Na reunión que mantivo onte a Xunta Directiva da A.N.P.A., decidiuse non celebrar estas actividades, xa que o número mínimo esixido para facer os grupos non se cumpriu.
.
Comunicar a todos e a todas que o 24 de NOVEMBRO, terá lugar a votación para a elección dos pais e nais no Consello Escolar do I.E.S. "Monte Neme".| Leonardo Da Vinci |
O programa Leonardo da Vinci fai referencia á formación profesional que non sexa do nivel superior. Os seus obxectivos específicos son:
A este respecto o programa persigue obxectivos operativos para desenvolver e reforzar:
Leonardo da Vinci pode conceder apoio ás seguintes accións
Eis aquí a información e bases da última convocatoria das bolsas Leonardo Da Vinci (MOGAL) A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado promove bolsas para facer prácticas en empresas estranxeiras. Que se ofrece: - 10 semanas de prácticas nunha empresa de Italia, Holanda, Francia ou Irlanda. - 2 semanas (40 horas) de preparación cultural e lingüística do idioma do país de destino. - Certificación correspondente profesional e académica. - Aloxamento no país de destino. - Parte da manutención. - Viaxe custo real ata un máximo de 200€. - Cobertura de seguro mínima. Para quen: - Mozas e mozos galegos residentes en Galicia entre 18 e 30 anos - No mercado laboral, con titulación FP ou con título universitario obtido recentemente. - Nunca disfrutase dunha bolsa Leonardo da Vinci. - Que coñeza un mínimo do idioma do país de destino. ( Inglés, francés, italiano) Sectores priorizados: - Moble e Madeira - Deseño - Turismo - Mecánica - Restauración - Imaxe e son - Informática - Electricidade - Servizos socioculturais e á comunidade Onde: IRLANDA: 80 PARTICIPANTES FRANCIA: 50 PARTICIPANTES ITALIA 40 PARTICIPANTES HOLANDA: 16 PARTICIPANTES Para cando: (estas datas son aproximadas, poden sufrir modificacións) Estarán distribuídos en catro convocatorias: - 10 de xaneiro-25 marzo 2011 - 4 abril- 24 xuño 2011 - 5 setembro-25 novembro 2011 - 9 xaneiro 2012-24marzo 2012 Proceso de inscrición: (Pode solicitarse máis dun país poñendo orde de preferencia) - Existen unhas datas para cada convocatoria - Enviar Curriculum Vitae recente (modelo no documento anexo de cada convocatoria) - Cubrir solicitude de participación no proceso de selección (anexo de cada convocatoria) - Asistir á xornada de selección o día e hora que se comunique a cada solicitante Proceso de selección: - Todas as persoas solicitantes serán convocadas mediante correo electrónico a unha xornada selectiva na que terán que facer unha proba de idioma e/ou idiomas para os países nos que se solicita unha bolsa (será obrigatorio facer a proba de idioma de todos os países que se soliciten). - Entrevista persoal de coñecemento de preferencias e itinerario laboral/profesional de cada solicitante. Máis información: galeuropa@xunta.es Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo e no teléfono 881 999 567 . Fai Clic aquí para descargar o formulario e o Currivulum Vitae |

A FEDERACION PROVINCIAL DE APAS DE CENTROS PUBLICOS DE A CORUÑA, celebrou no día de hoxe o "curso de formación para directivos de apas", no hotel NH Atlántico da coruña. A xornada discorriu en sesión de mañán desde as 9´45 ata as 14´30 e pola tarde das 16´30 ata as 18´00h. Tratáronse nun primeiro bloque: temas como as finalidades da anpa, dereitos, instrumentos básicos de participación, organos de governo e actividades. No segundo bloque falouse sobre os Consellos Escolares en que consiste e o seu funcionamento e as súas competencias. No terceiro bloque falouse: Requisitos que cumplirán as apas para o seu funcionamento como estatutos, réxime das asociacións, réxime de actividades, libros obrigatorios (actas, socios, contas) e subvencións. Ademáis por coincidir este curso ca renovación parcial nos Consellos Escolares, tratáronse as cuestión relacionadas.