miércoles, 16 de noviembre de 2011

XORNADA “EXPERIENCIAS EDUCATIVAS” ORGANIZADAS POLAS APAs



A TODAS AS APAS DE CONFAPA-GALICIA

                                                       Circular Nº 98/11


ASUNTO: XORNADA “EXPERIENCIAS EDUCATIVAS” ORGANIZADAS POLAS APAs

 Estimados amigos e compañeiros:

Coa idea de dar a coñecer distintas actividades educativas que se realizan nos Centros, organizamos esta Xornada na que as experiencias que presentamos destacan pola implicación da comunidade escolar, confirmando unha vez máis que para desenvolver proxectos educativos eficaces, a escola debe ser participativa e democrática.

Seleccionamos estas tres, aínda que puidesen ser moitas máis que quedarán para outra ocasión.

A Federación Provincial de APAs da Coruña, explicará o Programa Municipal Descubrir el Ocio que se realiza nos Centros Públicos do Municipio; unha oferta estable en horario extraescolar que permite adquirir aprendizaxes para o goce activo do lecer.

A AMPA do CEIP Arealonga de Vilagarcía exporá un exemplar traballo de colaboración cunha ONG da súa provincia. Puxeron en marcha un precioso proxecto onde achega a realidade de ser ancián e as enfermidades asociadas a esta idade, aos nenos e nenas do centro, propiciando así a sensibilización e a empatía cara a ese colectivo por parte do alumnado.

A APA do CP Vagalume, tamén de Vilagarcía exporá unha experiencia que ten por obxectivo fomentar a incorporación da educación viaria como traballo na aula, coa participación de toda a comunidade educativa e coa implicación doutros axentes institucionais e sociais.

 SESIÓN ÚNICA DE MAÑA:

DÍA : 3 de decembro (sábado)

LUGAR: Hotel NH Atlántico da Coruña (Xardíns de Méndez Núñez, S/N)

HORARIO:

10:00 horas               Alberto Míguez “Descubrir el Ocio”

11:30 horas               Pausa café

12:00  horas              AMPA Arealonga  “Concienciación sobre o Alzheimer”

12:45  horas              APA CP Vagalume “Educación Viaria”

13:30  horas              Fin da Xornada


Data límite de confirmación xoves día 1 de decembro.

 Un saúdo.
Virgilio Gantes Gómez                                   
 A Coruña 16 de novembro de 2011    


.