resolución do Parlamento Europeo de 02.04.09 (559 votos fronte a 22 e 8 abstencións) “Sobre as consideracións sanitarias relacionadas cos campos electromagnéticos”
 EN CANTO AO WI-FI, aínda que preséntase as radiacións dun nodo Wi-Fi como moi baixas (100 mW) en comparación coas máximas que consigue un teléfono móbil para conectar coa súa antena (2W), medicións realizadas no Reino Unido e Canadá e difundidas en programas de xornalismo de investigación nas cadeas televisas da pública británica BBC (21.05.07) ou na Global News de Canada (17.10.10), mostran picos nos niveis de radiación moi superiores aos esperados, cando na proximidade de corpos e cabezas dos nenos/as súmanse as emisións dun ou varios nodos ás dos propios portátiles do alumnado especialmente nos momentos de descarga (picos de radiación ausentes nas mediacións oficiais ao presentarse cifras de medias), interactuando cos nodos como un móbil coa súa antena. O problema fundamental son os niveis de inmisión de microondas pulsátiles aos que estamos expostos (telefonía inalámbrica, wi-fi, ...), o tempo de exposición e os grupos máis sensíbeis (recen nados, mulleres embarazadas, infancia, mocidade, vellez, patoloxías previas).
- En moitas empresas e colexios O FOCO DE EMISIÓN ESTÁ MOI PRETO DO CORPO E ESPECIALMENTE DO CEREBRO do neno/a, adolescente ou adulto nunha exposición horaria continua e ampla en ámbitos laborais ou escolar.
- A EXPOSICIÓN CONTINUA nestes ámbitos somete ao corpo a un EFECTO ACUMULATIVO con efectos biolóxicos detectados dentro dos límites legais ata en potencias moi baixas (ata con 0,02 μw/cm2), cuns perigos potenciais a longo prazo, especialmente en grupos vulnerábeis como a infancia e a mocidade (maior penetración no cranio, órganos en desenvolvemento, maior risco potencial en exposición precoz).
- Ante a FALTA DE ESTUDOS A LONGO PRAZO e o coñecemento dun POTENCIAL BIOLÓXICO MOI ACTIVO (en grupos/persoas sensíbeis) o Informe Bioinititive en 2007, apoiado pola Axencia Europea de Medio Ambiente, demanda primar o cable desinstalando o Wi-Fi dos espazos de ensino, garderías, bibliotecas, de lecer; xa solicitado en 2005 polo Departamento de Saúde Pública do estado de Salzburgo en Austria. As resolucións do Parlamento Europeo (2008 e 2009), que apostan por reducir ao mínimo a exposición valorando as “opcións tecnolóxicas dispoñíbeis e eficaces”, están na liña recomendada polo goberno alemá de primar o cable sobre o Wi-FI. “Nestes momentos xa temos a suficiente información para saber que un Wi-Fi exposto durante moito tempo en persoas sensíbeis, como son os nenos, moi previsiblemente va a causar problemas, algúns deles quizás sexan banais como pode ser o baixo rendemento escolar ou trastornos do sono, pero algúns destes riscos a longo prazo non son banais e poden incidir en enfermidades coma a dor crónica, fatiga, ….”. Joaquín Ramón Fernández Solà (27-10-2010), especialista en Enfermidades Emerxentes do Hospital Clinic de Barcelona
 EN CANTO A ELECTROSENSIBILIDADE (EHS) o Síndrome das Microondas, está, coma outras
enfermidades ambientais emerxentes, nun progresivo recoñecemento:
- Segundo a Declaración de París de 2009 “Os efectos dos CEM sobre a saúde establecéronse a través da observación clínica dun gran número de investigacións toxicolóxicas e biolóxicas, así como a través dalgúns estudos epidemiolóxicos. A día de hoxe, en Europa, hai un número crecente de xente electro-hipersensible, persoas que desenvolveron unha intolerancia aos CEM”.
- A Resolución do 2009 do Parlamento Europeo pide no seu punto 28 “aos Estados membros que sigan o exemplo de Suecia e recoñezan como unha discapacidade a hipersensibilidade eléctrica, co fin de garantir unha protección adecuada e igualdade de oportunidades ás persoas que a sofren”. Suecia conta na actualidade con programas de axuda ás persoas electrosensíbeis na protección á exposición aos CEM, persoas que sofren de dores, fatiga, cansazo, perda de memoria, palpitacións, dificultade para respirar, insomnio, depresión, ….
- Estes efectos, acreditados pola OMS (que aínda non recoñece o nexo causal), son recoñecidos xunto a súa relación causal aos CEM por múltiples organizacións (gobernamentais coma a Health Protection Agency do Reino Unido ou o Comité Nacional da Radiación Non Ionizante da Federación Rusa, e profesionais coma a Academia Europea de Medicina Ambiental ou a Asociación Irlandesa de Médicos Ambientais ), nas declaracións científicas xa citadas (coma a de Alcalá de Henares) e  indicada en investigacións epidemiolóxicas coma a realizada en La Ñora (Murcia).
- Conforme ás estatísticas, cada ano son máis as persoas que sofren de EHS: en Suecia a incidencia pasou do 0,63% da poboación en 1995 ao 9% en 2004, e en Austria do 1,5% en 1995 ao 13.3% en 2003, segundo os científico suecos Örjan Hallberg e o austríaco Gerd Oberfeld, se o crecemento da EHS continúa ao ritmo actual, en 2017 sufrirao, con maior ou menor intensidade, a metade da poboación mundial.
NO DEBATE SANITARIO NON SE PODE DEMOSTRAR A INOCUIDADE:
Se ben, non se pode demostrar a inocuidade destas tecnoloxías (defendidas pola industria), o debate sobre o establecemento de límites de protección está lonxe de ser un tema pechado: Recentes Sentenzas do Tribunal Supremo de 6.04.10 e 24.04.10 (recursos da Sala 3ª: 6553/2005 e 4282/2006) parten do “feito de que este risco polos campos electromagnéticos procedentes de emisións radioeléctricas non pode ser considerado pechado desde unha perspectiva estritamente científica” recoñecendo, neste senso, a capacidade das administracións autonómicas e locais para fixar criterios mais proteccionistas que os establecidos na lexislación estatal.
II.- O DEBATE XERAL SOBRE OS CAMPOS ELECTROMAGNÉTICOS E A IMPLANTACIÓN DE SISTEMAS SEN FÍOS COMA A WI-FI COMO AFECTA A NIVEL INTERNACIONAL? Á crecente preocupación social pola incerteza sobre os riscos de saúde, súmase unha deficiente ou ausente regulación destas tecnoloxías que sométenos a súa exposición ao marxe do noso consentimento, cunha irradiación cada vez máis xeneralizada na nosa sociedade (día e noite) e cun maior número de emisores. Mentres a Comisión Europea (CE) e a OMS non actualizaron uns criterios que datan de fai 12 anos (reclamado, entre outras, pola Axencia Europea de Medio Ambiente e o Parlamento Europeo), son cada vez máis os países, rexións, comunidades autónomas e concellos que xa adoptaron normativas en base ao principio de cautela e a racionalización do despregue destas tecnoloxías: Na actualidade, numerosos Estados, comunitarios ou non, estableceron límites máis estritos de emisión de radiofrecuencias que a da Recomendación de 1999 dá CE (niveis criticados pola Axencia Europea de Medio Ambiente e o Parlamento Europeo, como obsoletos e non protectores especialmente dos grupos sensíbeis) ou noutro aspecto da protección fronte á radiación. Son case a metade dos membros da Unión Europea: Reino Unido, Italia, Suecia, Finlandia, Bélxica, Holanda, Luxemburgo, Lituania, Bulgaria, Polonia e Grecia. Fóra da Unión poden citarse Suíza, Liechtenstein, Canadá, Australia, Israel, Nova Zelandia, Rusia e China. A polémica nos medios sobre o uso dos sistemas Wi-fi iniciase co apoio da Axencia Europea de Medio Ambiente ao informe Bioinitiative e cos datos presentados no Reino Unido na investigación presentada no programa Panorama da BBC: con medicións tres veces máis potentes que as emitidas na proximidade dunha antena de telefonía móbil, polo que os seus potenciais efectos adversos
afectarían na mesma proporción. Mentres gobernos como o español e o galego implantan o Wi-Fi nas aulas (e prímase o despregamento caótico de antenas de telefonía sen actualizar límites de protección requiridos a nivel europeo), na maioría dos estados de noso entorno emprendéronse algunha medida na liña proteccionista esbozada nas Resolucións do Parlamento Europeo:
Alemaña: O goberno Federal Alemán recomendou primar o cable sobre o Wi-FI, para manter a exposición "tan baixa como sexa posible" tal e como defende dende o 2005 a Oficina Federal alemá para a Protección contra as Radiacións (DbF) A Oficina Federal alemá para a Protección contra as Radiacións (DbF) e a Academia Alemá de Pediatría e Medicina da Adolescencia (dende o 2001) defenden o uso racional da telefonía móbil na liña do Chamamento dos 20, chamando a “reducir ao mínimo a exposición á radiación dos nenos”. O concello de Frankfurt (capital financeira alemá) prohibiu a instalación de Wi-Fi nas escolas ata que non se demostre a súa inocuidade, un ano despois, o Parlamento de Baviera recomendou cambiar a conexión Wi-Fi a Internet nas escolas, a favor da do cable excluíndo riscos potenciais de saúde nunha poboación máis vulnerábel. En Colonia unha rede municipal está a cablear toda a cidade con fibra óptica ofrecendo unha alternativa óptima en termos de saúde e calidade tecnolóxica.O sindicato de ensinantes “Unión para a Educación e o Coñecemento” (GEW) situouse contra odespregamento do Wi-Fi nas escolas por motivos de seguridade. “Debido aos posíbeis efectos sobre o rendemento escolar, unha escola saudábel non só debe ser libre de fume, tamén debe permitir aos profesores e alumnos ensinar e estudar nun ambiente libre de radiación” Dende Decembro do 2000 a Academia Alemá de Pediatría e Medicina da Adolescencia demanda límites de exposición máis estritos aos CEM e aconsella a pais e nais restrinxir o uso do móbil nos seus fillos e adoitar precaucións adicionais nos nenos polos perigos potenciais asociados ao seu crecemento na liña da DbF.
Reino Unido: Dende o ano 2000 (informe Stewart) recomenda o uso racional da telefonía móbil (chamadas o máis curtas posíbeis e cun móbil de baixo SAR) e que os menores de 16 o utilicen so en emerxencias xustificándoo na maior vulnerabilidade na infancia e adolescencia. Na mesma liña defendida dende o ano 2000, o director da Axencia Británica para a Protección da Saúde, o profesor Sir William Stewart, presidente da Axencia de Protección da Saúde e ex conselleiro de varios gobernos británicos en temas de saúde, demanda investigar os riscos para a saúde das redes inalámbricas Wi-Fi, antes de continuar coa súa implantación, ante a ausencia de estudos a longo prazo e por unha evidencia cada vez maior da vulnerabilidade dos menores aos efectos potencialmente daniños da radiación de microondas. Varias escolas no Reino Unido retiraron o seu sistema Wi-Fi, para previr efectos adversos para á saúde, dado que no Reino Unido a maioría dos centros educativos teñen dende fai anos as súas redes informáticas conectadas por Wi-Fi, coa lóxica preocupación entre ensinantes (especialmente a Asociación Profesional de Ensinantes) e pais nais de alumnos/as.
Francia: A petición do Comité de Hixiene e Seguridade (CHS) da cidade de París a Biblioteca Nacional de  Francia, así como outras bibliotecas de París, substituíron o Wi-Fi por cable. Concellos como o normando de Hérouville-Saint-Clair, substituíu o Wi-Fi por conexións Ethernet nos seus centros de ensino apelando ao principio de precaución nos menores. Dous provincias da rexión de Rhone-Alpes, están instalando redes de fibra óptica en todo o seu territorio coma alternativa ao WiFi e WiMAX, e dar servizo por cable a toda a poboación (máis de un millón de habitantes, incluídas vivendas rurais, escolas, empresas, hospitais, etc.) O Concello de Lyon (3ª cidade de Francia despois de París e Marsella) desenvolve unha campaña institucional polo uso responsábel do móvil. O 12.07.10, na liña de protección aos menores á exposición a CEM, publícase a Lei que prohibe o uso dos teléfonos móbiles nas escolas infantís e centros de primaria e secundaria obrigatoria, prohíbe toda publicidade que promova o uso dun teléfono móbil por nenos menores de 14 anos, impón a mención ao SAR e das recomendación de uso de kit mans libres, ... No 2010, baixo o patrocinio do goberno francés 16 cidades francesas seleccionadas comezan a rebaixar de modo experimental a 0,1 μw/cm2 (4.500 veces menor ao seu límite legal) o límite de exposición a CEM das antenas de telefonía móbil proposto polo informe Bioinitiative.
Bélxica: No 2007 unha trintena de PEDIATRAS FLAMENCOS fan un chamamento de alerta ante a expansión descontrolada da irradiación por sistemas sen fíos (como o Wi-Fi e o móbil), demandando medidas restritivas e campañas informativas para limitar o seu uso e a súa exposición especialmente en menores de 16 anos e embarazadas. En Setembro do 2007 o Goberno Flamenco da federación belga lanza un "Aviso sobre o emprego do móbil aos nenos", dirixidas a pais e nais con 700.000 folletos repartidos. “Aínda que non estea establecido ao 100 %”, apela ao prexuízo potencial para a saúde dos nenos. En xuño de 2008, o catedrático Dr. André Vander Vorst profesor da Facultade de CC. Aplicadas da Universidade Católica de Louvain-A-Neuve, experto recoñecido en bioelectromagnetismo e asesor do Consello Superior da Saúde Belga, demanda de novo publicamente maiores restricións legais nas tecnoloxías inalámbricas na presentación dunha tese de doutorado. En novembro de 2008 o Ministro Federal de Desenvolvemento Sostible, Enerxía, Clima e a Protección dos Consumidores declara non autorizar teléfonos móbiles infantís por principio de precaución: “os nenos poden en efecto estar expostos … As restricións á exposición acumulativa dos nenos é ademais recoñecido como necesario por tódolos científicos,…” Consellos por un uso razoábel do móbil do Servizo Público Federal de Saúde pública, Seguridade Alimentaría e Medio Ambiente, 2010: recomendan limitar a exposición á radiación dos móviles segundo require o Consello Superior da Saúde belga (chamadas breves, primar SMS e o uso de mans libres e auriculares, limitando o seu uso en nenos a situacións de necesidade e cos criterios anteriores).
Italia: Por primeira vez un Tribunal Laboral (en recurso de apelación) no 2009, recoñece unha enfermidade como de orixe profesional (tumor benigno do nervio acústico) por vínculo causal coa exposición (irradiación) profesional aos CEM de tecnoloxías inalámbricas (uso intensivo de teléfono móbil e teléfono inalámbrico no seu posto de traballo durante máis de 10 anos)
Irlanda: Desde 2005, a Asociación Irlandesa de Médicos Ambientais (IDEA), considerando claramente demostrada a relación entre os síntomas da electrosensibilidade e a exposición aos CEM, e solicitan normas de seguridade máis estritas posibles na instalación e uso de calquera emisor CEM (incuíndo telefonía móbil, Wi-Fi, …) para protexer da súa exposición á poboación xeral e especialmente aos grupos máis vulnerables.
