martes, 20 de diciembre de 2011
NOVO NUMERO DA REVISTA "PADRES 03"
FAI CLIK NO ENLACE PARA VER A REVISTA
http://www.e21digital.com/pageflip/revistas/padres-y-colegios/padres03/290%26npagina%3d14
.
viernes, 16 de diciembre de 2011
SEGURIDADE VIAL E CONCERTO DE NADAL NO IES MONTE NEME
SEGURIDADE VIAL
Os alumnos de ciclos formativos do instituto, asistiran hoxe de 10´55 a 12´35 horas, a unha charla sobre seguridade vial no rural a cargo dun representante da ASOCIACION STOP ACCIDENTES.
CONCERTO DE NADAL
O martes 20 tamén terá lugar no centro OCONCERTO DE NADAL, que será ás 12´50, nel actuarán os alumnos de cuarto de ESO e de primeiro de bacharelato.
.
Os "Contos coas mans abertas’" do Fondo Galego de Cooperación falan sobre a solidariedade no IES Monte Neme
LUNS 19 DE DECEMBRO ÁS 16.45 HORAS
A xira 2011 do espectáculo "Contos coas mans abertas", promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dentro das súas actividades de sensibilización, chega ao IES Monte Neme de Carballo o luns 19 de decembro. A representación, organizada polo Concello en calidade de membro da entidade, ten lugar ás 16.45 horas. Tras a excelente acollida colleitada en 2010, a proposta músico teatral creada pola compañía compostelá A Tropa de Trapo para a asociación de Concellos e Deputacións percorre este ano un total de 42 administracións socias. O espectáculo "Contos coas mans abertas" dirixido a público adolescente e adulto, baséase en pezas narradas a dúas voces onde a música en directo cobra especial relevancia. Instrumentos como a guitarra española ou o laúde árabe mergullan aos espectadores en historias reais, recollidas case todas en primeira persoa, contos sinceros e achegados que falan do fondo humano que nos une a todos. Sen caer en tópicos sobre a solidariedade e a cooperación, "Contos coas mans abertas" é un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de pequenas loitas e de grandes soños. Son unha serie de contos para mellorar e entender o mundo.
Mulleres da aldea, cooperantes, guerrilleiros, vacas, inmigrantes ou unha tribo bosquimá son algúns dos protagonistas das historias de Marta Ortiz e Brais Gutiérrez, dous ensinantes de vocación que en 2006 xuntaron as súa inquedanza pola narración oral no proxecto A Tropa de Trapo. Desde entón levan percorrido toda Galicia, e mesmo outras Comunidades Autónomas, facendo reflexionar a nenos, mozos e maiores cos seus diferentes espectáculos. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha rede que engloba a 96 Concellos e ás catro Deputacións de Galicia. Fundouse en 1997 como un foro a través do que consensuar e concentrar os esforzos dos poderes locais galego no eido da cooperación ao desenvolvemento. Trátase deste xeito de garantir unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos ambiciosos que teñan un verdadeiro impacto nos países do Sur e facilitar unha meirande sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional.
Desde a súa fundación, a asociación ten desenvolvido 135 proxectos en máis de 20 países, e organizado e editado multitude de actividades e materiais en relación aos desequilibrios existentes entre os países do Norte e do Sur. Ten garantido a presenza da solidariedade do pobo galego nas catástrofes que afectan a aqueles países do mundo con menor capacidade para as enfrontar, con proxectos de reconstrución (como os casos de Sri Lanka, despois do maremoto de 2004, Cuba, despois dos furacáns de 2008 ou Gaza, despois dos bombardeamentos israelitas de finais de 2008 e primeiros de 2009). Na actualidade está a implementar unha intervención de post-emerxencia no Haití e mantén aberta unha conta de emerxencia para contribuír a paliar a crise alimentaria no Corno de África.
