miércoles, 9 de febrero de 2011

XIX Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional

Descubrir os Estudos

Image
Do 21 de marzo ao 8 de abril de 2011 terán lugar as XIX XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA E PROFESIONAL que se organizan en colaboración entre o Concello da Coruña, a través do Servicio Municipal de Educación, as Universidades da Coruña, Santiago, Vigo e a UNED, os centros de FP e a Escola de Artes da Coruña.
INSCRICIÓN: Os centros de educación secundaria inscritos nesta nova edición das Xornadas, teñen que REALIZAR A SOLICITUDE DE PRAZAS DO ALUMNADO INTERESADO na FICHA DE SOLICITUDE ESPECÍFICA DE "DESCUBIR OS ESTUDOS", entre o 7 ao 25 de febreiro de 2011.
A inscrición ás visitas guiadas aos centros de FP e á UNED será nominal, mentres que a inscrición as mesas será só numérica.
Para elo é necesario utilizar a mesma clave de acceso que na inscrición anterior. No caso de tela esquecido, solicitala no "Servidor Central" (teléfono 981 902 327. Correo-e: gestionim@edu.coruna.es).
CALENDARIO DE DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA:
  • RECEPCIÓN NO CENTRO DAS CREDENCIAÍS: ó 16 de marzo.
  • REPARTO DE CREDENCIAÍS ENTRE O ALUMNADO: a partir do 16 de marzo.
XORNADAS:
- ESTUDOS DE FP, PROFESIONAIS E ARTÍSTICOS:
  • Mesas informativas (5): o luns 21 de marzo no Fórum Metropolitano.
  • Visitas aos centros de FP e Escola de Artes (27): do 28 ao 31 de marzo.
- ESTUDOS UNIVERSITARIOS:
  • Visita á UNED: xoves 31de marzo ("Día da UNED"), as 17,00 h.
  • Mesas informativas (28): do 4 ao 8 de abril na E.T.S. de Náutica e Máquinas.

.

POSTOS EN MARCHA OS CARRIS PEONIS DE ACCSEO O IES

 O Concello de carballo, executou a obra de ampliación, asfaltado e pintado dos carris para peatons e pasos de peóns, para salvagardar as persoas e alumnos que acceden desde o barrio das froles e da avenida da cristina o I.E.S. Monteneme.

   Unha vez rematada esta obra, podese contemplar que a maioria dos alumnos e alumnas acceden por estes pasos establecidos, pero seguen a ser bastantes os que seguen a transitar polo lado dereito da calzada, co risco que esto ten para os peóns.

Lembrar que a lei contempla a obrigación os peóns de transitar pola esquerda das estradas.
agardemos que tanto a comunidade educativa, así como pais, nais e titores semsibilicen os alumnos e alumnas para cumprir estas normas.
  Tamén se está a estudar e valorar o acceso pola rúa que da o I.E.S. a posibilidade de facela de dirección única en horas determinadas.