Austria: O Departamento de Saúde Pública do Estado Federado de Salzburgo recomenda as instalacións sen fíos nos centros de ensino e garderias, estado que mantén o 0,1 μw/cm2 coma límite de exposición a radiofrecuencias. O Colexio Médico de Austria recomendou non instalar redes Wi-Fi nos colexios e chama a aplicar o uso racional e cautelar da telefonía móbil creando un decálogo de uso.
Finlandia:  Na declaración de xaneiro de 2009 a Autoridade Filandesa de Radiación e Seguridade Nuclear, en base a vulnerabilidade infanto-xuvenil, aconsella a pais e nais restrinxir o uso dos nenos dos teléfonos móbiles dos seguintes xeitos: reducir e acortar chamadas, primar SMS, uso de mans libres e alonxando móbil do corpo, evitar chamadas con baixa cobertura.
Suiza: SWISSCOM (52% estatal) promove as redes de cable na escola pública coa fibra óptica gratis primando a conexión por unha rede LAN interna. A Oficina Federal Suíza de Saúde Pública (OFSP) avisa dos riscos do Wi-Fi no seu uso e de cómo limitarllos (desconexión, non aproximación, …)
Canadá: O campus da Universidade Lakehead de Ontario eliminou a conexión Wi-Fi por principio de cautela mantendo unha completa conexión a Internet a traveso de cable de fibra óptica. Nos derradeiros anos cada vez son máis os grupos de nais e pais que solicitan nos consellos escolares desbotar o Wi-Fi a cambio do cable O Concello de Thorold aplicou o principio de cautela derogando o contrato de cobertura Wi-Fi. O Departamento de Saúde Pública de Toronto recomenda "que os nenos, especialmente os nenos pre-adolescentes, usen o teléfono fixo sempre que sexa posíbel, mantendo o uso de teléfonos celulares para os propósitos esenciais soamente, o que limita a duración das chamadas de teléfono móbil e o uso de auriculares ou as opcións de mans libres, sempre que sexa posible." O Concello Escolar da cidade de Vancouver prohibiu en xaneiro de 2005 a instalación de antenas de telefonía móbil nun radio de 1.000 pés (305 metros) dos centros escolares (na liña proposta polo informe Bioinitiative).
Alghunas medidas proteccionistas noutros países: Israel (directrices do Ministerio de Saúde de para reducir a exposición aos teléfonos móbiles,especialmente para os nenos), Federación Rusa (limitacións e advertencias do Ministerio de Saúde e do Comité da para a Protección das Radiacións Non Ionizantes sobre o uso dos móbiles en menores), EUA (o Sindicato de Bibliotecarios Progressive Librarians Guild - insta a aplicar o criterio de precaución especialmente nas seccións infantís das bibliotecas, o Concello de Sebastopol desconecta o Wi-Fi público na cidade optando polo principio de precaución, o Instituto do Cancro de Pittsburgh aplica unha directiva proteccionista no uso do móbil)
E A NIVEL ESTATAL? Mentres Bélxica, Italia e Austria xa limitaron severamente o máximo permisible para as emisións de Wi-Fi e o goberno alemán está asesorando para que o público en xeral volva á banda ancha por cable; algúns gobernos autonómicos manteñen diferentes prácticas sobre o Wi-Fi nas aulas, por exemplo: En Extremadura, precursor do Proxecto Escola.2.0, mantén a conexión por cable cunha Rede tecnolóxica Educativa que dende o ano 2005 comezou a informatización das aulas en infantil, secundaria e bacharelato, coas vantaxes técnica do cable (en canto maior cobertura, ausencia de interferencias e seguridade dos datos) e de saúde (reducindo a exposición á contaminación electromagnética). No País Vasco, dentro do debate que estase a xerar na comunidade escolar e nas familias na implantación do proxecto Eskola 2.0, o Parlamento aprobou por unanimidade medir o nivel das radiacións electromagnéticas antes de implantar o Wi-Fi nos colexios, e atender as recomendacións internacionais. Os sindicatos ELA-STV e o STEE-EILAS solicitan primar o cable ante o Wi-Fi no ensino e polo menos 11 centros de ensino decidiron suspender a súa conexión Wi-Fi no curso anterior, para valorar a conexión a redes por cable ante a ameaza da súa obrigatoriedade, continuando no actual curso académico. O Concello de Basauri (Biscaia) anunciou que vai substituír aos poucos as redes inalámbricas de acceso a Internet, existentes nas Casas de Cultura por outras de cable ADSL. En 2010 o sindicato ELA-STV estende a campaña de primar o cable ante o Wi-Fi nas empresas. En 2008 o Concello de Aranguren en Navarra (7.000 habitantes) converteuse en operador ofertando a toda a comunidade unha a conexión a internet por cable de mellor calidade que o Wi-Fi e o Wimax. Mentres a Federación catalana de Ensino de CCOO, recolle queixas do profesorado ante os casos detectados de electrosensibilidade criticando que non se medira o impacto que poda ter sobre a saúde a exposición continuada aos CEM do Wi-Fi, o especialista en Enfermidades Emerxentes do Hospital Clinic de Barcelona, Joaquín Ramón Fernández Solà declarou que: “nestes momentos xa temos a suficiente información para saber que un Wi-Fi exposto durante moito tempo en persoas sensíbeis, como son os nenos, moi previsiblemente va a causar problemas, ….” En Castilla y León tamén se produciron mobilizacións veciñais e ecoloxistas a favor doutras alternativas de acceso a Internet fronte ao sistema Wi-Fi, paralizando un xulgado cautelarmente o despregamento das antenas Wi-Fi no casco histórico de León Mentres algunhas normativas autonómicas (Navarra –2002-, Castilla-La Mancha -2001-, Cataluña - 2001-, Castilla y León -2001-) e municipais (coma a recente de Leganés), recollen condicións ou límites de exposición ás radiofrecuencias máis proteccionistas que os marcados na normativa estatal, cinco grupos recen comprometéronse a crear no Congreso dos Deputados unha comisión que estude e loite contra os efectos da contaminación electromagnética (incluído primar o cable ó Wi-Fi).
E A NIVEL GALEGO? A nivel galego, encontramos que moitos centros de ensino xa contaban cunha conexión de rede por cable instalada. O Consello Escolar dun destes centros con cable, escollido no Proxecto Abalar, xa comunicou a Consellería de Educación a súa preferencia de conexión por cable polo principio de cautela proposto dende a Axencia Europea de Medio Ambiente e o Parlamento Europeo no 2009. O criterio de afastar as antenas de telefonía móbil dos centros de ensino da resolución do Parlamento Europeo do 2009 xa foi indicada pola CIG no 2002, e dende a comunidade científica tivemos chamadas a cautela no uso e implantación de tecnoloxías sen fíos: Dra. Elena López Martín, profesora e investigadora do Dpto. CC. Morfolóxicas da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago (entrevista en 2009), Dr. Ceferino Maestu, profesor e investigador da ETS de Enxeñeiros de Telecomunicación de Madrid (nas Xornadas de “Telefonía móbil e Saúde” en Pontevedra, 2009), Dr. José Carro Otero, catedrático da Facultade de Medicina de la USC e presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía Galega (entrevistas no 2006 e no 2008 –na Radio Galega- ), Dr. Claudio Gomez Perreta xefe de sección de Investigación en Saúde Pública no Hospital Universitario La Fe de Valencia (na Facultade de Psicoloxía de Santiago de Compostela, 2007). No 2008 a Federación de ANPA de Pontevedra apoiou a campaña de educación para saúde polo uso racional da telefonía móbil.
III.- ALTERNATIVAS AO WI-FI: O CABLE DESVANTAXES DO WI-FI NAS AULAS:
 DESVANTAXES TÉCNICAS: Son múltiples os informes coma o de José Manuel Riera Salís (E.T.S. de Enxeñeiros de Telecomunicación da Universidade Politécnica de Madrid) que conclúen coma desvantaxes da conexión por Wi-Fi: - “As Interferencias intrasistema e intersistema” - “A Cobertura e capacidade limitadas”. - “A Seguridade comprometida, aínda que os novos protocolos melloren neste aspecto”. Unha das desvantaxes máis recollidas que ten o sistema Wi-Fi é unha menor velocidade en comparación a unha conexión con cables, debido ás interferencias e perdas de sinal que o ambiente pode carrexar con “caídas” nas descargas. Aínda co cifrado, é inherentemente insegura no seu acceso a datos. Hai empresas (especialmente bancos) que desbotan as conexións sen fíos na rede externa e interna por motivos de velocidade e seguridade.
 DESVANTAXES NA PROTECCIÓN DA SAÚDE: Dende esta óptica a implantación do Wi-Fi nas aulas:
- Supón unha exposición innecesaria e continuada aos CEM á poboación infanto-xuvenil considerada máis vulnerábel, e do ámbito laboral (profesionais do ensino e persoal auxiliar).
- Fomenta unha maior proliferación e uso de dispositivos réplica de Wi-Fi nos fogares do alumnado, dada a desinformación do público en xeral sobre a electrocontaminación dos sistemas inalámbricos, a pesar das administracións europeas (estatais, rexionais ou locais) que xa advirten á súa poboación de que se prime o cable ante o inalámbrico. Ademais, as instalacións individuais de Wi-Fi adóitanse facer sen control algún (ninguén regula potencias nin o número de usuarios “on line”), sendo máis caótico aínda que o despregamento de antenas de telefonía. Calquera pode manipular a potencia e pode mercar por internet dispositivos wifi máis potentes, actualizacións que duplican a súa potencia, e amplificadores a 5 W. Este efecto multiplicador da proliferación de sistemas inalámbricos conduce a unha contaminación cruzada entre a veciñanza de consecuencias preocupantes.
VANTAXES DO CABLEADO NAS AULAS. A conexión a Internet e intranet por sistemas de cableado coaxial ou fibra óptica, aínda que requiran unha adaptación nas aulas, aportan maiores vantaxes:
a) Máis seguridade para a saúde:
E a mellor alternativa tecnolóxica dispoñíbel e eficaz para reducir a exposición dun lugar aos CEM,
na liña da Resolución do Parlamento Europeo de 2009.
b) Mellor solución técnica e de prestacións coma:
- Máis velocidade e estabilidade na conexión,
- Menor custo (a medio e longo prazo e a curto prazo nos centros que contan cunha instalación previa)
- Maior facilidade de mantemento
- Maior seguridade na protección de datos da rede.
c) Menor custo social a longo prazo, pola inclusión de determinados colectivos que poderían verse marxinados polos sistemas inalámbricos e as súas radiacións e pola ausencia do sufrimento persoal que pode supor para as persoas afectadas, tendo en conta experiencia de outros países europeos que comezaron antes no seu proceso de levar as TICs ás aulas. A implantación por cable da Rede Tecnolóxica Educativa Extremeña é unha mostra máis do nivel de prestacións e calidade do mesmo.
IV.- A AUTONOMÍA DOS CENTROS DE ENSINO
O derradeiro 02.09.10 membros da Plataforma Estatal Contra a Contaminación Electromagnética (que agrupa a asociacións veciñais, colectivos ecoloxistas, colectivos de persoas afectadas) tiveron un encontro con responsábeis do Ministerio de Educación manifestando a nosa preocupación e rexeitamento da instalación de antenas WiFi nas aulas a raíz do plan Escuela 2.0. Propúxose, na liña do “principio de precaución”, a substitución por redes de cableado e manter as infraestruturas de cable nos centros de ensino que xa o tivesen implantado. Neste encontro os responsábeis do ministerio lembraron que son as comunidades autónomas as que teñen a competencia en materia de regulación e que son os centros de ensino os que dispón de potestade para elixir o seu sistema de conexión a Internet.
V.- PROPOSTAS PARA REFLEXIONAR
1.-Solicitar por razóns de prevención da saúde, que as/vos responsables do seu centro, Consellería de Educación ou Entidades Titulares, presenten ao Consello Escolar, un informe técnico documentado sobre os efectos que pode causar a conexión por Wi-Fi no alumnado de 5º de primaría ou 1º de ESO, así como noutras zonas do recinto escolar, ou sobre a inocuidade deste sistema inalámbrico.
2.-Solicitar á Consellería de Educación a substitución do sistema inalámbrico de conexión a Internet por outro de cableado.
3.-Aproveitando esta conxuntura de sensibilización sobre o inalámbrico, invitámoslles a expor tamén as posibles medidas para fomentar unha correcta utilización da telefonía móbil e inalámbrica por parte do alumnado, no recinto e transporte escolar. (Ver folleto realizado en 2008 en colaboración coa Federación de ANPA de Pontevedra)
4.-Manterse informados, divulgar a información e participar nas campañas de defensa da saúde ante a instalación de dispositivos inalámbricos nos centros de ensino, e noutros ámbitos da vida cidadá onde os/as menores permanecen por longos períodos (bibliotecas, hospitais, parques e prazas, casas de cultura e, por suposto, nos nosos fogares).
Agradecemos ás ANPAS e directores/as dos centros de ensino a atención prestada, así como a
transmisión aos pais e nais destas solicitudes, con o ánimo de iniciar un amplo debate sobre a instalación de dispositivos inalámbricos e pódase chegar a unha decisión conxunta que priorice a protección da saúde. “Instamos ao principio de precaución non porque teñamos certeza de que é perigoso para a saúde, senón porque non podemos afirmar que é seguro. Canta evidencia é necesaria para previr un daño futuro?. É capacidade da sociedade decidir a canto está disposta a expor aos seus cidadáns ata tomar decisións sobre o tema”. Dra. Devra Davis, PhD, MPH Director, Center for Environmental Oncology at the University of Pittsburgh Institute. (“Seminario Internacional de Radiación Non-Ionizante, Saúde e Medio Ambiente”, Porto Alegre, Brasil 2009). Coma Federación Ecoloxista Galega quedamos a vosa disposición ante calquera consulta e colaboración.
Máis información:  Xulio Carmona Barros (986 84 76 70)
Aínda que recompilamos un avultado dossier de estudos científicos para argumentar a nosa xustificada alarma e advertencia, a cuestión é que non nos corresponde nin como asociación, nin como nais/pais, nin como profesores/as, etc. demostrar os potenciais efectos nocivos da exposición aos sistemas sen fíos.
Do mesmo xeito que na saída ao mercado dun medicamento ou adianto tecnolóxico, é a industria correspondente a que ten a obriga de garantir e demostrar sen sombra algunha a inocuidade do seu produto, máis aínda tratándose da saúde do alumnado.
Son as Entidades Públicas ou Privadas que decidan instalar este sistema de conexión inalámbrica as que deben garantir que a exposición continuada e a longo prazo a estas radiacións é segura para o alumnado en idade escolar.
As institucións que acepten instalar estes dispositivos, como responsábeis en última instancia da protección da saúde do alumnado, deberían levar seguimento da poboación exposta, podendo determinar e evitar, no seu caso, alteración da saúde e do rendemento intelectual e escolar, especialmente dos alumnos/as persoal docente e auxiliar das aulas máis directamente afectadas.