A xira 2011 do espectáculo "Contos coas mans abertas", promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dentro das súas actividades de sensibilización, chega ao IES Monte Neme de Carballo o luns 19 de decembro. A representación, organizada polo Concello en calidade de membro da entidade, ten lugar ás 16.45 horas. Tras a excelente acollida colleitada en 2010, a proposta músico teatral creada pola compañía compostelá A Tropa de Trapo para a asociación de Concellos e Deputacións percorre este ano un total de 42 administracións socias. O espectáculo "Contos coas mans abertas" dirixido a público adolescente e adulto, baséase en pezas narradas a dúas voces onde a música en directo cobra especial relevancia. Instrumentos como a guitarra española ou o laúde árabe mergullan aos espectadores en historias reais, recollidas case todas en primeira persoa, contos sinceros e achegados que falan do fondo humano que nos une a todos. Sen caer en tópicos sobre a solidariedade e a cooperación, "Contos coas mans abertas" é un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de pequenas loitas e de grandes soños. Son unha serie de contos para mellorar e entender o mundo.Desde a súa fundación, a asociación ten desenvolvido 135 proxectos en máis de 20 países, e organizado e editado multitude de actividades e materiais en relación aos desequilibrios existentes entre os países do Norte e do Sur. Ten garantido a presenza da solidariedade do pobo galego nas catástrofes que afectan a aqueles países do mundo con menor capacidade para as enfrontar, con proxectos de reconstrución (como os casos de Sri Lanka, despois do maremoto de 2004, Cuba, despois dos furacáns de 2008 ou Gaza, despois dos bombardeamentos israelitas de finais de 2008 e primeiros de 2009). Na actualidade está a implementar unha intervención de post-emerxencia no Haití e mantén aberta unha conta de emerxencia para contribuír a paliar a crise alimentaria no Corno de África.
jueves, 15 de diciembre de 2011
NOVO NUMERO DA REVISTA DIXITAL "PADRES Y COLEGIOS"
temos xa a tua disposición no enlace de abaixo o novo número da revista dixital "Padres y Colegios".
http://www.e21digital.com/pageflip/revistas/padres-y-colegios/padres-y-colegios-n63/287%26npagina%3d18
http://www.e21digital.com/pageflip/revistas/padres-y-colegios/padres-y-colegios-n63/287%26npagina%3d18
jueves, 8 de diciembre de 2011
CURSO DE FORMACIÓN DE DIRECTIVOS
A: APAS FEDERADAS
Circular Nº 433/11
ASUNTO:
CURSO DE FORMACIÓN DE DIRECTIVOS
Queridos amigos:
Como sabedes, a formación, como elemento preventivo social,
é unha das nosas finalidades e tarefa indispensable para fomentar a
participación das familias nos centros escolares.
Para dinamizar esta participación organizamos todos os anos
o Curso “Formación de Directivos de APAs”, dirixido especialmente a todos
aqueles que vos incorporastes recentemente ás Xuntas Directivas.
O curso será impartido por Nuria Martínez, técnico da Federación, que tratará sobre finalidades e dereitos das APAs, requisitos que deben cumprir as APAs para o seu funcionamento (Estatutos, libros obrigatorios, actas, convocatorias, órganos de goberno, etc.) e Pedro Menéndez, asesor fiscal e contable que explicará pormenorizadamente o apartado de contabilidade (libros de contas, facturas, etc.) e fiscalidade
Dado que o aforamento é limitado e co desexo de atender a grupos non moi numerosos, rogámosvos fagades a inscrición canto antes xa que se atenderá por orde de chegada. As solicitudes restantes reservaranse para unha posterior xornada da que vos comunicaremos a data con antelación suficiente á súa celebración.
DÍA: 17 de Decembro (sábado)
HORA: 10:00 á 14 horas
LUGAR: Sede da Federación de APAs (Rúa Orzán Nº
21 da Coruña)
SEDE DA FEDERACIÓN PROVINCIAL (RÚA ORZÁN Nº 21, A CORUÑA)
ANPA…………………………………………………………………………………
ASUNTO:
CURSO DE FORMACIÓN DE DIRECTIVOS
Queridos amigos:
O curso será impartido por Nuria Martínez, técnico da Federación, que tratará sobre finalidades e dereitos das APAs, requisitos que deben cumprir as APAs para o seu funcionamento (Estatutos, libros obrigatorios, actas, convocatorias, órganos de goberno, etc.) e Pedro Menéndez, asesor fiscal e contable que explicará pormenorizadamente o apartado de contabilidade (libros de contas, facturas, etc.) e fiscalidade
Dado que o aforamento é limitado e co desexo de atender a grupos non moi numerosos, rogámosvos fagades a inscrición canto antes xa que se atenderá por orde de chegada. As solicitudes restantes reservaranse para unha posterior xornada da que vos comunicaremos a data con antelación suficiente á súa celebración.
XORNADA SÓ DE MAÑÁ
Achegámosvos folla de inscrición, que será ata o día 14 de
decembro
CURSO DE FORMACIÓN PARA DIRECTIVOS DAS APAs
17 DE DECEMBRO DE
2011
SOLICITUDE DE
INSCRICIÓN:
ANPA…………………………………………………………………………………
CENTRO……………………………………………………………………………..
LOCALIDADE…………………………………………………………………………...
PERSOA DE
CONTACTO……………………………………………………………..
………………………………TELÉFONO……………………………………………...
NÚMERO DE
ASISTENTES…………………………..
Prazo de
inscrición: Remata o mércores día 14 de decembro.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)