Agardamos que sexa do voso interese e agradecemos a difusión entre
nais/pais e toda a comunidade escolar.

Un saúdo,

Comisión Permanente

.

miércoles, 19 de enero de 2011

UNHA UNIDADE MOBIL, BUSCA DOADOREAS DE SANGUE NO I.E.S. "MONTENEME"

 Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada hoxe, entre as 10.00 e as 14.00 horas, no IES Monte Neme de Carballo. Os alumnos do instituto son habituais colaboradores, polo que reciben de forma periódica a visita do autobús.

Maior presenza
A fundación intensifica esta semana a súa presenza nos municipios coruñeses. Esta entidade mantén a mensaxe dos últimos anos e require unha media de 500 doazóns diarias, dos diferentes grupos sanguíneos, para atender a demanda dos centros asistenciais galegos que a necesitan.
O sangue non se fabrica, e os compoñentes sanguíneos caducan, polo que se require a súa renovación constante. O seu uso é imprescindible a diario para transfusións en numerosas intervencións cirúrxicas, e tamén para transplantes de órganos; para tratamentos de cancros como leucemia e outras doenzas sanguíneas; para atender necesidades de persoas que sufriron accidentes de tráficos e outras urxencias; ou para dar resposta ante a presenza de hemorraxias, entre os usos máis frecuentes.

Onte a situación das reservas era normal en todos os grupos sanguíneos, tanto nos máis habituais como os restantes, segundo un informe sobre este asunto da propia fundación sanitaria Centro de Transfusión de Galicia.

.

jueves, 13 de enero de 2011

XORNADA . ¿QUE LLES DIGO?

ASUNTO: XORNADA . ¿QUE LLES DIGO?
Estimados amigos:

Anunciámosvos que o día 12 de febreiro de 2011 (sábado) CONFAPA-GALICIA organiza unha Xornada na que trataremos sobre a dificultade que representa para moitas familias aplicar criterios educativos e en consecuencia a negativa de mozos e mozas a asumir algunha disciplina ou responsabilidade.

Co fin de axudarnos nesta complicada tarefa, contaremos coa presenza de PEDRO GARCÍA AGUADO, terapeuta, deportista de elite, referente para a mocidade pola súa capacidade de superación, presentador dos programas  HERMANO MAYOR e EL CAMPAMENTO de Cuatro TV, autor dos libros “mañana lo dejo” “dejarlo es posible” “Hermano Mayor”, nos que relata a súa loita para vencer as drogas e o alcol; e tamén nos acompañarán educadores sociais que ofrecerán saídas razoables a conflitos entre pais e fillos.
Podedes facer xa a inscrición devolvéndonos a ficha que vos achegamos ao fax 981 20 19 62, correo electrónico confapagalicia@yahoo.es (data límite de recepción até o día 9 de febreiro), independentemente de que nuns días recibades o programa definitivo.

DATA:       12 de febreiro de 2011

LUGAR:    Colexio Calvo Sotelo C/. Archer Milton Huntington, 24
                   A Coruña (Zona Escolar-Labañou)

HORARIO: Mañá: de 9,45 á 14 horas
                   Comida a cargo de CONFAPA
                   Tarde:    de 16:00 á 18:00 horas     

Podedes obter máis información a través da nosa páxina www.confapagalicia.es
Esperando a vosa asistencia, recibide un afectuoso saúdo.

Asdo..:                               
Virgilio Gantes Gómez
Presidente                                                  

 A Coruña a 10 de xaneiro de 2011.

martes, 11 de enero de 2011

ANTEPROXECTO DE LEI DE CONVIVENCIA E PARTICIPACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA

ANTEPROXECTO DE LEI DE CONVIVENCIA E PARTICIPACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA
(Borrador)



I

A convivencia nos centros docentes constitúe en todas as sociedades desenvolvidas un motivo de preocupación crecente, que non se circunscribe unicamente aos problemas que supón o mantemento da disciplina nas aulas, senón tamén ás relacións entre os propios alumnos, o que levou a tomar conciencia da gravidade que revisten fenómenos como o acoso escolar. Galicia non é allea a esta realidade, e o feito de que, con carácter xeral, a situación da convivencia nos centros docentes non alcance o nivel de deterioración que se rexistra noutros lugares non debería eximir aos poderes públicos de adoptar as medidas necesarias para propiciar un ambiente educativo que faga posible o pleno cumprimento dos fins da educación. A preocupación polos fenómenos de mala convivencia e de acoso escolar nos últimos tempos comeza a ser, tristemente, unha nova cotiá. Do mesmo xeito, existe unha demanda latente por parte dos profesionais da educación de recoñecemento do seu labor e de dotación de ferramentas que permitan atallar dun xeito inmediato e eficaz as eventuais condutas que atenten contra o normal desenvolvemento da actividade docente.

Consciente de todo isto, a Comunidade Autónoma pretende a través desta lei crear e reforzar os instrumentos xurídicos que permitan acadar e manter un clima de convivencia de calidade e que, simultaneamente, dignifiquen a profesión docente. Neste sentido, a Comunidade Autónoma galega ten atribuída no artigo 31 do Estatuto de Autonomía competencia plena sobre a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, consonte ao apartado 1 do artigo 81 da mesma, o desenvolvan, das facultades que atribúe ao Estado o número 30 do apartado 1 do artigo 149 da Constitución, e da alta inspección necesaria para o seu cumprimento e garantía, polo cal lle corresponde a responsabilidade, no marco da lexislación estatal citada, de regular a convivencia nos centros docentes e entre todos os membros da comunidade educativa.

A presente lei parte da convicción de que sen un ambiente de convivencia nos centros educativos baseado no respecto mutuo non é posible dar cumprimento aos fins da educación, nin permitir o aproveitamento óptimo dos recursos educativos que a sociedade pon a dispor dos alumnos e, por ende, das familias. Para conseguir este obxectivo é necesaria a implicación de todos os membros da comunidade educativa –nais e pais, profesores, persoal de administración e  servizos e alumnos-, así como da propia Administración educativa. A lei incide moi especialmente na corresponsabilidade das nais e pais ou titores en devandita tarefa, e por iso vincula a regulación da convivencia nos centros docentes ao establecemento de canles para a participación directa daqueles no ensino e no propio proceso educativo. Así mesmo, pretende recoller as lexítimas aspiracións do profesorado de ver recoñecida debidamente a súa función pola sociedade e os poderes públicos, de dispor das facultades necesarias para o mantemento da disciplina escolar e de recibir a protección xurídica necesaria para o exercicio das súas funcións.

II

A lei consta dun primeiro título no que se define o seu obxecto, ámbito de aplicación e principios informadores. De acordo co que se vén de dicir, o obxecto desta lei vincula a regulación das normas básicas de convivencia nos centros docentes coa participación directa das familias no proceso educativo. O seu ámbito de aplicación esténdese a todos os centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia. En canto aos principios informadores, diferéncianse os relativos ás normas sobre convivencia nos centros docentes dos relativos ás normas sobre participación directa das familias no proceso educativo.

O primeiro grupo de principios parte do obxectivo fundamental de garantir un ambiente educativo de respecto mutuo que faga posible o cumprimento dos fins da educación, e inclúe de xeito expreso a prevención e tratamento das situacións de acoso escolar mediante medidas eficaces, o recoñecemento ao profesorado e aos membros dos equipos directivos dos centros docentes das facultades precisas para previr e corrixir as condutas contrarias á convivencia, así como da protección xurídica adecuada ás súas funcións, e a corresponsabilidade das nais e pais ou titores no mantemento da convivencia nos centros docentes, que se concibe como un dos principais deberes que a aqueles lles corresponden en relación coa educación dos seus fillos ou pupilos.

O segundo grupo de principios aséntanse na participación de todos os sectores afectados na programación xeral do ensino polos poderes públicos que garante o apartado 5 do artigo 27 da Constitución Española, e que ofrece unha base constitucional sólida e xuridicamente incontestable á regulación pola lei de procedementos de consulta e participación directa das familias no ensino. Estes procedementos en ningún caso substitúen ás canles institucionalizadas de participación na mesma e no funcionamento e o goberno dos centros docentes previstas na lexislación educativa, vixente senón que abren novas vías de participación directa á comunidade educativa e, en especial, ás nais e pais, como primeiros responsables da educación dos seus fillos, nas decisións da Administración educativa, respectando a autonomía dos centros para desenvolver a programación xeral do ensino e a liberdade docente e pedagóxica do profesorado. A iso súmaselle o obxectivo de mellorar a comunicación entre o profesorado e as nais e pais, co fin de facilitar a estes o exercicio dos dereitos e o cumprimento dos deberes que lles corresponden en relación coa educación dos seus fillos.

III

O título segundo da lei ocúpase de definir os dereitos e deberes que, en relación co obxecto da mesma, corresponden aos distintos membros da comunidade educativa: nais e pais ou titores, alumnos , profesores e persoal de administración e  servizos . É preciso aclarar que en ningún caso se pretendeu formular unha enunciación completa dos dereitos e deberes de todos os membros da comunidade educativa, senón só destacar e, de ser o caso, desenvolver, aqueles dereitos e deberes que maior relación gardan co obxecto da propia lei. Así mesmo, no caso das nais e pais ou titores, engadíronse os dereitos especificamente relacionados coa finalidade da lei de posibilitar o establecemento de canles de participación directa no proceso educativo.

Mención separada merece o elenco de dereitos e deberes dos profesores, no que se plasma a intención da lei de satisfacer as demandas deste sector no que se refire a recuperar consideración social, a gozar dunha protección xurídica integral no exercicio das súas funcións e a dispor das facultades precisas para o mantemento da disciplina escolar. Como contrapartida, e froito da convicción de que nunha comunidade como a educativa os dereitos implican tamén responsabilidades, recóllense os deberes correspondentes, que estenden ao profesorado as esixencias de respecto mutuo nun marco de convivencia e lles impoñen un exercicio responsable das facultades que se lles atribúen, así como dispoñibilidade, nos termos que a normativa aplicable estableza, para a atención ás nais e pais ou titores dos alumnos.

IV

A parte máis extensa da lei é o seu título terceiro, estruturado en tres capítulos, que establece as normas básicas de convivencia nos centros docentes. Nun primeiro capítulo deste título establécense as disposicións xerais na materia, que inclúen, en primeiro lugar, a delimitación do contido do plan de convivencia e das normas de convivencia cos que, segundo a vixente lexislación xeral educativa, deben contar todos os centros docentes. En particular, no artigo dedicado a este tema abórdase a cuestión, que deu lugar a importantes polémicas educativas, da regulación da vestimenta dos alumnos, que se deixa á autonomía de cada centro en función da situación socioeducativa do mesmo, pero coa fixación duns principios que deben servir de orientación e límite á hora de establecer esa regulación.

Neste capítulo recóllese tamén o recoñecemento ao profesorado da condición de autoridade pública, que produce dous efectos legais: a extensión ao mesmo da protección do ordenamento xurídico que corresponde a tal condición e a atribución de valor probatorio aos feitos que os profesores constaten no exercicio das súas funcións de corrección disciplinaria e que se formalicen por escrito en documento que conte cos requisitos establecidos regulamentariamente. Así mesmo, atribúese aos profesores a facultade de requirir aos alumnos, dentro do recinto escolar e tamén durante a realización de actividades complementarias e extraescolares, a entrega de calquera obxecto, substancia ou produto que porten e que estea expresamente prohibido polas normas do centro, resulte perigoso para a súa saúde ou integridade persoal ou a dos demais membros da comunidade educativa, ou poida perturbar o normal desenvolvemento das actividades docentes, complementarias ou extraescolares. Desta forma, dótase ao profesorado dun réxime xurídico que reforza a súa protección legal e lle proporciona as facultades necesarias para o mantemento da disciplina escolar.

Conscientes da extensión de parte das condutas reprobables fóra das aulas, a lei contén a previsión de que poden ser obxecto de corrección disciplinaria non só as condutas contrarias á convivencia realizadas por alumnos dentro do recinto escolar, senón tamén as levadas a cabo durante a realización de actividades complementarias e extraescolares, incluída a prestación dos servizos de comedor e transporte escolar, así como as que se producen fóra do recinto escolar noutras situacións, sempre que estean motivadas ou directamente relacionadas coa vida escolar e afecten aos compañeiros ou a outros membros da comunidade educativa, e mesmo preocúpase por estender o ámbito de aplicación a aquelas condutas realizadas nun entorno tecnolóxico que transcende ao espazo físico. Isto permite dar resposta a preocupantes fenómenos como o acoso escolar, que non se desenvolven única nin fundamentalmente dentro dos centros docentes, aínda sendo clara a súa vinculación coa convivencia escolar

Incorpórase ao texto legal a obriga dos alumnos de reparar os danos materiais ou morais causados coas condutas contrarias á convivencia; obriga que debe entenderse como medida educativa no marco do proceso formación integral do alumno, polo que deixa a salvo o réxime de responsabilidade civil que poida derivarse de tales condutas.

V

Xa no capítulo segundo deste título terceiro abórdase a tipificación das condutas contrarias á convivencia e das medidas correctoras das mesmas, así como a regulación do procedemento para a súa aplicación.

En canto ás condutas contrarias á convivencia, a Lei procura precisar e modernizar a tipificación das condutas gravemente prexudiciais para a convivencia, engadíndose ao elenco actualmente aplicable a difusión por calquera medio de imaxes ou informacións que atenten contra o dereito á honra, a intimidade persoal e familiar e a propia imaxe dos demais membros da comunidade educativa, as actuacións que constitúan acoso escolar e portar calquera obxecto gravemente perigoso para a saúde ou a integridade persoal do alumno ou dos demais membros da comunidade educativa. Polo que se refire ás condutas leves contrarias á convivencia, a propia lei delimita algunhas delas que se aplicarán de xeito uniforme en todos os centros docentes, sen prexuízo da marxe que estes manteñen para a tipificación doutros supostos a través das súas propias normas de convivencia.

As medidas correctoras das condutas contrarias á convivencia apenas se modifican con respecto ao elenco actual, xa que a experiencia da súa aplicación práctica demostra que esa configuración é esencialmente acertada e operativa. No entanto, a lei inclúe tres novidades neste terreo. A primeira é a previsión, como complemento de devanditas medidas, da elaboración e desenvolvemento polo departamento de orientación de cada centro docente de programas de habilidades sociais dirixidos ao alumnado que incorra reiteradamente en condutas disruptivas, coa finalidade de mellorar a súa integración no centro docente, e tamén a aqueles alumnos que, como consecuencia da imposición das medidas correctoras previstas, se vexan temporalmente privados do seu dereito de asistencia ao centro. A segunda consiste en establecer criterios específicos de gradación das medidas, que inclúen o recoñecemento espontáneo do carácter incorrecto da conduta e, de ser o caso, o cumprimento igualmente espontáneo da obrigación de reparar os danos producidos, a existencia de intencionalidade ou reiteración, a difusión por calquera medio da conduta, a natureza dos prexuízos causados e o carácter especialmente vulnerable da vítima da conduta, se se trata doutro alumno, por razón da súa idade, recente incorporación ao centro ou calquera outra circunstancia. Para rematar, fíxanse prazos de prescrición claros que superan a regra actual de que as medidas correctoras prescriben á finalización do curso escolar.

É no procedemento de aplicación das medidas correctoras onde máis profunda é a reforma que esta lei leva a cabo. Nela combínase o principio de que estas medidas teñen un carácter educativo que se frustra se non existe inmediatez entre a súa aplicación e a conduta que se pretende corrixir, co imprescindible respecto dos dereitos e garantías de defensa dos alumnos. Así, prevese por unha banda, o procedemento aplicable no caso das condutas gravemente prexudiciais para a convivencia, que é un procedemento disciplinario con todas as garantías, aínda que caracterizado pola brevidade dos prazos e a axilidade da súa tramitación, ao cal se acompaña un sistema especial de reclamación en vía administrativa que substitúe aos recursos administrativos ordinarios. Por outra banda, regúlase a imposición das medidas correctoras das condutas leves contrarias á convivencia, onde as formalidades se reducen considerablemente, aínda que se mantén en todo caso a garantía que supón a audiencia previa ao alumno. Para rematar, de acordo coa idea inspiradora desta lei de que as nais e pais ou titores son corresponsables do mantemento da convivencia escolar, imponse a obrigatoriedade para estes da participación nos procedementos de corrección disciplinaria cando legalmente son convocados.

VI

O capítulo III do título III da lei contén unha novidade de gran calado: por primeira vez abórdase no plano lexislativo o tratamento das situacións de acoso escolar. Isto inclúe, para empezar, a definición destas situacións, que se leva a cabo de acordo cos criterios xeralmente admitidos pola comunidade pedagóxica e inclúe a problemática derivada do uso das novas tecnoloxías, ás que esta lei quere prestar unha especial atención. En segundo lugar, conságranse os principios de protección integral das vítimas e de primacía do interese destas no tratamento do acoso escolar, dirixidos especificamente a superar a práctica segundo a cal a única solución que admiten estas situacións é o traslado de centro docente da vítima, mentres os acosadores ven triunfar, en certo xeito, a súa actitude antisocial e contraria á convivencia.

Finalmente, disponse a incorporación aos plans de convivencia dos centros docentes de protocolos para a prevención, detección e tratamento das situacións de acoso escolar, que preverán a realización de campañas de sensibilización de todos os membros da comunidade educativa contra o acoso escolar, o establecemento de canles específicas que faciliten a exteriorización destas situacións polas vítimas e a determinación das medidas que se deben adoptar no caso de detección dunha situación de acoso escolar para pór fin á mesma. Entre esas medidas estará necesariamente a designación pola persoa titular da dirección do centro ou titular do centro concertado dun responsable da atención á vítima entre o persoal do propio centro docente, para garantir o dereito da mesma á protección integral que esta lei lle recoñece, sen prexuízo da intervención dunha mediación mais profesional no caso de que a situación presente unha gravidade especial.

VII

O cuarto e último título da lei aborda a regulación da participación directa das familias no ensino e no proceso educativo, deste xeito desenvolvese mediante un instrumento específico o mandato establecido no artigo 118 da Lei Orgánica de Educación para facer efectiva a colaboración entre a familia e a escola. Como xa se adiantou ao falar dos principios e fins inspiradores desta lei, neste título habilítase expresamente á Administración educativa para que poida establecer procedementos de consulta e participación directa das familias dirixidos a facer efectiva a súa implicación no proceso educativo, procedementos dos que os resultados poderán ter carácter meramente orientativo ou de, de sé lo caso, un maior grao de vinculación para a Administración e os centros educativos, e que, en todo caso, contarán coas garantías para a súa correcta realización que resulten esixibles de acordo coa finalidade e o carácter dos mesmos.

Convén aclarar varios extremos en relación con estes procedementos, para evitar calquera interpretación equivocada do seu significado e alcance. En primeiro lugar, a súa implantación é potestativa para a Administración educativa. En segundo lugar, o seu obxecto son sempre aspectos concretos do ensino, o que deixa a salvo a autonomía dos centros educativos para desenvolver esa programación xeral e, por suposto, a liberdade docente e pedagóxica do profesorado. En terceiro lugar, a súa natureza xurídica non se pode equiparar á dun referendo nin ao dunha simple enquisa de opinión, senón que é estritamente administrativa e procedimental; trátase dunha canle de participación directa dos cidadáns de acordo cos principios dunha Administración democrática e participativa.

Este título intenta tamén mellorar a participación das nais e pais ou titores no proceso educativo por outra vía, a de garantir a dispoñibilidade tanto dos profesores en xeral como dos membros dos equipos directivos dos centros docentes para a atención ás nais e pais ou titores dos alumnos. Con iso non se pretende impor novas obrigacións ao profesorado, senón dar resposta á demanda social de maior accesibilidade ao mesmo por parte das nais e pais ou titores, mediante unha distribución do horario semanal individual que coide de que as horas de atención ás nais e pais ou titores de todos os profesores, teñan ou non a condición de titores ou membros dos equipos directivos, sexan razoablemente compatibles coas obrigacións laborais e familiares dos primeiros.

VIII

Como disposicións adicionais inclúense algunhas medidas complementarias do resto das previsións desta lei. A primeira, recollendo de novo demandas do profesorado, contén un mandato á Administración educativa para que promova as medidas oportunas para garantir a adecuada protección e asistencia xurídica dos profesores dos centros docentes públicos, sen prexuízo do dereito do que xa gozan á representación e defensa en xuízo nos termos establecidos na normativa reguladora da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia. A segunda trata de fomentar a utilización xeneralizada nos centros docentes de medios electrónicos de comunicación coas nais e pais ou titores dos alumnos, no entendemento de que iso contribuirá a axilizar a comunicación entre ambas as partes e, por conseguinte, a mellorar a participación das nais e pais ou titores no proceso educativo dos seus fillos. Para acabar, a terceira disposición adicional prevé a adecuación do réxime dos membros dos equipos directivos dos centros docentes ás funcións, tarefas e responsabilidades que derivan da aplicación desta lei, e accións formativas específicas para o profesorado, dirixidas a preparalo para o exercicio das facultades e o cumprimento dos deberes que, en relación coa convivencia escolar, lle corresponden de acordo co novo texto legal.


Por todo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2 do Estatuto de Autonomía de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, de 23 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, promulgo en nome de El Rei a Lei de convivencia e participación da comunidade educativa.






Esta lei ten por obxecto regular as normas básicas de convivencia nos centros docentes comprendidos no seu ámbito de aplicación e a participación directa das familias así como do resto da comunidade educativa no ensino e no proceso educativo, en exercicio das competencias sobre regulación e administración do ensino atribuídas á Comunidade Autónoma de Galicia no seu Estatuto de Autonomía e en desenvolvemento da lexislación básica estatal sobre a materia.



O disposto nesta lei é de aplicación en todos os centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.



As normas sobre convivencia nos centros docentes establecidas nesta lei oriéntanse aos seguintes fins, que informarán a súa interpretación e aplicación:

a) A garantía dun ambiente educativo de respecto mutuo que faga posible o cumprimento dos fins da educación e que permita facer efectivo o dereito e o deber de aproveitar de xeito óptimo os recursos que a sociedade pon a disposición dos alumnos no posto escolar.

b) A prevención e tratamento das situacións de acoso escolar mediante medidas eficaces.

c) O recoñecemento ao profesorado e aos membros dos equipos directivos dos centros docentes das facultades precisas para previr e corrixir as condutas contrarias á convivencia, así como da protección xurídica adecuada ás súas funcións.

d) A corresponsabilidade das nais e pais ou titores no mantemento da convivencia nos centros docentes, como un dos principais deberes que lles corresponden en relación coa educación dos seus fillos ou pupilos.



As normas sobre participación directa das familias e, de ser o caso, dos restantes membros da comunidade educativa no ensino e no proceso educativo establecidas nesta lei oriéntanse aos seguintes fins, que informarán a súa interpretación e aplicación:

a) A participación de todos os sectores afectados na programación xeral do ensino polos poderes públicos que garante o apartado 5 do artigo 27 da Constitución Española e o artigo 118 da Lei Orgánica de Educación.

b) A regulación de procedementos de consulta e participación directa das familias, e, de ser o caso, doutros colectivos da comunidade educativa, no ensino, complementarios das canles institucionalizadas de participación na mesma e no funcionamento e o goberno dos centros docentes previstos na lexislación educativa.

c) A mellora da comunicación entre o profesorado e as nais e pais ou titores para facilitar a estes o exercicio dos dereitos e o cumprimento dos deberes que lles corresponden en relación coa educación dos seus fillos ou pupilos.





No marco do establecido pola lexislación básica de educación, os membros da comunidade educativa son titulares dos dereitos e deberes de convivencia e participación que se regulan neste título.



1. As nais e pais ou titores, en relación coa educación dos seus fillos ou pupilos, son titulares dos seguintes dereitos de convivencia e participación:

a) A estar informados sobre o progreso da aprendizaxe e integración socioeducativa dos seus fillos ou pupilos, para o que se lles facilitará o acceso ao profesorado e aos membros dos equipos directivos dos centros docentes.

b) A recibir información sobre as normas que regulamentan a convivencia nos centros docentes e a ser oídos, nos termos previstos por esta lei, nos procedementos disciplinarios para a imposición de medidas correctoras de condutas contrarias á convivencia dos seus fillos ou pupilos.

c) A participar no proceso educativo a través de consultas e outros procedementos de participación directa que estableza a Administración educativa.

2. Así mesmo, como primeiros responsables da educación dos seus fillos ou pupilos, teñen os seguintes deberes:

a) Coñecer, participar e apoiar a evolución do seu proceso educativo, en colaboración co profesorado e os centros docentes.

b) Coñecer as normas establecidas polos centros docentes e respectalas e facelas respectar, así como a autoridade e as indicacións ou orientacións educativas do profesorado no exercicio das súas competencias.

c) Fomentar o respecto por todos os compoñentes da comunidade educativa.

d) Colaborar cos centros docentes na prevención e corrección das condutas contrarias ás normas de convivencia dos seus fillos ou pupilos.



1. Recoñécense aos alumnos os seguintes dereitos básicos de convivencia escolar:

a) A recibir unha formación integral que contribúa ao pleno desenvolvemento da súa personalidade nun ambiente educativo de convivencia e respecto mutuo.

b) A que se respecten a súa identidade, integridade e dignidade persoais.

c) Á protección contra toda agresión física ou moral, e en particular contra as situacións de acoso escolar.

2. Son deberes básicos de convivencia dos alumnos:

a) Participar e colaborar na mellora da convivencia escolar e na consecución dun adecuado clima de estudo no centro, respectando o dereito dos seus compañeiros á educación.

b) Respectar a dignidade e funcións e orientacións do profesorado no exercicio das súas competencias, recoñecéndoo como autoridade educativa do centro.

c) Respectar a liberdade de conciencia, as conviccións relixiosas e morais, e a dignidade, integridade e intimidade de todos os membros da comunidade educativa.

d) Respectar as normas de organización, convivencia e disciplina do centro docente.

e) Conservar e facer un bo uso das instalacións e os materiais do centro.

f) A intervir, a través dos canles regulamentarios, en todo aquilo que afecte á convivencia dos seus respectivos centros docentes.



1. Aos profesores, dentro do ámbito da convivencia escolar, recoñécenselles os seguintes dereitos:

a) A ser respectados, recibir un trato adecuado e ser valorados pola comunidade educativa e pola sociedade en xeral no exercicio das súas funcións.

b) A desenvolver a súa función docente nun ambiente educativo adecuado no que se preserve en todo caso a súa integridade física e moral.

c) A participar e recibir a colaboración necesaria para a mellora da convivencia escolar e da educación integral do alumnado.

d) A que se lles recoñezan as facultades precisas para manter un adecuado ambiente de convivencia durante as clases e as actividades complementarias e extraescolares.

e) Á protección xurídica adecuada ás súas funcións docentes.

2. Son deberes dos profesores:

a) Respectar e facer respectar as normas de convivencia escolar e a identidade, integridade e dignidade persoais dos alumnos.

b) Adoptar as decisións oportunas e necesarias para manter un adecuado ambiente de convivencia durante as clases e as actividades complementarias e extraescolares, corrixindo, cando lles corresponda a competencia, as condutas contrarias á convivencia dos alumnos ou, en caso contrario, poñéndoas en coñecemento dos membros do equipo directivo do centro.

c) Colaborar activamente na prevención, detección e erradicación das condutas contrarias á convivencia e, en particular, das situacións de acoso escolar.

d) Informar ás nais e pais ou titores sobre o progreso da aprendizaxe e integración socioeducativa dos seus fillos ou pupilos, cumprindo as obrigacións de dispoñibilidade para a atención a aqueles que lles impoña a normativa aplicable.

e) Informar aos responsables do centro docente e, de ser o caso, á Administración educativa das alteracións da convivencia, gardando reserva e sixilo profesional sobre a información e as circunstancias persoais e familiares de los alumnos.



1. Ao persoal de administración e de servizos dos centros docentes, dentro do ámbito da convivencia escolar, recoñécenselles os seguintes dereitos:

a) A ser respectados, recibir un trato adecuado e ser valorados pola comunidade educativa e pola sociedade en xeral no exercicio das súas funcións.

b) A desenvolver as súas funcións nun ambiente adecuado no que se preserve en todo caso a súa integridade física e moral.

c) A participar, no exercicio das súas funcións, na mellora da convivencia escolar.

d) Á protección xurídica adecuada ás súas funcións.

2. Son deberes do persoal de administración e de servizos:

a) Respectar e colaborar, no exercicio das súas funcións, para facer que se respecten as normas de convivencia escolar e a identidade, integridade e dignidade persoais dos alumnos.

b) Colaborar activamente na prevención, detección e erradicación das condutas contrarias á convivencia e, en particular, das situacións de acoso escolar.

c) Informar aos responsables do centro docente e, de ser o caso, á Administración educativa das alteracións da convivencia, gardando reserva e sixilo profesional sobre a información e as circunstancias persoais e familiares de los alumnos.






1. O proxecto educativo de cada centro docente incluirá un plan de convivencia que recolla e desenvolva os fins e principios establecidos no artigo 3 desta lei. O devandito plan establecerá as necesidades, os obxectivos e as directrices básicas de convivencia, e preverá actuacións preventivas, reeducadoras e correctoras.

2. As normas de organización e funcionamento de cada centro docente incluirán as normas de convivencia que garantan o cumprimento do plan de convivencia. Estas normas serán públicas e os centros docentes facilitarán o seu coñecemento por parte de todos os membros da comunidade educativa.

3. En particular, as normas de convivencia de cada centro concretarán os dereitos e deberes dos alumnos e establecerán as correccións que correspondan polas condutas contrarias á convivencia, no marco do disposto por este título e das disposicións regulamentarias que o desenvolvan.

4. Así mesmo, as normas de convivencia poderán conter previsións sobre o atuendo ou vestimenta dos alumnos, orientadas a garantir que o mesmo non atente contra a súa dignidade nin supoña un risco para a súa saúde e integridade persoal e a dos demais membros da comunidade educativa, ou impida ou dificulte a normal participación do alumno nas actividades docentes.



1. No exercicio das funcións directivas e organizativas, docentes e de corrección disciplinaria, os profesores teñen a condición de autoridade pública e gozan da protección recoñecida a tal condición polo ordenamento xurídico.

2. No exercicio das funcións de corrección disciplinaria, os feitos constatados polos profesores e que se formalicen por escrito en documento que conte cos requisitos establecidos regulamentariamente teñen presunción de veracidade, sen prexuízo das probas que na súa defensa poidan sinalar ou achegar os alumnos ou os seus representantes legais cando sexan menores de idade.

3. Os profesores están facultados para requirir aos alumnos, dentro do recinto escolar e tamén durante a realización de actividades complementarias e extraescolares, a entrega de calquera obxecto, substancia ou produto que porten e que estea expresamente prohibido polas normas do centro, resulte perigoso para a súa saúde ou integridade persoal ou a dos demais membros da comunidade educativa, ou poida perturbar o normal desenvolvemento das actividades docentes, complementarias ou extraescolares.

O requirimento previsto neste apartado obriga ao alumno requirido á inmediata entrega do obxecto, que será depositado polo profesor na dirección do centro coas debidas garantías, quedando a disposición da nai e pai ou titor, se o alumno que o portase fose menor de idade, ou do propio alumno, se fose maior de 18 anos, unha vez terminada a xornada escolar ou a actividade complementaria ou extraescolar, todo iso sen prexuízo das correccións disciplinarias que poidan corresponder.



1. Serán obxecto de corrección disciplinaria as condutas contrarias á convivencia realizadas por alumnos dentro do recinto escolar ou durante o desenvolvemento de actividades complementarias e extraescolares, así como durante a prestación dos servizos de comedor e transporte escolar.

2. Así mesmo, poderán corrixirse disciplinariamente as condutas dos alumnos que, aínda que realizadas fóra do recinto escolar, estean motivadas ou directamente relacionadas coa vida escolar e afecten aos seus compañeiros ou a outros membros da comunidade educativa e, en particular, as actuacións que constitúan acoso escolar consonte ao establecido polo artigo 26.
As condutas realizadas mediante o uso de medios electrónicos, telemáticos ou tecnolóxicos que teñan conexión coa actividade escolar considéranse incluídas no ámbito de aplicación desta lei.



1. Os alumnos están obrigados a reparar os danos que causen, individual ou colectivamente, de forma intencionada ou por neglixencia, ás instalacións e aos materiais dos centros docentes, incluídos os equipos informáticos e o software, e aos bens doutros membros da comunidade educativa, ou a facerse cargo do custo económico da súa reparación. Así mesmo, están obrigados a restituír o subtraído ou, se non fose posible, a indemnizar o seu valor. As nais e pais ou titores serán responsables civís nos termos previstos pola lexislación vixente.

2. Cando se incorra en condutas tipificadas como agresión física ou moral, deberase reparar o dano moral causado mediante a presentación de escusas e o recoñecemento da responsabilidade dos actos, ben en público ou en privado, segundo corresponda pola natureza dos feitos e de acordo co que, de ser o caso, determine a resolución que impoña a corrección da conduta.

3. O réxime de responsabilidade e reparación de danos establecido neste artigo é compatible coas correccións disciplinarias que, de ser o caso, correspondan.






1. As condutas contrarias á convivencia nos centros docentes clasifícanse en condutas gravemente prexudiciais para a convivencia e condutas leves contrarias á convivencia, de acordo co establecido nesta sección.

2. Cando os feitos puidesen ser constitutivos de delito ou falta, deberán comunicarse ao Ministerio Fiscal e á Administración educativa, sen prexuízo de que se adopten as medidas cautelares oportunas.



Considéranse condutas gravemente prexudiciais para a convivencia nos centros docentes:

a) As agresións físicas ou morais, as inxurias e as ofensas graves contra os demais membros da comunidade educativa.

b) Os actos de discriminación grave por razón de nacemento, raza, sexo, orientación sexual, capacidade económica, nivel social, conviccións políticas, morais ou relixiosas, discapacidades físicas, sensoriais ou psíquicas, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

c) Os actos de indisciplina grave.

d) A difusión por calquera medio de imaxes ou informacións que atenten contra o dereito á honra, a intimidade persoal e familiar e a propia imaxe dos demais membros da comunidade educativa.

e) As actuacións que constitúan acoso escolar consonte ao establecido polo artigo 26 desta lei.

f) A suplantación de personalidade en actos da vida docente e a falsificación ou subtracción de documentos académicos.

g) Os danos graves causados de forma intencionada ou por neglixencia grave ás instalacións e aos materiais dos centros docentes, incluídos os equipos informáticos e o software, ou aos bens doutros membros da comunidade educativa ou de terceiros.

h) Os actos inxustificados que perturben gravemente o normal desenvolvemento das actividades do centro, incluídas as de carácter complementario e extraescolar.

i) As actuacións gravemente prexudiciais para a saúde e a integridade persoal dos membros da comunidade educativa do centro, ou a incitación ás mesmas.

j) Portar calquera obxecto, substancia ou produto gravemente perigoso para a saúde ou a integridade persoal do alumno ou dos demais membros da comunidade educativa. En todo caso, reputarase indisciplina grave a resistencia ou negativa a entregar os obxectos a que se refire o apartado terceiro do artigo 11 desta lei cando se é requirido para iso polo profesor.

k) A reiteración, nun mesmo curso escolar, de condutas leves contrarias á convivencia.

l) O incumprimento das sancións impostas.



Considéranse condutas leves contrarias á convivencia:

a) As condutas tipificadas como agresión, inxuria ou ofensa na alínea a), os actos de discriminación da alínea b), os actos de indisciplina da alínea c), os danos da alínea g), os actos inxustificados da alínea h) e as actuacións prexudiciais descritas na alínea i) do artigo anterior que non alcancen a gravidade requirida no devandito precepto.

b) Portar calquera obxecto, substancia ou produto expresamente prohibido polas normas do centro, perigoso para a saúde ou a integridade persoal do alumno ou dos demais membros da comunidade educativa, ou que perturbe o normal desenvolvemento das actividades docentes, complementarias ou extraescolares, cando non constitúa conduta gravemente prexudicial para a convivencia de acordo coa alínea j) do artigo anterior.

c) A inasistencia inxustificada a clase e as faltas reiteradas de puntualidade, nos termos establecidos polas normas de convivencia de cada centro docente.

d) A reiterada asistencia ao centro sen o material e equipamento preciso para participar activamente no desenvolvemento das clases.

e) As demais condutas que tipifiquen as normas de convivencia cada centro docente.



1. As condutas gravemente prexudiciais para a convivencia nos centros docentes tipificadas nesta sección prescriben aos catro meses da súa comisión e as condutas leves contrarias á convivencia ao mes.

2. O prazo de prescrición comezará a contarse desde o día en que a conduta se levo a cabo, salvo cando se trate dunha conduta continuada, caso no que o prazo de prescrición non se empezará a computar mentres aquela non cese.

3. No caso das condutas gravemente prexudiciais para a convivencia, interromperá a prescrición a iniciación, con coñecemento do interesado, do procedemento para a corrección da conduta, continuándose o cómputo do prazo de prescrición se o procedemento caduca polo transcurso do prazo máximo para resolver e notificar a resolución previsto nesta lei sen que a devandita notificación se producise.





1. As correccións que se apliquen polo incumprimento das normas de convivencia terán un carácter educativo e recuperador, garantirán o respecto dos dereitos do resto dos alumnos e procurarán a mellora da convivencia no centro docente.

2. En todo caso, na corrección das condutas contrarias á convivencia aplicaranse os seguintes principios:

a) Ningún alumno poderá ser privado do exercicio do seu dereito á educación, nin no caso da educación obrigatoria, do seu dereito á escolaridade. Para estes efectos, non se entenderá como privación do dereito á educación a imposición das correccións previstas nesta sección que supoñen a suspensión da asistencia ás clases ou o cambio de centro.

b) Non se poderán impor correccións contrarias á integridade física e á dignidade persoal do alumno.

c) A imposición das correccións previstas nesta sección respectará a proporcionalidade coa conduta do alumno e deberá contribuír á mellora do seu proceso educativo.

d) Terase en conta a idade do alumno e os seus demais circunstancias persoais, familiares e sociais. Para estes efectos, poderanse solicitar os informes que se estimen necesarios sobre as mencionadas circunstancias e recomendar, de ser o caso, ás nais e pais ou titores ou ás autoridades públicas competentes a adopción das medidas necesarias.

3. Como complemento das medidas correctoras previstas nesta sección, o departamento de orientación de cada centro docente elaborará e desenvolverá un programa de habilidades sociais dirixido ao alumnado que incorra reiteradamente en condutas disruptivas, coa finalidade de mellorar a súa integración no centro docente. Así mesmo, elaborará e desenvolverá un programa de habilidades sociais para aqueles alumnos que, como consecuencia da imposición das medidas correctoras previstas nesta sección, se vexan temporalmente privados do seu dereito de asistencia ao centro.

Estes programas aplicaranse en colaboración co profesorado titor e, de ser o caso, os servizos sociais, e procurarán implicar ao resto do profesorado e ás familias para lograr, conxuntamente, o desenvolvemento adecuado do proceso educativo e das accións propostas.



As condutas gravemente prexudiciais para a convivencia nos centros docentes poden ser corrixidas coas seguintes medidas:

a) Realización, en horario non lectivo, de tarefas que contribúan á mellora e desenvolvemento das actividades do centro.

b) Suspensión do dereito a participar nas actividades extraescolares ou complementarias do centro por un período de entre dúas semanas e un mes.

c) Cambio de grupo.

d) Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases por un período de entre catro días lectivos e dúas semanas. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumno deberá realizar os deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo.

e) Suspensión temporal do dereito de asistencia ao centro por un período de entre catro días lectivos e un mes. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumno deberá realizar os deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo.

f) Cambio de centro.



As condutas leves contrarias á convivencia poden ser corrixidas coas seguintes medidas:

a) Amoestación privada ou por escrito.

b) Comparecencia inmediata ante o Xefe de Estudos ou persoa que exerza funcións equivalentes nos centros concertados.

c) Realización de traballos específicos en horario non lectivo.

d) Realización, en horario non lectivo, de tarefas que contribúan á mellora e desenvolvemento das actividades do centro.

e) Suspensión do dereito a participar nas actividades extraescolares ou complementarias do centro por un período de ata dúas semanas.

f) Cambio de grupo por un período de ata unha semana.

g) Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases por un período de ata tres días lectivos. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumno deberá realizar os deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo.

h) Suspensión temporal do dereito de asistencia ao centro por un período de ata tres días lectivos. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumno deberá realizar os deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo.



Para a gradación das medidas correctoras previstas nesta sección tomaranse en consideración especialmente os seguintes criterios:

a) O recoñecemento espontáneo do carácter incorrecto da conduta e, de ser o caso, o cumprimento igualmente espontáneo da obrigación de reparar os danos producidos nos termos previstos polo artigo 13 desta lei.

b) A existencia de intencionalidade ou reiteración nas condutas

c) A difusión por calquera medio, incluídos os electrónicos, telemáticos ou tecnolóxicos, da conduta, das súas imaxes ou da ofensa.

d) A natureza dos prexuízos causados.

e) O carácter especialmente vulnerable da vítima da conduta, se se trata doutro alumno, por razón da súa idade, recente incorporación ao centro ou calquera outra circunstancia.



As medidas correctoras das condutas gravemente prexudiciais para a convivencia nos centros docentes previstas nesta sección prescriben ao ano da firmeza en vía administrativa da resolución que as impón. As medidas correctoras das condutas leves contrarias á convivencia prescriben aos catro meses da súa imposición.






1. As medidas correctoras de condutas gravemente prexudiciais para a convivencia só se poden impor logo da tramitación do procedemento disciplinario regulado neste artigo.

2. Corresponde acordar a incoación do procedemento á persoa titular da dirección do centro docente ou titular do centro concertado, por propia iniciativa, por petición motivada do profesor ou titor do alumno ou do Xefe de Estudos ou persoa que exerza funcións equivalentes nos centros concertados, ou logo de denuncia doutros membros da comunidade educativa.

3. A incoación do procedemento notificarase á nai e ao pai ou titor do alumno, ou a este se é maior de idade, con indicación da conduta que o motiva, as correccións que poden corresponder e o nome do profesor que actuará como instrutor. Así mesmo, comunicarase á inspección educativa.

4. No propio acordo de incoación ou en calquera momento da tramitación do procedemento, a persoa titular da dirección do centro ou titular do centro concertado pode adoptar motivadamente como medidas provisionais o cambio temporal de grupo do alumno ou a suspensión do dereito de asistencia ao centro ou a determinadas clases ou actividades, por un período non superior a cinco días lectivos. A adopción de medidas provisionais notificarase á nai e ao pai ou titor do alumno, ou a este se é maior de idade.

5. Finalizada a instrución do procedemento, o instrutor formulará proposta de resolución e dará audiencia ao alumno e, se é menor de idade, á nai e ao pai ou titor, convocándoos a unha comparecencia en horario lectivo na que poderán acceder a todo o actuado e da cal se levantará acta. En caso de incomparecencia inxustificada, o trámite de audiencia terase por realizado para todos os efectos legais, sen prexuízo do previsto no artigo 25 desta lei.

6. Cumprimentado o trámite de audiencia, a persoa titular da dirección do centro ou titular do centro concertado ditará resolución motivada que se pronunciará sobre a conduta do alumno e imporá, no ser o caso, a correspondente corrección, así como a obrigación de reparar os danos producidos nos termos previstos polo artigo 13 desta lei.

7. A resolución notificarase á nai e ao pai ou titor do alumno, ou a este se é maior de idade, nun prazo máximo de dez días lectivos desde que se tivo coñecemento dos feitos que deron lugar á incoación do procedemento, e comunicarase á inspección educativa.

8. Sen prexuízo do previsto na alínea f) do artigo 127 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 maio, de Educación, contra a resolución cabe interpor reclamación no propio centro docente nun prazo de dous días lectivos, durante os cales aquela non se poderá levar a efecto.

9. Interposta a reclamación, o centro dará traslado inmediato da mesma e do expediente disciplinario completo ao órgano territorial da Administración educativa, que deberá resolver e notificar a resolución nun prazo máximo de dez días hábiles, transcorridos os cales a reclamación poderá entenderse desestimada por silencio administrativo. A resolución do órgano territorial pon fin á vía administrativa.

A resolución impugnada non será executiva ata que se notifique a resolución da reclamación ou transcorra o prazo máximo para facelo.



1. A imposición das medidas correctoras de condutas leves contrarias á convivencia levarase a cabo:

a) Polo profesor do alumno, oído este e dando conta ao Xefe de Estudos ou persoa que exerza funcións equivalentes nos centros concertados, no caso das medidas previstas nas alíneas a), b) e c) do artigo 20 desta lei.

b) Polo titor do alumno, oído este e dando conta ao Xefe de Estudos ou persoa que exerza funcións equivalentes nos centros concertados, no caso das medidas previstas nas alíneas a), b), c) e d) do artigo 20 desta lei.

c) Polo Xefe de Estudos ou persoa que exerza funcións equivalentes nos centros concertados, ou pola persoa titular da dirección do centro ou titular do centro concertado, oídos o alumno e o seu profesor ou titor, no caso das medidas previstas nas alíneas a), c), d), e) e f) do artigo 20 desta lei.

d) Pola persoa titular da dirección do centro ou titular do centro concertado, oídos o alumno e o seu profesor ou titor, no caso das medidas previstas nas alíneas g) e h) do artigo 20 desta lei. A imposición destas medidas correctoras comunicarase á nai e ao pai ou titor do alumnos antes de que as mesmas se fagan efectivas, así como ao Observatorio da Convivencia Escolar do centro.

2. As resolucións que impón as medidas correctoras ás que se refire este artigo poñen fin á vía administrativa e son inmediatamente executivas.



As audiencias e comparecencias das nais e pais ou titores dos alumnos menores de idade nos procedementos disciplinarios regulados nesta sección son obrigatorias para os mesmos, e a súa desatención inxustificada será considerada incumprimento dos deberes inherentes á patria potestade ou a tutela e comunicada ás autoridades competentes para os efectos legais oportunos.




Para os efectos desta lei, considérase acoso escolar calquera forma de vexación ou malos tratos continuados no tempo dun alumno por outro ou outros alumnos, xa sexa de carácter verbal, físico ou psicolóxico, incluído o illamento ou baleiro social, con independencia do lugar onde se produza. Terán a mesma consideración as condutas realizadas a través de medios electrónicos, telemáticos ou tecnolóxicos que teñan causa nunha relación que xurda no ámbito escolar.



A dirección dos centros docentes e os titulares dos centros concertados, así como a Administración educativa, procurarán garantir aos alumnos vítimas de situacións de acoso escolar a protección integral da súa integridade e dignidade persoais e do seu dereito á educación, debendo primar sempre o interese da vítima sobre calquera outra consideración no tratamento destas situacións.



1. O plan de convivencia de cada centro docente incluirá un protocolo para a prevención, detección e tratamento das situacións de acoso escolar, que incorporará, como mínimo, as seguintes previsións:

a) Realización de campañas de sensibilización do profesorado, as nais e pais ou titores e os alumnos contra o acoso escolar, que axuden a previlo e preparen a todos os membros da comunidade educativa para detectalo e reaccionar fronte ao mesmo.

b) Establecemento de canles específicas que faciliten a exteriorización polas vítimas das situacións de acoso escolar.

c) Determinación das medidas que se deben adoptar no caso de detección dunha situación de acoso escolar para pór fin á mesma, sen prexuízo das correccións disciplinarias que correspondan. En todo caso, preverase a designación pola persoa titular da dirección do centro ou titular do centro concertado dun responsable da atención á vítima entre o persoal do propio centro docente, procurando, cando sexa posible, que a designación recaia sobre unha persoa coa que a vítima garde unha relación de confianza ou proximidade.

2. Cando por razón da gravidade da situación de acoso se faga preciso, poderase prever a intervención de mediadores alleos ao persoal do centro, que serán designados pola Administración educativa.

3. As situacións de acoso escolar que se detecten serán comunicadas á inspección educativa, xunto coas medidas que se adopten para pór fin ás mesmas.





1. Para facer efectiva a corresponsabilidade entre a o profesorado e as familias na educación dos seus fillos e garantir a colaboración efectiva entre a familia e a escola, a Administración educativa poderá establecer procedementos de consulta e participación directa das familias. Excepcionalmente, estes procedementos poderán estenderse a outros membros da comunidade educativa.

2. Os procedementos previstos neste artigo terán como finalidade solicitar as preferencias individuais ou colectivas das nais e pais ou titores dos alumnos, dos propios alumnos se son maiores de idade e, de ser o caso, doutros membros da comunidade educativa, sobre aspectos determinados da programación xeral do ensino.

3. En ningún caso poderán ser obxecto de consulta os aspectos da programación xeral do ensino regulados directamente por normas con rango de lei ou que deban ser regulados pola lei por disposición constitucional.


1. Os procedementos de consulta e participación directa convocaranse por orde da persoa titular da consellería competente en materia de Educación antes do inicio do curso escolar no que os resultados dos mesmos se terán en conta para a adopción das correspondentes decisións no ensino por parte da Administración educativa.

2. A orde de convocatoria deberá publicarse no “Diario Oficial de Galicia” cunha antelación mínima de quince días con respecto á iniciación do procedemento e establecerá, como mínimo:

a) O carácter meramente orientativo ou o grao de vinculación que para a Administración educativa e os centros docentes terán os resultados do procedemento.

b) As garantías que procedan de acordo coa finalidade e o carácter do procedemento para asegurar a protección dos datos de carácter persoal dos participantes, a autenticidade das opinións individuais emitidas e dos resultados globais, e a neutralidade da Administración educativa e dos centros docentes na adopción de decisións derivadas do procedemento.

c) O prazo de duración do procedemento, que non poderá ser inferior a un día natural ni superior ao período de matrícula que se estableza nas normas de admisión nos centros docentes.

3. Os procedementos de consulta e participación directa poderán realizarse mediante a utilización de medios electrónicos, ben nos propios centros docentes, ben telematicamente respectando as garantías establecidas na lexislación sobre acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.



1. As disposicións que regulen a distribución do horario semanal individual dos profesores garantirán a dispoñibilidade destes, teñan ou non a condición de titores, para a atención ás nais e pais ou titores dos alumnos.

2. Garantirase igualmente a dispoñibilidade dos membros dos equipos directivos dos centros docentes para a atención ás nais e pais ou titores dos alumnos.

3. Ao dar cumprimento ao previsto neste artigo, coidarase de xeito especial de que as horas de atención ás nais e pais ou titores sexan razoablemente compatibles coas obrigacións laborais e familiares destes.





A Administración educativa promoverá as medidas oportunas para garantir a adecuada protección e asistencia xurídica dos profesores dos centros docentes públicos, así como a cobertura da súa responsabilidade civil, en relación cos feitos que se deriven do seu exercicio profesional e das funcións que realicen dentro ou fóra do recinto escolar. En todo caso, os profesores destes centros gozarán do dereito á representación e defensa en xuízo nos termos establecidos na normativa reguladora da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.



A Administración educativa fomentará a xeneralización nos centros docentes da utilización de medios electrónicos de comunicación coas nais e pais ou titores dos alumnos, ao obxecto de axilizar a comunicación con estes e facilitarlles así o exercicio dos dereitos e o cumprimento dos deberes que lles corresponden en relación coa educación dos seus fillos ou pupilos.



1. As disposicións regulamentarias que desenvolven o réxime dos membros dos equipos directivos dos centros docentes garantirán a adecuación do mesmo ás funcións, tarefas e responsabilidades que para aqueles derivan da aplicación da presente lei.

2. Os plans de formación do profesorado incluirán accións especificamente dirixidas a preparar a aquel para o exercicio das facultades e o cumprimento dos deberes que, en relación coa convivencia escolar, lle corresponden de acordo con esta lei.





Os procedementos disciplinarios que se atopen en tramitación no momento de entrada en vigor desta lei continuarán tramitándose conforme a normativa aplicable con anterioridade á mesma.



Mentres non entren en vigor as disposicións regulamentarias de desenvolvemento desta lei, seguirá sendo de aplicación en materia de convivencia nos centros docentes o Real Decreto 732/1995, de 5 de maio, sobre dereitos e deberes dos alumnos e normas de convivencia, no que non resulte incompatible coa presente lei. En todo caso, os prazos e o procedemento de corrección das condutas contrarias á convivencia adaptaranse ao previsto nesta lei.





Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan, contradigan ou resulten incompatibles co disposto nesta lei.





O Consello da Xunta de Galicia ditará as disposicións regulamentarias necesarias para o desenvolvemento e aplicación desta lei.




Esta lei entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no “Diario Oficial de Galicia”.